Xoves. 28.05.2020
El tiempo

As Seleccións da Costa presentan o seu organigrama técnico

As Seleccións da Costa presentan o seu organigrama técnico
Seleccion Sub 15 da Costa-Foto-Luis Gonzalez copia A Selección Sub 15 da Costa xa adestrou a semana pasada-Foto-Luis Gonzalez copia

Mentres a Selección Sub-15 da Costa prepárase xa para o choque deste mércores no Carral contra os xuvenís do Sofán, partido preparatorio para a primeira fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais que se celebra o vindeiro 1 de novembro (nun campo aínda por determinar), o subdelegado da RFGF no Fútbol da Costa, Manuel Corredoira, vén de facer público o Organigrama técnico selecciones A Costa sub15 e sub12.

Un xeito de darlle visibilidade e o recoñecemento merecido a estes técnicos que se volcan coa nosa canteira:

  • COORDINADOR DE SELECCIÓNS: Oscar Leis.
  • DELEGADO DE SELECCIÓNS: Alberto Pose.
  • SELECCIÓN SUB15:
    - Seleccionadores: Martín Vecino e José M. Abelenda.
    - Auxiliar: Adrián Varela.
  • SELECCIÓN SUB12:
    - Seleccionador: José Barca;
    - 2º Entrenador: Fernando Waldomar.
    - Auxiliar: Joaquín Quintáns.
Varios dos membros do Organigrama Tecnico das Seleccions da Costa co Presidente da RFGF De esquerda a dereita: Martín Vecino, José Barca, Manolo Corredoira, a concelleira xalleira Silvia Cancela, o presidente da RFGF Rafael Louzán, José Manuel Fdez., Nando Waldomar e Josiño Abelenda durante un adestramento en Fontenla o curso pasado

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-seleccions-sub12-e-sub15-da-costa-levaran-o-premio-a-abdoulaye-ao-futbol-base-da-gala-qpc/ https://quepasanacosta.gal/a-seleccion-da-costa-sub15-participou-no-campionato-de-seleccions-de-xinzo/

comentarios