Venres. 19.04.2024
El tiempo

Soesto sitúa de novo á Costa da Morte no centro do surf galego

Soesto sitúa de novo á Costa da Morte no centro do surf galego

Non para a Costa da Morte de afianzarse no panotama surfeiro do país. Se a comezos de semana recibíamos por Malpica unha invasión surfeira-viquinga, hoxe imos ata a fetiche praia laxense de Soesto para disfrutar do Campionato Galego Individual e por equipos, organizado pola Federacion Galega de Surf, a primeira fin de semana de setembro.

E dicimos así, porque segundo a propia Federación consideran que se trataba da proba máis agardada do curso.

Este ano a proba contou con 130 inscritos, repartidos nas categorías de surf infantil femenino e masculino, surf xuvenil femenino e masculino, Bodyboard xuvenil e open masculino, surf open femenino e masculino, longboard masculino e como novidade o paddlebaord masculino.

De entre todas as probas cómpre destacar o campionato por equipos, cunha gran participación por parte dos clubes de toda Galicia. Non é que as condicións metereolóxicas foran as mellores para a práctica do deporte, pero a fermosa paraxe do areal de Laxe, e os participantes fixeron da proba unha festa do deporte:

. Os surfistas demostraron que saben adaptarse a calquera tipo de condicions e velaí os resultados:

OPEN SOESTO 2012 from Factoria 74 on Vimeo.

Novas relacionadas

Outras novas

Máis novas

Fonte

surf video soesto

Comentarios