Mércores. 16.10.2024
El tiempo

As arqueiras Cristina Santos e Paula Vázquez subiron ao podio do Campionato Galego de Tiro con Arco

As arqueiras Cristina Santos e Paula Vázquez subiron ao podio do Campionato Galego de Tiro con Arco
Cristina Santos e Paula Vazquez do Club Dousxsetenta de Vimianzo Cristina Santos e Paula Vazquez do Club Dousxsetenta de Vimianzo Segue a comarca de Soneira demostrando o seu potencial arqueiro. Esta fin de semana foron dous deportistas do Club Dousxsetenta de Vimianzo, a que subían ao podio do Campionato Galego de Tiro con Arco de aire libre, celebrado en Pontevedra. O club acodía con 7 arqueiros e arqueiras e os resultados foron fantásticos. O sábado tocoulle o turno aos máis pequenos, que o fixeron moi ben. Cristina Santos proclamouse subcampioa Galega na categoría benxamín cunha tirada moi sólida e regular. Supera así o terceiro posto acadado o ano pasado nesta mesma competición. Paula Vázquez pola súa parte clasificouse como terceira na categoría alevín, repetindo o mesmo posto que o acadado na pasada edición. Finalmente, en categoría infantil Rafa Martínez acadou unha meritoria 5ª posición. Na xornada do domingo non acabaron os veteranos arqueiros do club boas posicións, pero si levaron de volta moi boas sensacións, sobre todo na categoría sénior e veterano, onde Víctor Santos e José María Lema completaron unha moi boa competición nunhas condicións meteorolóxicas moi adversas e cambiantes. En categoría cadete Jose Vázquez non tivo o día e estivo moi por debaixo do seu nivel. Aínda así acabou o round clasificatorio en quinta posición, caendo eliminado en cuartos de final. Pola súa parte, Laura Ramos tampouco foi quen de facer unha boa competición, despois dunha temporada na que apenas puido adestrar. En categoría de veteranos, José María Lema defendía o posto de Campión Galego 2017 cun round clasificatorio moi sólido e acadando a terceira posición. Na eliminatoria de oitavos atopouse cun duro rival que lle puxo as cousas moi difíciles empatando a 5, polo que tiveron que resolver a eliminatoria tirando unha frecha de desempate na que o arqueiro do club Lumelar foi quen de eliminar a José María. En categoría sénior Víctor Santos fixo un bo round clasificatorio acadando a sétima posición que lle permitiu clasificarse comodamente ara oitavos de final. Na primeira eliminatoria gañou con solvencia ao arqueiro do club Narón por un contundente 6-0. En cuartos de final tocoulle enfrontarse a un dos claros favoritos, Vicente Veira. Aínda que o arqueiro vimiancés se puxo por diante en dúas ocasións (2-0 e 4-2), a maior experiencia neste tipo de eliminatorias do arqueiro de Arteixo fixo que o resultado final se decantase ao seu favor cun marcador final de 4-6.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/recepcion-nobel-con-santi-soneira-o-arqueiro-irmandino/

Máis novas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios