Axenda deportiva completísima da fin de semana na Costa
Nova fin de semana que chega cargada de deporte. Desta volta, ademais dos habituais fútbol sala, baloncesto, volei, balonmán... temos un par de citas singulares, como son os Dardos, o Campionato de Pesca de Camariñas, a proba de Bodyboard de Carnota, ou o Rali 1000 Vistas Clásico, que nos permitirá disfrutar do paseo de 35 cochazos antigos polo sur da nosa bisbarra.
Pero, claro, o fútbol da Costa volve ter protagonismo, e unha vez que xa comprobamos o Parte de sancións, e antes de analizarmos, apuntamos unha cita ca Copa.
Sorteo da Copa da Costa 2013
Este vindeiro xoves 14 de marzo, ás 20:00h terá lugar unha reunión no Pavillón de Baio para realizar o sorteo da Copa da Costa 2013.
Os que non queiran participar, deberán avisar antes da cita.
Previa da xornada
E comezamos a análise da xornada pola Preferente, onde ó Soneira tócalle descansar. O Dumbría xoga o sábado en Sada e o XSC recibe ao líder da categoría, un Bertamiráns que porá os puntos moi complicados.
Na 1ª, o Fisterra recibe o sábado ao 3º, o Riveira, e o Malpica, ao 4º, o Arzúa, no que pode ser unha gran ocasións de superalo pois o ten a só 1 punto. Mentres por abaixo, o Camariñas ten que seguir puntuando en Amio, cando as necesidades xa apretan en Ponteceso. Os pontecesáns teñen unha final. Visitan ao pechacancelas, que está só 5 puntos por abaixo. Unha vitoria pode alonxalos definitivamente e liberarse dun rival. Unha derrota pode ser afundirse no pozo.
O partidazo da semana é na 2ª Autonómica. Cee-Esteirana, dous dos mellores equipos da categoría sobre o grande terreo do San Paio de Refoxos, nun choque adiantado ao sábado para que toda a Costa poida achegarse. Mentres, o Baio espera que perdan os dous, pero para que lle saia rentable terá que roer un duro campo, o Novo Cubaleiro, ante un Corcubión, a pesar das baixas, en forma.
Por abaixo, haberá dous choques intensos. O Cabana-Mazaricos preséntase vital para ambos conxuntos, pegados ao descenso e con só un punto de diferencia a favor dos amarelos. Ademais, O Montelouro necesita sumar e visita Lombáns, nun derbi sureño sempre duro.
Na 3ª haberá tamén partidos interesantes, como o Porteño-Cerqueda, que medirá as forzas dun Porteño que non se quere quedar atrás dos dous de cabeza tras comandar a táboa moitas semanas. Mentres, IDC e Camelle non poden fallar ante Castrelo e Lira. Un Lira que por certo poderá estrear as dúas últimas fichaxes, o ex do Carnota Deme, e mais un da casa que volve ao cadro liracho, Javier de Milucha. Na loita pola promoción haberá un intenso Ameixenda-Muxía.
En Xuvenís a cousa pode irse decantando. Quedan 3 xornadas, contando con esta, pero mañá xogan os dous primeiros. De gañar o Cabana celebraría xa o título nas Redondas. Pero de gañar o XSC achegaríase a só un punto, e metería outro medio pé (un xa o ten) na Fase de Ascenso á Liga Galega. Dumbría e Malpica non poden perder ante Fisterra e Ponteceso se queren manter algunha opción, para o que esperan que non gañe o cadro xalleiro.
Na Copa, o partido máis interesante será o Coristanco-Cee, entre os dous primeiros do Gr.2.
Derbi zonal na Liga Galega Cadete na tarde do sábado, no que o Dumbría necesita a vitoria ante un Bergan cómodo na metade da táboa, para seguir aspirando ao ascenso á División de Honra.
Preferente, xornada 28
- Soneira descansa.
1ª Autonómica, xornada 28
Fisterra | 09/03 - 16:30 | Atl. Riveira |
Amio | 10/03 - 16:00 | Camariñas |
Malpica | 10/03 - 16:30 | Arzúa |
Cacheiras | 10/03 - 17:00 | Ponteceso |
2ª Autonómica, xornada 28
Cee | 09/03 - 18:00 | Esteirana |
San Lorenzo | 10/03 - 16:30 | Dumbría B |
Corcubión | 10/03 - 16:30 | Baio |
Cabana | 10/03 - 16:30 | Mazaricos |
Carnota | 10/03 - 16:30 | Montelouro |
Buño | 10/03 - 17:00 | Muros |
Volantes | 10/03 - 17:00 | Zas |
Outes | 10/03 - 17:00 | Sofán |
Castriz | 10/03 - 17:30 | Corme |
3ª Autonómica, xornada 28
Ameixenda | 09/03 - 16:00 | Muxía |
Soneira B | 09/03 - 16:00 | Xaviña |
Camelle | 09/03 - 16:30 | Lira |
Castrelo | 09/03 - 18:30 | Indep. Carballo |
Nantón | 10/03 - 16:30 | Corcoesto |
Porteño | 10/03 - 16:30 | Cerqueda |
Coristanco | 10/03 - 16:30 | Alcaián |
- Descansa Laxe.
- Baíñas - Fisterra B (2-0) pola retirada do filial fisterrán.
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 8
Dumbría | 09/03 - 11:30 | Fisterra |
Cabana | 09/03 - 16:00 | Xallas StComba |
Ponteceso | 09/03 - 18:00 | Malpica |
Liguilla da Copa da Costa, Gr.1, xornada 8
Baio | 09/03 - 16:00 | Muxía |
Outes | 09/03 - 16:30 | Camariñas |
Laxe | 09/03 - 16:30 | Muros |
Liguilla da Copa da Costa, Gr.2, xornada 8
Esteirana | 09/03 - 16:30 | Soneira |
Corme | 09/03 - 16:30 | Mazaricos |
Coristanco | 09/03 - 16:30 | Cee |
Liga Galega Cadete, xornada 25
Dumbría | 09/03 - 16:30 | Bergantiños |
Liga Galega Infantil, Playoff polo Título, xornada 5
Conxo | 09/03 - 12:00 | Bergantiños |
Liga Galega Infantil, Playoff polo Descenso, Grupo Norte B, xornada 5
Dumbría | 10/03 - 11:30 | Val do Ulla-Ribadulla |
1ª Cadete, xornada 18
Coristanco | 09/03 - 10:30 | Muros |
Muxía | 09/03 - 10:30 | Cee |
Xallas StComba | 09/03 - 10:30 | Zas |
Cabana | 09/03 - 10:30 | Esteirana |
Baio | 09/03 - 10:30 | Con. de Carnota |
Fisterra | 09/03 - 12:00 | Outes |
Ponteceso | 09/03 - 16:00 | Porteño |
1ª Infantil, xornada 18
As Baleas | 09/03 - 16:30 | Corme |
Outes | 10/03 - 10:30 | Sofán |
Ponteceso | 10/03 - 10:30 | Baio |
Coristanco | 10/03 - 10:30 | Os Miudos |
Fisterra | 10/03 - 11:00 | Xallas StCom |
Cabana | 10/03 - 12:00 | Cee |
Esteirana | 10/03 - 17:00 | E.M.F. Vimianzo |
- Descansa Muxía.
Ligas de Veteranos, xornada 25
1ª División
Cabana | 10/03 - 10:00 | Coristanco |
San Román | 10/03 - 10:00 | Camariñas |
Castriz | 10/03 - 11:00 | Nantón |
Baio | 10/03 - 11:00 | San Lorenzo |
Vimianzo | 10/03 - 11:00 | Zas |
Xv. Bergantiños | 10/03 - 11:00 | Corcubión Vet. |
Ponteceso | 10/03 - 12:00 | Soneira |
Bértoa | 10/03 - 12:00 | Bergantiños |
2ª División
Cerqueda | 10/03 - 10:00 | Sofán |
Dep. Carballo | 10/03 - 10:00 | Laxe |
Leiloio | 10/03 - 11:00 | Agualada |
Corcoesto | 10/03 - 11:00 | Malpica |
Camelle | 10/03 - 11:00 | Poniente |
Buño | 10/03 - 12:00 | Muros |
At. Milagrosa | 10/03 - 12:00 | Corme |
Rali 1000 Vistas Clásico
35 vehículos clásicos de competición farán escala pola Costa da Morte o vindeiro sábado 9 de marzo. E o farán no marco do Rali 1000 Vistas Clásico, organizado polo Rali Club de Inverno, que precisamente pasa pola bisbarra para disfrutar de boas vistas. Así, a expedición pasará pola Serra de Outes, Mazaricos, Carnota, Ézaro, Olveira e Baíñas para regresar dirección Santa Comba ata Negreira.
Surf na Costa
Esta fin de semana de 9 e 10 de marzo, a Praia do Faro de Carnota acolle a primeira das 7 probas do Circuito Galego de Surf 2013 que se desenvolverán na Costa da Morte. Trátase da 2ª Proba Open- xuvenil de bodyboard.
Fútbol Sala
- 2ª División Estatal:
- GUARNIZO FSF – FISOBER F.S.F.: sábado, 16 de marzo de 2013 no Polideportivo Guillermo Cortés de Guarnizo, Cantabria.
1ª Autonómica:
- Concello de Ponteceso F.S.F – Manureva (líder): sábado 9 de marzo ás 18:00 no Pavillón Municipal de Ponteceso.
- Esteirana – Manureva Suevos: venres 08/03/2013 ás 21:30 no Pabellon Jose Lago (partido aprazado da x.16; A Esteirana descansa na vindeira x.17).
- Espartanas F.S. – Fisober F.S.F. “B”: sáabdo 09/03/2013 ás 12:00 no Municipal Barrio de las Flores.
- O Fisober faise a foto de familia e celebra a convocatoria das súas estrellas.
- Só a Esteirana suma na xornada de futbol sala feminino costeiro.
Dardos
Existen os dardos da Costa da Morte. E a un nivelón ademais. Esta fin de semana dispútase en Padrón o Campionato Galego de Dardos, e aló estarán, sábado e domingo, un equipo carnotán na segunda división, e un xogador ceense no máximo nivel.
Campionato de Pesca
A Asociación de Empresarios e de Promoción Turísticia de Camariñas organiza a 5ª edición do Campionato de Pesca Mar-Costa Cabo Vilán de Camariñas. Levarase a cabo o sábado 9 de marzo de 2013 e haberá máis de 1800€ en premios.
Taekwondo
O Club Cee Deportes de Contacto, artella o Torneo Interautonómico FITE 2013. A competición desenvolveráse do 8 ao 10 de marzo no Pabellón Municipal de Cee.
Tenis de mesa
Comeza a recta final de temporada, na que o Anorthosis debe gañar os seus encontros para ascender e o Concello de Zas Aquacenit gañarlle aos rivais directos do Anorthosis para axuder no obxectivo.
2ª galega grupo centro. Sábado 9 de marzo no ximnasio do CPI de Zas:
- Ás 17:00h. Anorthosis Vimianzo - Club del Mar (encontro aprazado da xornada 13)
- Ás 16'00 h Breogán Oleiros B - Concello de Zas Aquacenit (No pavillón de Bastiagueiro, Oleiros)
- 18'30 h. Breogán Oleiros D - Concello de Zas Aquacenit (No pavillón de Bastiagueiro, Oleiros).
3ª galega grupo noroeste. Domingo 10 de marzo en Oroso:
- Ás 9'30 h. Oroso Trastes - Concello de Zas O Gaiteiro.
- Ás 11'00 h. Oroso Peluquería Tije - Concello de Zas O Gaiteiro.
- Ás 12'30 h. Oroso Pin Servicios - Concello de Zas O Gaiteiro.
En 3ª galega o Concello de Zas O Gaiteiro acabará a temporada e en caso de gañar os tres encontros quedará en postos de posibles ascensos.
Volei
Este sábado 9 de marzo, en Ourense, haberá 6 partidos:
- 10:00h Infantil femenino CV Ourense – Manuela Rial.
- 10:00h Cadete masculino Bruxas – Voleibol Dumbría.
- 11:30h Cadete femenino CV Ourense – Voleibol Dumbría.
- 12:00h Infantil masculino Bruxas – Manuela Rial.
- 12:30h Infantil femenino Dompa – Manuela Rial.
- 16:30h Xuvenil masculino Bruxas – Voleibol Dumbría.
Balonmán
- 1ª Estatal: BUEU AT - CALVO XIRIA : 09/02/2013 ás 19:00 no P. MPAL. DE BUEU.
- 1ª Autonómica: VIÑA COSTEIRA - BM CAMARIÑAS: 09/03/2013 ás 18:00 no PAV.MCPAL. O CONSELLO.
Baloncesto
- Sénior Feminina: C. B. SARRIA - E.S. BAZARRA COSTA DA MORTE: 9-3 ás 19:00.
- Sénior Masculino: CONXO DE COCIDO - COSTA DA MORTE: 12-3 ás 21:00.
- Cadete Feminino: BASQUET CORUÑA MARISTAS B - ACB COSTA DA MORTE:9-3 ás 18:00.
- Cadete Masculino: ACB COSTA DA MORTE - CALASANZ: 9-3 ás 18:00.
- Infantil Feminino: ACB COSTA DA MORTE - ELINCO NARÓN: 9-3 ás 16:00.
- Minibasket Alevín Feminino: COMPAÑIA DE MARIA - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE: 9-3 ás 11.00.
- Minibasket Alevín Masculino: FERROATLANTICA COSTA DA MORTE - VALES VILLAMARIN: 9-3 ás 11.00.
Baile
O Clube Arte e Movemento participará este domingo 10 de marzo en Cangas, e o fará con 7 parellas.
Máis información
Crónicas da semana
- O Muxía volve sufrir un parte de sancións complicado.
- Xuvenís: Cabana e XSC escapan.
- 3ª Autonómica: O IDC caza ao Camelle e sorpresas na loita pola promoción.
- 2ª Autonómica: A Esteirana aproveita o empate entre Baio e Cee.
- 1ª Autonómica: Empate no Hermanas Patiño e un favor do Malpica.
- Preferente: Sen derrotas fóra da casa.
- Resultados desta convulsa primeira fin de semana de marzo no #futboldacosta.
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).