mércores. 30.04.2025
El tiempo

As rapazas do Aluminios Xeal lideran a 2ª Nacional de tenis de mesa

As rapazas do Aluminios Xeal lideran a 2ª Nacional de tenis de mesa
Ana e Laura do Aluminios Xeal do Anorthosis

Outra xornada mala para a familia Anorthosis, na que a nota positiva só a deron as xogadoras do Aluminios Xeal, que seguen liderando a 2ª Nacional femenina. Mais xa se viron cambios de actitude nos xogadores, así o Concello de Zas Aquacenit non tivo nada de cara a fortuna e Chiqui (Jesús Ferreiro) fixo moitos méritos para gañar o partido que daría o empate, pero acabou sucumbindo. Está visto que cando un vai mal parece que todo sae mal.

Algo parecido lle pasou a Concello de Zas O Pinar na súa visita a Vilagarcía onde tamén estivo moi cerca de empatar ante un dos equipos que ascende de categoría. E se falamos de categoría, esa é a que demostran as xogadoras do Aluminios Xeal (Laura Quintáns e Ana García nesta xornada) e así o sábado gañaron os dous partidos e manteñen o liderato da 2ª división nacional femenina.

Ao Anorthosis Vimianzo non lle tocou xogar desta vez e iso favoreceu completar os equipos pois por enfermidade, operacións, estudos ou motivos persoais as baixas foron numerosas e os equipos quedaron cos integrantes xustiños para xogar. A temporada faise longa pero xa está a piques de rematar, algo que xa fixeron os de 2ª Galega, pois os encontros da última xornada xa os xogaron adiantados en febreiro.

1ª Galega Grupo Centro

  • Resultado: Liceo Noia . Concello de Zas Aquacenit 4-2 (17-7).

2ª Galega grupo centro

  • Resultado: Monte Porreiro Mexilón "B" - construcciones Cernadas 6-0 (18-1)
  • Resultado: Liceo Casino Infantil - Concello de Zas O Pinar 4-2 (14-10).

2ª Nacional femenina

  • Resultado: Aluminios Xeal - Club del Mar 3-2 (12-7).
  • Resultado: Aluminios Xeal - SD Hípica 3-0 (9-2)

Próxima xornada

Sábado 21 de marzo en Santiago:

  • 3ª división nacional grupo norte:
    - 16:00h: Conxo TM - Anorthosis Vimianzo;
    - 18:00h: Arteal Ventanas - Anorthosis Vimianzo.
  • 1ª división galega grupo norte:
    - 17:00h: Conxo Ponte de Ferro - Concello de Zas Aquacenit.

Crónicas da temporada

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios