Xoves. 18.04.2024
El tiempo

As rapazas do Aluminios Xeal estrearon categoría Nacional cunha viaxe a Asturias

As rapazas do Aluminios Xeal estrearon categoría Nacional cunha viaxe a Asturias
O Aluminios Xeal na sua presentacion na 1 femenina O Aluminios Xeal na súa presentación na 1ª feminina

Intensa fin de semana para os equipos do Anorthosis. Todos estiveron en acción xa que empezaron as ligas en todas as categorías, agás en 2ª Nacional femenina.

Unha fin de semana que deixou máis vitorias que derrotas. Por exemplo, as rapazas do Aluminios Xeal, que estrearon categoría nacional, e que viaxaron a Asturias colleitando unha derrota e unha vitoria. Ademais, o Anorthosos venceu en Conxo, mentres que en 2ª División Galega houbo doble derbi, entre os zaenses e mazaricáns.

1ª División Nacional Feminina, 1º grupo

  • Resultado: Avilés TM - Aluminios Xeal (5-1)
  • Resultado: Luarca Tenis de Mesa - Aluminios Xeal (2-4)

O Aluminios Xeal de Zas debutou o sábado pasado na 1ª división nacional feminina de tenis de mesa, a categoría máis alta acadada por un equipo da Costa da Morte en tenis de mesa. para eso tiveron que desprazarse ata Avilés as tres integrantes do equipo: Laura Quintáns, Ana García e Miriam Domínguez acompañados polo entrenador Miguel Rey e o condutor Juan Domínguez (coñecedor da zona asturiana).

Alí xogaron 2 encontros e para ser a primeira vez non foi mal xa que despois de perder o primeiro encontro 5-1, perderon tamén os nervos e conseguiron gañar o segundo 4-2, que fixo a volta máis agradable. No primerio a tensión, os nervos e a incertidume da novidade atenazou as xogadoras e non foron capaces de desenvolver o seu xogo, aínda así sacaron bos puntos e agora xa repousadas pensan que poideron facer máis, polo que os ánimos aumentan de cara a vindeiras xornadas. Estas serán unha cada mes.

3ª División Nacional Masculina, Grupo Centro

  • Resultado: Conxo Ponte de Ferro - Anorthosis Vimianzo (2-4)

Voltou o anorthosis con só 4 puntos da súa visita a Santiago, ante o colista, pois con este novo sistema de puntuación cada partido vale 1 punto, así non hai relaxación posible en ningún encontro nin partido, nin pode fallar ningún xogador. E isto perxudica moito ao Anorthosis, xa que, por motivos laborais non poderá contar con Andrés Fagín todas as fins de semana.

Voltando ao encontro en si, contra Conxo Ponte de Ferro resolveron os seus partidos Gonchu e Stevo, este con máis dificultades das previstas ante Andrés Segade, pero non así Brais Blanco que tivo a súa oportunidade precisamente ante Andrés Segade non puido superar os nervios e perdeu os dous partidos e que son os primeiros puntos para o conxunto santiagués.

2ª División Galega, Grupo Centro

  • Resultado: Concello de Zas Ponciano Nieto - Concello de Zas Cernadas (4-2).
  • Resultado: Concello de Mazaricos - Vimianzo Tenis de Mesa (3-3)

Comezou a liga desta 2ª División Galega con dous enfrentamentos entre os equipos do clube Anorthosis. O choque entre Ponciano Nieto e o Cernadas foi adiantado polo compromiso das xogadoras do Concello de Zas Ponciano Nieto, que sufriron máis do previsto para superar aos seus compañeiros. E iso que contaba con Miguel Rey que aseguraba dous puntos, pero xa sabemos que nos derbis o máis débil aumenta o seu rendimento. Así Manu Costa gañou os dous partidos e a punto estivo de facelo Raúl López o que daria un gran sorpresa. Resultados parciais

Ademais, estivo moi interesante o outro enfrentamento entre os rapaces de Mazaricos e Vimianzo, pois é o primeiro encontro que se celebra a nivel federado entre equipos de diferentes concellos da Costa da Morte, e isto foi no pavillón de A Picota en Mazaricos, formado por Javier Rodríguez, Martín París e Alvaro Gascó. Antes houbo outros enfrentamentos pero foron no mesmo concello ou non federados.

O encontro acabou en táboas e foi tamén igualado deixando para o encontro de volta resolver as diferenzas. Quizais faltou que se enfrentasen os dous números un de cada equipo, Javier Rodriguez e David Roget, pois ese partido decantaría o resultado. a resaltar o ameno dos enfrentamentos e o bo ambiente vivido no pavillón entre todos os contendientes.

 

Vindeira xornada

Encontros para a vindeira fin de semana:

  • 3ª División Nacional Grupo Centro: sábado 24 de outubro nas instalacións de San Lázaro as 17:00h: Arteal TM - Anorthosis Vimianzo.
  • 2ª División Galega Grupo Centro: sábado 24 de outubro no ximnasio do CPI de Zas:
    - 16:00h: Concello de Zas Cernadas -Guisseppe Anthony de Ribadumia.
    - 18:00h: Concello de Zas Ponciano Nieto - Guisseppe Anthony de Ribadumia.
    - No pavillón de A Picota, Mazaricos: Concello de Mazaricos - Arteal TM.

Novas relacionadas

Crónicas da temporada pasada

Fonte

Comentarios