Os Xuvenís do Volei Dumbría estrean o taboleiro de vitorias


Os xuvenís do voleibol Dumbría acadaron a primeira vitoria da tempada ante o Noia por 3-0 (25-17, 26-24, 25-20) nun partido no que eran superiores na rede e ainda que o partido estivo disputado nos momentos importantes do mismo a superioridade do central Javier Domínguez decantaba o encontro.
Este equipo xuvenil só ten tres xogadores desa categoria sendo o resto cadetes e infantís, polo que o seu obxectivo e competir e acadar
experiencia para tempadas posteriores.
Ademais, o cadete femenino do voleibol Dumbría perdeu ante Noia por 0-3 (19-25, 16-25, 13-25) nun encontro no que non superon defender coma as de Noia e perderon sen ofrecer excesiva resistencia.
Vindeira xornada
A seguinte xornada adiantase o xoves 6 e presumese complicada contra os líderes das súas categorías.
- 11:00h Xuvenil masculino Voleibol Dumbría - Vigo.
- 11:00h Infantil femenino Manuela Rial - CV Ourense.
- 12:30h Cadete femenino Voleibol Dumbría - CV Ourense.
Novas relacionadas
- Boa semana do voleibol costeiro que mantén 2 lideratos.
- Mala semana para as mozas do volei costeiro nas Ligas Galegas.
- Importante vitoria das cadetes do Voleibol Dumbría.
- Xornada completa para os equipos de volei da zona.
- Os infantís do Manuela Rial de volei seguen imparables.
- Unha xornada de volei con sabor a reflexión.
- Meritorias vitorias dos cadetes e infantís do Volei costeiro.
- O Volei Dumbría nota o cambio de categoría na súa estrea.
- Dumbría é Deporte.
- O Volei costeiro entre os 9 mellores de España.
Fonte
- Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.