Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Xornada completa para os equipos de volei da zona

Xornada completa para os equipos de volei da zona
Equipo cadete do Volei Dumbría-Foto- Jorge parri

Nova xornada do volei costeiro con diferente sorte para os equipos da Costa da Morte de voleibol.

Infantil feminino

O Manuela Rial logra a súa primeira vitoria en Liga Galega na presente tempada tras vencer por un axustado 3-2 ao Cambados con parciais de 25-20, 26-24, 22-25, 15-25 e 15-12. O partido foi moi igualado, como reflexa o marcador, e en ambos os equipos predominou a defensa sobre o ataque. A clave da vitoria estivo na precisión no saque nos puntos decisivos do encontro. Con esta vitoria, o equipo afronta con moito ánimo as próximas xornadas, que serán contra equipos de nivel similar ao deste fin de semana.

Cadete feminino

O Voleibol Dumbría caeu derrotado por 1-3 fronte a Cambados, con parciais de 17-25, 25-13, 22-25 e 24-26. Foi un partido moi igualado no que a vitoria puido ser para calquera das dúas formacións. No 4º set as dumbriesas desaproveitaron un 24-21 ao seu favor, que igualaría o partido a 2 set, pero que tras varios erores en recepción e un último ataque á rede, deixaron escapar o partido.

Cadete masculino

Partido sen moita historia, onde a superioridade do equipo local fronte a un inexperto Aldebarán de Sansadurniño, foi patente de inicio a fin, como demostra o marcador de 3-0 con parciais de 25-8, 25-16 e 25-10. O partido non tivo cor e o adestrador local aproveitou para dar minutos aos menos habituais. Con esta vitoria o Voleibol Dumbría segue nos postos altos da clasificación.

Xuvenil masculino

O equipo xuvenil do Voleibol Dumbría segue sen coñecer a vitoria esta tempada, tras perder por un contundente 0-3 ante un dos grandes equipos da categoría, o Aldebarán de Sansadurniño. Os parciais foron de 14-25, 9-25 e 17-25. O novo equipo local formado por só 3 xuvenís e o resto todo cadetes, non foi capaz de realizar o seu xogo, ao non recibir en condicións os potentes saques do equipo visitante. O resultado reflexa a diferenza existente no campo entre os dous equipos.

Vindeira xornada

Este sábado 10 de novembro:
- Infantil femenino: 10:00h - CV Pontevedra - Manuela Rial. En Pontevedra.
- Infantil femenino: 16:00h - CV Boiro -Manuela Rial. En Boiro.
- Infantilmasculino: 16:00 h CV Boiro Manuela Rial. En Boiro.
- Cadete femenino: 17:30h - CV Boiro - Voleibol Dumbría. En Boiro.
- Xuvenil masculino: 17:30h: CV Boiro - Voleibol Dumbría. En Boiro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios