As mellores promesas do surf galego subiron as ondas de Malpica

6ª Prueba del Circuito Gallego Infantil y Xuvenil-Playa de Area Maior (Malpica) from Federacion Galega de Surf on Vimeo.

A praia de Area Maior de Malpica acollía esta pasada fin de semana a 6ª Proba Infantil e Xuvenil de surf e Bodyboard. As máximas promesas de toda Galicia subiron as táboas para subirse ás ondas bergantiñás, na ultima proba do Circuíto Infantil e Xuvenil deste 2012, un evento organizado pola Federación Galega de Surf e o Silfosurfcamp de Malpica.

Malia que nun principio as previsións non eran as mellores, dado que marcaban unha forte oleaxe, e a alerta laranxa estaba latente, o campionato discorreu con normalidade.

I é que os competidores galegos saben adaptarse a calquera situación e desenvolveron un bonito espectáculo.
Ademais, para combater o frío e as choivas, o Forno Novo de Malpica ofreceu empanadas e torta para todos no Bar J&B, onde a expedición sufrieira disfrutou dunha gran comilona.

Entre os primeiros clasificados das 4 categorías non atopamos nungún deportista da nosa zona, o que nos dá a entender que fai falta que a cultura surfeira se siga expandindo, para que nos vindeiros anos as novas promesas galegas tamén saian das nosas praias. I é que materia prima temos abonda!


Novas relacionadas

Outras novas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Federación Galega de Surf.