Mércores. 01.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O IDC caza ao Camelle e sorpresas na loita pola promoción

3ª Autonómica: O IDC caza ao Camelle e sorpresas na loita pola promoción
Xornadas de sorpresas esta 25 na 3ª da Costa. Por un lado, parecía que o gran partirazo da semana entre Independiente e Camelle ía ter algo máis de chicha, e sen embargo apenas durou 15 minutos. E polo outro, na loita pola promoción, varias sorpresas pois non sumou os 3 puntos ningún dos 6 equipos implicados na loita. Así, na loita polo título, aprétase a cousa. O IDC empata no liderato co Camelle, que ademais lle queda unha xornada de descanso. O Porteño non desaproveitaba a ocasión para volver a meterse na pelexa, e queda a 3 de ambos e tamén cun partido menos. Mentres, do 4º ao 9º, con 3 prazas para a promoción en xogo, só hai 8 puntos de distancia, polo que Cerqueda, Soneira B, Laxe, Ameixenda, Muxía e Baíñas aínda terán moito que remar.

Indep. Carballo - Camelle (3-0)

IDC-Camelle-Foto- SD Camelle
  • IDC: Noe, Belar, Dani Rosalía (Jonathan, min.60), Seo, Castro (Brais, min.84) Carlos, Jorge (Velo, min.68), Cholo, Benítez (Moreno, min.70), Ivi (Adrián, min.70) e Juni.
  • CAMELLE: Porrúa, Carlos de Dido, Baliña, Iván, Matías, Varu, Mario (René, min.70), Javi Rañal, Tedín, MIguel Riveiro, Jose (Adrián Tajes, min.55).
  • Goles: 1-0, min.6: Jorge Pichel; 2-0, min.11: Cholo: 3-0, min.14: Benítez.
Era o gran partido da xornada, e así o demostraron as dúas afeccións, volcadas cos dous equipos, creando un gran ambiente de fútbol nas Eiroas. Pero en apenas 15 minutos xa podía ter rematado. O IDC saíu como unha apisonadora e nas 3 primeiras chegadas endosaba un 3-0 que sentenciaba o partido. O Camelle non espertara e na primeira parte puideron caer outros tantos, pois cada contra acababa en ocasión de gol. Na segunda o Camelle intentou coller algo o balón pero o IDC adicouse a controlar o partido e non sufríu. Cómpre destacar a fermosa loita de afeccións. Da do Camelle xa temos falando en numerosas ocasións, pero desta volta o cadro carballés fixo chamamento e trouxo preto de 200 persoas ao campo. Protestou a afección camellá, formada principalmente por mozas e familiares dos xogadores, a actitude dalgún siareiro independiente, e non tanto polas bengalas, que con coidado, danlle un toque de cor ao campo e non teñen por que ser perigosas. Se non porque os carballeses estiveron todo o choque detrás da portería de Porrúa incordiando, e ao final do partido enfrontáronse ás afeccionadas visitantes. Afeccion do IDC con bengalas e todo nas Eiroas-Foto- SD Camelle

Xaviña - Porteño (3-5)

  • XAVIÑA: Moro, Chiriví, Esteban, Beto, Carlos, Piru (Lalá, min.55), Dani, David (Ghallego, min.55), Pión (Bieito, min.50), Elvis, Borja.
  • PORTEÑO: Pablo, Pejo, Maikol, Iago Sestayo, Cousillas, Asier, Ismael, Mario Toja, Iago Martínez (Manuel Parga, min.80), David Toja (Gabi, min.70) e Yuyo (Nené, min.60).
  • Goles: 0-1, min.20: Yuyo; 0-2, min.25: Yuyo; 0-3, min.37: Iago Martínez de gol olímpico; 1-3, min.40: Dani; 1-4, min.60: David Toja; 2-4, min.70: Lalá; 3-4, min.75: Borja; 3-5, min.85: Asier.
Único partido adiantado ao sábado o derbi camariñán. E foi un choque sinxelo para os de Gerpe, que en media hora xa se colocaba 0-3. Reaccionou na segunda o Xaviña, pero cando parecía que se podía meter no partido, Asier puña a sentenza para os da Ponte, que se achegan aos líderes.

Muxía - Baíñas (1-1)

Muxia-Bainas-Foto-Camposgallegos
  • MUXÍA: Ángel Luís, Martín, Luís Romaní, Peski, Ángel, Currás, David, Javi, Pataca, Dimas, Julián.
  • BAÍÑAS: Damián, Simón, Luís, Sergio, Héctor, Mario (Dani, min.50), Styven, Cris (Suso, min.65), Fernando (Sancho, min.75), Taski, Yanki.
  • Goles: 0-1, min.20: Sergio tras un córner; 1-1, min.70: Javi nunha contra.
  • Expulsión: o visitante Luís, min.60.
  • Lesión: Mario cunha escordadura de nocello.
Non partido en clave de batalla en Arliña. E non no deportivo que o choque foi bastante limpo, de non ser porque o partido acabou da Garda Civil no campo. Corrían os últimos do choque cando ao muxián David o quitaba Papi do campo por estar algo alterado. E no canto de ir aos vestiarios enfrontouse cun siareiro do Baíñas rematando o asunto case nas mans, e co colexiado solicitando a chegada, unha vez máis, da Benemérita. No deportivo, non dou para moito. Adiantouse o Baíñas na primeria cun gol de córner de Sergio. Un Baíñas que logo dedicouse a controlar e afianzar a defensa, con Taski e Yanki pelexando moito. Un penalti e unha expulsión algo rigorosa meteu ao Muxía no partido, pero Adrián parou os lanzamento dende os 11 metros de David. O Muxía volcouse e tocoulle sufrir ao cadro de Pato, que protestaron ademais que o gol do empate puido ser en fóra de xogo. Muxía-Baíñas-Foto- @camposgallegos

Corcoesto - Ameixenda (3-0)

  • CORCOESTO: Luís, Sergio, Edelmiro, Germán, Ángel, Xabi, Pablo, Javi (Uru, min.70), Rodri, Couto (Aitor, min.50), Pichuco (Pichón, min.60).
  • AMEIXENDA: Sergio, Álvaro, Grille, Bruno, Mateo, Javichu, Jorge, Javier, Miro, Borja (Rodrigo, min.60), Demetrio.
  • Goles: 1-0, min.10: Xabi dende fóra tras unha recuperación en tres cuartos de campo; 0-2, min.25: Pichuco nunha contra levada por Pablo cun centro ao segundo pao; 0-3, min.65: Javi tras un erro do meta visitante.
Mal día do Ameixenda, e moi ben un Corcoesto que segue mellorando nas últimas semanas. E iso que os locais tiveron que aliñar a un xogador como Luís baixo paos, pero tiveron o partido bastante controlado dende o comezo. Pronto abriu o marcador Xabi cun tiro lonxano e Pichudo deu tranquilidade aos locais tras unha contra que viña dun córner en contra. O Ameixenda non puido superar a barreira defensiva local, que estivo moi ben por arriba. Na segunda, co resultado a favor, o Corcoesto dedicouse a contemporizar, e nun balón longo o meta visitante Sergio deixou un balón morto que Javi aproveitou para facer o 3-0. Aí, e xa co Ameixenda batido, Aitor e Javi aínda tiveron ocasións para aumentar o marcador.

Alcaián - Soneira B (2-1)

  • ALCAIÁN: Fernando, Rubén, Lino, Pombo, Martínez, David, Framil, Pichel, Facal (Pistolas, min.80), Daviciño, Marqués.
  • SONEIRA B: Martín, Roi (Pichón, min.85), Alberto, Chuchi, Iván Chans, Quilmes, Jemisa, Felix (Pablo, min.60), Chino, Fer (Borja, min.70), Wii.
  • Goles: 1-0, min.20: Facal tras varios rexeites; 1-1, min.50: Chino de falta dende o medio campo vendo ao porteiro adiantado; 2-1, min.75: Facal de falta.
Estivo a sorte de costas para o Soneira B e de cara para os locais que colleitaron unha das sorpresas da xornada. Pero ben traballada por parte do Alcaián. Non estaba Portorrubio demasiado mal pero non é dos campos máis axeitados para o xogo do Soneira B, que tivo que abusar do patadón e non lle sentou ben. Adiantouse o Alcaián nunha xogada de varios rexeites na que Facal acabou marcando por entre as pernas dun defensa. Puido empatar o filial nun doble remate de Fer que parou o porteiro e de Felix que mandou alto, tras unha boa internada de Chino. Foi o propio Chino o que sorprendeu ao meta local nada máis saír dos vestiarios e sacaba unha falta dende o medio campo vendo que Fernando estaba algo adiantado. O Soneira tivo aí algunha opción como un tiro lonxano ou un centro cruzado de Iván Chans que non tivo rematador. Pero foi Facal, de novo, o que cunha boa falta batía a Martín. Ao final, e co algunha perda de tempo por parte dos locais, a mellor ocasión chegaba para ampliar a súa renda cun balón á madeira.

Laxe - Coristanco (0-0)

  • LAXE: Diego, Aarón, López, Naya, Jacinto, Gora, Ventura, Djamel (Saleta, min.46), Samuel, Mandi, Roi (Martín, min.46).
  • CORISTANCO: Fredi, Iván, Rubén (Jonathan, min.60), Torreira, Juan, Héctor (Cancela, min.55), Damián, Marcos, Martínez, Gonzalo (Magovi, min.70), Adrián(Alexis, min.80).
  • Lesión: O visitante Marcos Castro nun nocello tras unha entrada na última xogada e acabou en San Rafael.
Xusto empate tras un partido algo enredado, pero moi aberto, que puido acabar dos dous lados. O Laxe chegaba con baixas importante por sancións e a mala nova protagonizouna o xogador coristanqués Marcos Castro que acabou no Hospital tras unha fea entrada do central laxense no último minuto. Primeira parte sosa na que os visitantes tiveron as mellores ocasións como unha que marrou Gonzalo a porta baleira ou unha de Torreira de falta. A segunda metade foi algo máis entretida, cun Laxe ago máis incisivo, tendo boas ocasións nos pés de Saleta, Samuel, e Mandi que mandou ao longueiro, pero Fredi estivo ben na meta coristanquesa. Pero se cadra, a mellor ocasión do partido a tivo Cancela no minuto 90 cando se prantaba só diante de Diego pero buscaba unha vaselina que se marchou fóra.

Cerqueda - Nantón (4-4)

  • CERQUEDA: Costa, Ato (Iván Cances, min.80), Javi, Pablo, David, Javi Pazos, Iván Ponte (Manu, min.72), Dani, Bastón (Maikel, min.83), Dieguito (Juanjo, min.43), Lorenzo.
  • NANTÓN: Ernesto, David Lareo, Eloy, Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Víctor Amado (Rubén, min.10), Luís, Martín, Iván.
  • Goles: 0-1, min.10: Luís nunha contra; 1-1, min.21: Dani; 2-1, min.40: Javi tras un balón que se lle escapaba a Ernesto; 2-2, min.60: Carlos Vidal de cabeza; 2-3, min.67: Luís; 3-3, min.85: Dani de penalti por unhas mans de Diego; 3-4, min.90: Luís; 4-4, min.95: Manu por encima de Ernesto.
  • Lesións: o local Víctor Amado por problemas musculares, e os visitantes Ato emais Dieguito, que cun golpe nas costas acabou en San Rafael.
Partido de tolos en Cerqueda no que cada chegada era gol, e con constantes alternativas no xogo e no marcador. Un choque que foi de menos a máis e acabou con 15 minutos de auténtica vertixe. Comezaron pegando os visitantes pero antes do descanso o Cerqueda dáballe a volta ao marcador. Na segunda saíron os cabaneses polo partido e volvían cambiar o rumbo do partido. E volviuse tolo no min.85, cun penalti por mans de Diego que non fallou Dani. Pediron na seguinte xogada os visitantes outro penalto por mans a un tiro de Luís que o colexiado non viu, pero seguiuno intentando e nunha contra Luís facía o 3-4 xa co tempo cumplido. Quedaban 5 minutos de infarto, nos que Manu tivo tempo a empatar para o Cerqueda, e Luís para marrar un penalti para o Nantón por unhas mans cando Iván quedaba só diante do porteiro.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios