Boulder: Escalando as rochas da Costa da Morte


Segue sendo a Costa da Morte convertíndose nun espazo de referencia para deportes extremos e de natureza. Hoxe coñecemos a un equipo de bravos escaladores, que cambian os escarpados cantís por rocas de menor tamaño, pero de máis dificultade. A fin de semana pasada tivo lugar a I Concentracion de Boulder na Costa da Morte, que se celebrou no litoral de Mens, en Malpica.

Esta xuntanza foi moito máis que unha mera quedada para escalar en equipo. É un camiño para a creación da Guía "Boulder en Galicia", a "biblia" do Boulder galego. Un libro no que "as rochas deixan ser só rochas e musgo, para ter entidades con nome propio, obxecto de desexo dos que disfrutamos conquistándoas".
Así nolo conta Angus dende Costa da Morte Boulder, que recoñece que o feito de compartir todas esas rochas descubertas é algo con moita potencia. Algo que de seguro tamén pensa outro coñecido da escalada na bisbarra, como é Ben de Corme e a súa bitácora Escalada Fanática.
Foi unha fin de semana intensa a primeira de setembro. Os cantís de Mens, ao carón do Faro de Punta Nariga, acolleron a un grupo de amantes do boulder, que unha a unha foron rubindo todas esas rochas con nome de amantes.
A fin de semana incluíu a presentación da Guía na Coruña a noite do anterior, coa proxección de varios vídeos coma este. Na sesión trasmitiron todas as sensacións de paixón e fanatismo que este mundo lles provoca, facendo que o seu traballo sexa moito máis tanxible. Así que sen máis, deixámosvos con estas impactantes imaxes:
Novas relacionadas
- Os viquingos surfeiros galegos e asturianos tomaron Malpica.
- A bordo do longboard polos Camiños sen fin da Costa da Morte.
- Xeocaching: En busca do tesouro agochado.
- “Colgados” na Cascada do Xallas.
- Barranquismo de risco pola Fervenza do Ézaro.
- De barranquismo polo río Miñóns, en primeira persoa.
- De Fisterra a Quilmas empurrados por Eolo.
- Escalando o Océano do monte Pindo .
- A bitácora da semana (LXXV): Escalada fanática.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Costa da Morte Boulder.
- Escalada Fanática.