Xornada de derrotas para o volei dumbriés


Difícil xornadaa pasada da ponte para os equipos do Volei da Costa da Morte ante as de Ourense e os de Vigo. As únicas que estiveron a punto de acadar os puntos foron as infantís do Manuela Rial ante CV Ourense que despois dun arranque frío remontaron no 3º e 4º set e cando tiñan ventaxa no último non aguantaron a presión dos derradeiros puntos e perderon por 2-3 (23-25 / 20-25 / 27-25 / 25-21 / 15-17).
Por outra parte as cadetes do voleibol Dumbría perderon ante CV Ourense por 0-3 (16-25 / 12-25 / 15-25) nun partido na que as ourensans foron moi superiores e dominaron claramente en todos os apartados do encontro.
Perderon tamen os xuvenís do Voleibol Dumbría ante CV Vigo por 0-3 (23-25/13-25/6-25) na que os locais so plantexaron batalla no 1º set.
Vindeira xornada
Esta fin de semana xogan en Teis (Vigo) o domingo 16 de decembro pola mañá:
- 11:15h Infantil masculino: Teis - Manuela Rial.
- 11:15h Cadete femenino: Teis - Voleibol Dumbría.
- 11:15h Xuvenilmasculino: Teis - Voleibol Dumbría.
- 13:00 h Cadete masculino: Teis - Voleibol Dumbría.
- 13:00 h Infantil femenino: Teis - Manuela Rial.
Novas relacionadas
- Os Xuvenís do Volei Dumbría estrean o taboleiro de vitorias.
- Boa semana do voleibol costeiro que mantén 2 lideratos.
- Mala semana para as mozas do volei costeiro nas Ligas Galegas.
- Importante vitoria das cadetes do Voleibol Dumbría.
- Xornada completa para os equipos de volei da zona.
- Os infantís do Manuela Rial de volei seguen imparables.
- Unha xornada de volei con sabor a reflexión.
- Meritorias vitorias dos cadetes e infantís do Volei costeiro.
- O Volei Dumbría nota o cambio de categoría na súa estrea.
- Dumbría é Deporte.
- O Volei costeiro entre os 9 mellores de España.
Fonte
- Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.