Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O Volei costeiro remata a primeira volta arriba no podio

O Volei costeiro remata a primeira volta arriba no podio
Os equipos do Volei Dumbría rematan a primeira volta no máis alto-Foto Jorge Parri

Primeiros e segundos rematan os equipos do Voleibol da Costa da Morte ao remate da primeira volta.

Así, os infantís do Manuela Rial acadaron o campionato de inverno tras vencer a Teis por 1-3 (16-25 / 12-25 / 25-23 / 9-25) e acabar esta primeira volta invitos.

Os cadetes do Voleibol Dumbría venceron en Teis con solvencia por 0-3 (10-25 / 18-25 / 13-25) e acaban nesta primera volta cunha soa derrota ante o líder Burgas de Ourense.

Os xuvenís do voleibol Dumbría perderon ante Teis nunha pista impracticable pola humidade por 3-0 (25-17 / 25-17 / 25-19) e ocupan a 7º praza na clasificación ao remate da 1º volta.

As cadetes de Voleibol Dumbría perderon por 3-0 (25-14 / 25-12 / 25-15) ante Teis e seguen 11º en postos de promoción.

Perderon tamén as infantís do Manuela Rial ante Teis por 3-1 (22-25 / 25-17 / 25-12 / 25-19) tras ganar o primer set e ter clara vantaxe no 4º. Con este resultado acaban nesta 1º volta.

Vindeira cita

Este sabado 22 comenza a segunda volta cunha viaxe a Monforte:

  • 11:30h - Infantil femenino: Pinguela - Manuela Rial.
  • 13:00h - Cadete femenino: Pinguela - Voleibol Dumbría.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios