Aspadex e Apem culminan o seu encontro coa vela
09:48 17/11/10
Completouse o I Encontro a vela de Aspadex e Apem, que organiza Clube Marítimo Carrumeiro e de Cataventos Escola de Vela. Un encontro que serve para achegarlles aos usuarios dos centros para discapacitados o mundo do mar a través da vela.
Este pasado luns os dous equipos fixeron unha pequena competiciónAlí estaban a directoras de ambos centros e varios dos patrocinadores, entre eles Tatiana Rodríguez de Suministros Lar.
Polo equipo de APEM (aquí enriba), e patroneados por Marcos Trillo, responsable de Cataventos, desta volta estaban Rosa, Paco, Marcos, Luis e Benjamín.
Noemí Bermúdez, a outra responsable da Escola de Vela viaxaba con Paco, Javi, Tomas, Isi e Jorge como os tripulantes do equipo Aspadex (aquí embaixo).
Despois de vestirse e dar unhas nocións teóricas de navegación os barcos saltaron ao aug da ría cunha brisa suave do norte que favoreceu a travesía. Finalmente resultou gañadora a embarcación de Aspadex.
O Carrumeiro procedeu á entrega dos diplomas tralo seu bautizo de vela. E todos contentos e un pouco máis preto do mar.
Novas relacionadas
- Apem tamén vai a vela.
- Os grumetes de Aspadex bautizáronse con Cataventos.
- Aspadex e Apem éncontrase a vela con Cataventos.
- Os pequenos do Carrumeiro participaron nunha Concentración de Escolas de Vela en Castrelo de Miño.
- A festa do deporte de Aspadex.
- Un día en Aspadex.
- O equipo de APEM prepárase para o Campionato Galego.
- O proxecto Gavea de vela para discapacitados participa na X Volta Náutica.
O Mar na Escola
- II Competición en Idade Escolar 2010: A ría de Camariñas acolleu a súa competición do Mar na Escola.
- I Competición en Idade Escolar 2010: As escolas de Cee e Camariñas saíron ao mar nas Ría de Corcubión.
- Estudiando o mar na Escola.
- O Clube Marítimo Carrumeiro forma e compite.
- Os alumnos do Manuela Rial achéganse ao mar con Cataventos:
- Cataventos achega o mar e a vela ás escolas da bisbarra.
Fonte
- Nota de prensa do Clube Marítimo Carrumeiro e de Cataventos Escola de Vela.