As cadetes do Volei Dumbría seguen mellorando

Só houbo un partido esta pasada xornada para a familia do Volei Dumbría. E saldouse cunha derrota do Voleboil Dumbria cadete femenino por 3-1 (25-18/25-7/21-25/25-14) ante CV Pontevedra. Pese a derrota as dumbriesas melloraron con respecto a partidos anteriores e plantaron batalla en moitos tramos do encontro. As cadetes son últimas na clasificación da Liga Galega e terán que xogar a promoción para no descender de categoría.

Vindeira cita

Este sabado en Dumbría 3 encontros:
- 10:00 h Infantil masculino Manuela Rial - Santa Mª del Mar.
- 11:30 h Cadete masculino Voleibol Dumbria - Santa Mª del Mar.
- 12:30 h Cadete femenino Voleibol Dumbria - Zalaeta.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.