Mércores. 09.10.2024
El tiempo

As ondas de Malpica, na APP máis popular do surf

As ondas de Malpica, na APP máis popular do surf
YouRiding The Journey en Malpica

Ben interesante a nova que nos descobren estes días os amigos de Malpica Surf and Bodyboard. I é que os amantes das ondas de todo o mundo poden surfear xa en Malpica grazas a YouRiding The Journey, o xogo para dispositivos móbiles e tablets máis famoso do mundo. Malpica é unha das dúas ondas galegas (a outra é Rinlo) incluídas no xogo, que é o número 1 en descargas nos Estados Unidos e América Latina e que inclúe as 300 mellores praias de todo o mundo.

Agora, xunto a Pipeline (Hawai) ou Teahupoo (Polinesia Francesa), está tamén Area Maior grazas ás xestións realizadas por Malpica Surf, que deste xeito persigue dar a coñecer a calidade da onda malpicá en todo o mundo e promocionar a vila como destino turístico asociado aos deportes acuáticos.

O xogo comeza na Costa Este dos Estados Unidos e consiste en facer unha viaxe a través das mellores ondas do mundo, acumulando puntos co maior número de manobras en cada onda. En cada nivel é preciso superar a un surfista local, que ademais ofrecerá consellos sobre como surfear en cada tipo de onda, converténdose así nunha escola virtual de surf. Os xogadores poden elixir entre 300 ondas e personalizar ao seu “surfo” con táboas e roupa das marcas máis famosas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios