As pequenas do Aluminios Xeal salvan unha xornada de luto da familia Anorthosis

Está notando o Anorthosis demasiado a baixa de Andrés Fagín nos últimos encontros. E iso que estivo presente pero só para dar ánimos. Pero o cadro soneirán caía ante o Cambre nun partido importante ante un rival directo polo título, de xeito que agora o Narón, líder, escapa xa a 7 puntosl, mentres que o Cambre queda con 3 puntos por diante dos costeiros.

Mala tamén a xornada para o Aquacenit, polo que a fin de semana foi salvada polas pequenas Ana e Laura, imbatibles na 2ª Nacional.

Ademais, a semana vén marcada pola pasamento en Suiza de Ramón Varela Vieites, entrenador xogador do Anorthosis Vimianzo. Un home de 50 anos, galego pero nado en Alemaña, que pasaba temporadas traballando no cantón, e que falecía por mor dun infarto. Ata Suiza desprazouse o seu fillo máis vello para facerse cargo de todolos trámites necesarios para repatriar os restos mortais de Moncho (así era coñecido entre nós). A caixa co seu cadaver chegará mañá xoves e estará no tanatorio do Grupo Bergantiños da Avda Fisterra de Carballo.
"Xa no día de onte recibimos moitas condolencias de toda a familia do tenis de mesa galego, e dende aquí a todos moitas grazas", cóntanos aflixido Estevo Lema dende o club soneirán.

3ª Nacional Grupo Norte

  • Resultado: Anorthosis Vimianzo - Cambre TM 2-4 (6-16)

Acusaron as baixas os zaenses, e Miguel e Gonchu séntense máis presionados para gañar e non son capaces de sacar os seus partidos adiante, poñen todas as gañas pero nos encontros e partidos igualados ou contra un rival superior non chegan. Xogaron ben pero este domingo Edgar e Indalecio foron mellores. Cómpre destacar o bo debut de Cris Roy nesta categoría pois acadou unha vitoria, contra outro debutante, pero vitoria a fin e ao cabo.

1ª Galega Grupo Centro

  • Resultado: Concello de Zas Aquacenit - Cambre TM Promesas 0-6 (4-18)

Ao ter que xogar Cris Roy na 3ª nacional os ánimos dos xogadores do Concello de Zas Aquacenit tampouco estaban moi altos e foron asoballados polos de Cambre. Os dous encontros xogáronse simultaneamente e ao remate todos os conendentes de ámbolos equipos disfrutaron dunha comida de confraternidade. Da loita na mesa de xogo pasouse a unha tertulia animada noutra mesa sen loita.

2ª Nacional femenina

  • Resultado: Aluminios Xeal - Club Narón 3-0
  • Resultado: Aluminios Xeal - Escola Cidade de Narón 3-0

Polo menos o clube ten a alegría de que as rapazas Ana e Laura gañan os seus partidos e nesta ocasión con contundencia, sen ceder un só set. Así seguen liderando a clasificación desta 2ª nacional femenina (na clasificación que está máis abaixo aínda faltan por incluir os dous encontros gañados) a falta por disputar unha xornada de concentración, que será o 25 de abril en Vilalba.

Crónicas da temporada

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.