Mércores. 24.04.2024
El tiempo

As Sereas e os Piratas tamén xogarán a Balonmán Praia en Razo

As Sereas e os Piratas tamén xogarán a Balonmán Praia en Razo
Actividades deportivas no Festival Sereas e Piratas

Cun ollo no Europeo Xuvenil onde o carballés David García Pichel está competindo coa Selección Española, o balonmán non para. Os vindeiros venres e sábado, 20 e 21 de xullo, na praia de Razo, terá lugar, dentro das actividades deportivas enmarcadas no Festival Sereas e Piratas, o “I Torneo de Balonmán Praia Sereas e Piratas, que nace da colaboración entre a Asociación Cultural 13 Lagartos, organizadora do festival, e as Escolas de Balonmán Xiria.

Durante a tarde do venres e a mañá e tarde do sábado 9 equipos loitarán por obter o título na primeira edición deste torneo, título que estará premiado con 900 €.

Destacar a participación no torneo de moitos xogadores do Calvo Xiria, das categorías de base das Escolas de Balonmán Xiria, do Bm. Camariñas, ex-xogadores, e especialmente debemos salientar a participación do xogador de Asobal Víctor Vigo, pertencente á disciplina do Caja 3 Bm. Aragón.

Equipos participantes

  • Os Muñecos: Hugo Rodríguez “Chimpo”, Borja Tajes, Cristian Vigo, Fabián Canosa, Juana Garrochena, Sebas Álvarez, Javi Varela e Víctor Vigo.
  • Sempre Cadetes: Martín Gómez “Zúpez”, Martín Alfeirán, Javi Rodríguez, Edu Mariño, Rubén Anes, Alejandro Calvete e Rubén Gómez.
  • Xiria Handball Beach: Dani Buño, Iván Campos, Julián López, Enrique Pena, Lolo Rial e Alberto Pereira.
  • Bergantiños Solucións Laborais: Adrián Laíño, Senén Blanco, José Ramón Suárez, Tom Rodríguez, Víctor Rodríguez, Bruno López, Pedro Caamaño e Jose Ramón Añón “Ofi”.
  • Matapichones: Álex Zas, Diego Díaz, Miguel Castro, Andrés Queijo, Antón Cobas, Álex Naya e Diego Puente.
  • La Banda: Óscar Aldao, Alberto Pombo, Luís García, Miguel García, Dani Barreiro, Héctor Vázquez, Néstor Calviño e Adolfo Fernández.
  • Gruifrolástica: Lois Guillín, Manu Méndez, Jesús Varela, Brais Puñal, Jessi Posse, Óscar Souto e David Fro.
  • Balonmán Chelsea De Maná: Adrián Dubra, Pablo Iglesias, Ramón Suárez-Pumariega, Alberto Lema “Cuco”, Ángel Varela, Álex García, Kike Guerra e Pablo Filgueira.
  • Esfínter de Milán: Álex Cousillas “Cousi”, José Luís Fraga “Pi”, Hugo Sueiro “Let Sue”, Gonzalo Pombo, Javi Zas, Javi Pichel, Keko Vilariño e Pablo Fernández “Sabueso”.

David García Pichel a un paso do Europeo

A selección española gaña a Dinamarca e está en semifinais do Europeo Xuvenil. David García do Balonmán Xiria xogou 25 minutos e metiu 6 goles. O próximo sábado serán as semifinais: España-Alemania e Suecia-Dinamarca. Sorte!!!

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Balonmán Xiria.
Comentarios