Venres. 03.05.2024
El tiempo

Boa semana do voleibol costeiro que mantén 2 lideratos

Boa semana do voleibol costeiro que mantén 2 lideratos
O equipo cadete do Volei Dumbría está líder-Foto- Jorge Parri

Tres vitoria e unha derrota e o balance deste fin de semana no voleibol da bisbarra.

Os infantís do Manuela Rial continuan invitos despois da súa visita a Santa Mª del Mar de A Coruña nun partido que estivo moi disputado, pero acadaron a vitoria grazas o meior rendemento nos puntos decisivos dos sets para rematar cun 0-3 (27-29/24-26/21-25). Con esta vitoria mantéñense líderes da clasificación da Liga Galega por diante do Emeve.

Vitoria clara a dos cadetes do Voleibol Dumbría ante Santa Mª del Mar no que adestrador aproveito para dar minutos os xogadores menos habituais en vista da superioridade amosada no campo, rematando cun 0-3 (4-25/18-25/15-25).
Desta forma o equipo segue líder ainda cun partido máis cos de Bruxas de Ourense.

Vitoria tamén das das infantís do Manuela Rial ante San Martiño de Ourense, nun partido na que as xogadoras locais empezaron moi pouco concentradas e perderon o primer set de forma clara e despois amosaron a súa superioridade no servicio no resto do encontro para gañar con facilidade por 3-1 (13-25/25-9/25-17/25-13).
Con este resultado as infantís colocanse 8º na clasificación da Liga Galega lonxe dos postos de descenso.

A derrota chegou na categoria cadete femenina ante o Zalaeta, líder da clasificación nun partido que pouco puderon facer as nosas ante a superioridade das herculinas. 3-0 (25-7/25-16/25-13). Con esta derrota as xogadoras do Voleibol Dumbría quedan 11ª, en postos de promoción para o descenso.

Vindeira cita

A seguinte xornada xogarase en Dumbría o domingo 2 no seguinte horario:

- 10.30 h Cadete femenino Voleibol Dumbría -Noia.
- 12:00 h Xuvenil masculino Voleibol Dumbría -Noia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios