Arte e Movemento celebra a súa exhibición en Cee tras 16 anos do seu comezo

09:11 10/06/16

A primeira edición foi no ano 2000 no pavillón de Corcubion, e 16 anos máis tarde Arte e Movemento segue traballando para poder ofrecer cada ano unha exhibición máis espectacular.
Participan 250 alumnos de Arte e Movemento, os rapaces que se inician no deporte no clube son os protagonistas da cita.
Os deportistas, pertencen as Escolas deportivas do concello de Carnota, Mazaricos e Santa Comba. Os cursos impartidos na Asociacion Adro de Baio, na ANPA do Colexio de Dumbria, na ANPA Uxio de Cee, e os alumnos da escola Arte e Movemento en Cee.
Ademais da colaboración do Concello de Cee nesta edición as seguintes empresas locais: Foto Fuentes, Fuco Corbelle, Suministros Lar, Grupo Insua, Ecovida, Herbonature, e Marcoteauto, colaboran co club Arte e Movemento para a Compra das medallas.
Fonte
Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)