Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Análise da liga xuvenil: emoción pola 2ª plaza

Análise da liga xuvenil: emoción pola 2ª plaza
Como está a liga de xuvenís costeira¡. A falta de 7 xornadas, que en realidade son menos para case todos os equipos, o título parece bastante decantado hacia un Corme que conta con 9 puntos de vantaxe sobre o 2º clasificado, e non ten pinta que ós cormeláns se lles vaia a escapar a copa de campión. A loita a morte está na segunda plaza, que da dereito a xogar a promoción de ascenso á Liga Galega, un premio moitas veces pouco valorado polos nosos clubs, pero que sen dúbida da prestixio ás entidades. Vamos a facer unha pequena análise do que queda e pulsar as opinións dos implicados sobre un posible ascenso. Esteirana Xuvenil 17-18 A Esteirana está a facer unha gran segunda volta A clasificación nesos 4 postos está como segue:
Corme - 67 puntos, 6 partidos por xogar
Esteirana - 58 puntos, 5 partidos por xogar
San Lorenzo - 57 puntos, 6 partidos por xogar
Fisterra - 57 puntos, 6 partidos por xogar.
Fisterra xuvenil no Pinguel Fisterra xuvenil no Pinguel Como vemos, a loita entre Esteirana, San Lorenzo e Fisterra prométese épica. O único enfrontamento directo que queda é o SAN LORENZO - FISTERRA de dentro de 1 mes, que tal e como está a cousa se advirte como o partido decisivo. Os partidos que lles queda ós 4 equipos son os seguintes:
CORME: Laxe, Coristanco, Sofán, Baio, Camariñas e Os Miudos.
ESTEIRANA: Corcubión, Laxe, Coristanco, Sofán e Baio.
SAN LORENZO: Baio, Camariñas, Os Miudos, Fisterra, Xallas e Cabana
FISTERRA: Xallas, Cabana, San Lorenzo, Soneira, Muxía e Ponteceso.
Pódese dar doble e triple empate a puntos na 2ª plaza, e así están os averages entre os 3 equipos:
Esteirana vs San Lorenzo - favorable á Esteirana que venceu 2-0 en Esteiro e igualou 2-2 en Verdillo
Esteirana vs Fisterra - favorable á Esteirana, que venceu 3-1 en Esteiro e igualou 2-2 en Fisterra
Fisterra vs San Lorenzo - de momento favorable ó San Lorenzo que venceu 0-3 en Fisterra.
O Corme case é campión da costa Sobre o de ascender, isto nos contan os protagonistas: SUSO DA TORRIÑA, CORME: “Imos ir a polo ascenso, gustaríanos ascender, e tería arranxo a nivel local, ir dar paseos polos concellos da provincia, e así poñer Corme no mapa. Esta fornada cormelá xa xogaron a fase de ascenso da Liga Cadete, que veñen dende infantil case todos xuntos“ Xa teñen estudiados ata os posibles rivais no cruce de campións, que poden ser o San Tirso (equipo afiliado ó Deportivo e que é o máximo favorito) ou o Eume, moi potentes ambos. “Ímolo intentar co que temos, imos ir coa intención de ascender. E se o conseguimos, para o ano temos un magnífico equipo. Quedan case todos, só pasan Manu Bermúdez (que si que é o puntal, o capitán), Brais e Pandi. E cos cadetes que xa están vindo, quedan un plantel moi feitiño de 18 xogadores“ JOSIÑO ÁLVES, ESTEIRANA: A Esteirana está a facer unha gran segunda volta, na que non coñece a derrota. “Esta a cousa xusta. Temos un partido máis, e San Lorenzo e Fisterra teñen que xogar entre si. Nos xa xogamos contra todos os de arriba pero cada partido é un mundo. Nos temos que ganar todo que nos queda, e esperar a ver que pasa entre Fisterra e San Lorenzo. Se conseguimos chegar á fase está claro que o obxetivo é ascender. Pero bueno, o nivel da Coruña é máis reñido, son moitos máis rapaces e é máis fácil facer un equipo forte. Aínda que o noso fútbol pega moito máis con equipos como os da Coruña que cos da Costa“ JUNI, SAN LORENZO: “Non sei o nivel dos cruces pero a verdade á que creo que teño unha plantilla dun nivel enorme, con xogadores que xa adestran continuamente co primeiro equipo e que, penso, están listos pa competirlle a calquera. De feito varios xa son asiduos nas convocatorias de 1ª Galicia e Pablo Garrido está a ser titular indiscutible cos senior. Dende logo o segundo posto é o obxetivo“ PABLO LESTÓN, FISTERRA“A fase é o obxetivo agora. Quédanos xogar contra o San Lorenzo en Verdillo e non podemos fallar no resto de partidos. Cando podemos meter a todos os xuvenís, incluido ós que van co senior, temos un equipo moi completo. O ascenso xa é algo que nos queda moi lonxe pero o mellor é que creo que este equipo será mellor o ano que ven e todavia mellor dentro de dous anos, xa que todo o equipo practicamente é de primeiro e segundo ano, e incluso estou a contar con 4 cadetes de moi bo nivel“ A emoción está servida. A ver que pasa¡ Xuvenis do San Lorenzo Xuvenís do San Lorenzo

Comentarios