2ª Autonómica: A Esteirana aproveita o empate entre Baio e Cee
          
    14:02 04/03/13 
            
Máis líder queda a Esteirana trala 25ª xornada da Liga da Costa. 7 puntos saca ao Baio e 8 ao Cee, tras vencer, non sen sufrimento, ao San Lorenzo, e aproveitar o empate entre baieses e ceenses no partidazo da xornada.
Pero a xornada tivo tamén moito interese na parte baixa. O Montelouro rompía unha xeira malísima de resultados ante o pechacanelas, pero a súa vitoria non lle serve para recurtar ante o resto de resultados. O Cabana empataba en Zas e queda 5 puntos por riba, mentres que o Mazaricos e o Outes sumaban os 3 puntos e escapan a 6 e 8 puntos respectivamente. Ollo ás malas xeiras de Volantes, Buño e Carnota que os deixa a 9 e 10 puntos do descenso.
Baio - Cee (0-0)
- BAIO: Anxo, Jose Antonio (Fachal, min.85), Mario, Ramón, Pablo (Fredi, min.50), Norber, Martín, Eloy Vilas, Rubio (Jorge, min.80), Alberto (Cristian, min.60), MC.
 - CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Fiuza (Fermín, min.72), Rafa, Piquero (Berto, min.78), Carlos Leis, Isma (Llanero, min.63), Penedo, Diego Cespón, Víctor.
 - Expulsión: Diego Cespón xa co partido acabado.
 
O partidazo da xornada disputábase no Platas Reinoso ante unhas 200 persoas. E se ben non foi o mellor partido da tempada si que demostraron ambos equipos por que están onde están.
Nos prolegómenos do partido, a familia do C.D. Baio quixo rendir homenaxe ás familias dos socios nº 1 e 3 do club, Manuel Veloso Blanco e Jose Luis López González, respectivamente. A viúva, as súas fillas, e algúns dos seus netos, entre eles Dario Rodriguez Veloso (ex-xogador do C.D. Baio), do primeiro; e a viúva do segundo, recolleron unha placa de agradecemento pola súas labores no club e un ramo de flores das mans dos capitáns Martín e Mario Romero Rodriguez. Gardouse un minuto de silencio e... comezou a rodar a pelota no céspede.
A primeira metade foi de control visitante chegando con claridade e ata botando 4 balóns á madeira. Sen embargo foi Eloy o que desaprovietou un mal despexe de Jorgito ao comezo, pero de contado o Cee avisou por medio de Víctor, Penedo, Isma e ata Carlos Leis. O Baio intentábao balón parado e Rafa tivo que scar un balón baixo paos.
O Baio entonouse tralo descanso. Alberto, Rubio e MC avisaron pero Parroto, ao igual que Anxo, estivo mellor que os dianteiros rivais. Quedan apenas 5 minutos e unha ocasións clara para cada bando. Martín lanzaba esta falta que vemos aquí debaixo neste vídeo de Santi Díaz, que pega no pao trala parada de Parroto. E xa co tempo cumplido, Llanero centra e Víctor remata pero un defensa baiés mantén o empate, que lle permite ao Baio sumar 17 partidos sen perder.
Muros - Corcubión (4-5)
- MUROS: Fabio, Teo (Javi, min.75), Paqui, David, Mayuyo, Lisardo (Saúl, min.60), Adrián (Ramón, min.70), Dani, Manu (Pulpo, min.80), Gelo, Sexo.
 - CORCUBIÓN: Abelleira, Alán, Julio, Lema, Johny, Sebas, Edu, Antón Lestón (Javi, min.60), David, Cristian, Lourido (Antón Trillo, min.80).
 - Goles: 1-0, min.16: Mayu; 1-1, min.17: Antón Lestón; 2-1, min.25: Mayu; 2-2, min.26: Lourido; 3-2, min.40; Mayu; 3-3, min.41: Lourido, de penalti; 3-4, min.55: Lourido, de penalti; 3-5, min.75: Cristian; 4-5, min.85: Mayu de penalti.
 
Montelouro - Dumbría B (3-1)
- MONTELOURO: Isma, Cosme, García, Canelo, Álvaro, Fernando, Denís, Pesco, Queico, Edu, David.
 - DUMBRÍA B Fer, Santi, Kevin (Charli, min.70), Pereira, Toja, Pedrosa, Álex Siaba, Riki, Roy, Josiño, Bruno.
 - Goles: 1-0, min.20: Canelo de cabeza nun córner; 1-1, min.35: Bruno a centro de Riki; 2-1, min.55: Pesco; 3-1, min.80: Álvaro.
 
Esteirana - San Lorenzo (3-2)
- ESTEIRANA: Ramón, Simón (Chipi, min.55), Dani Rama, Suizo (Maxi, min.60), José Varela, Adelino (Andel, min.50), Pepiño (Pichu, min.70), Uru, Álex, Kike, Rober Pladur (Cajulo, min.70).
 - SAN LORENZO: Abraham, Anxo, David, Dubra, Casillero (Javi, min.40), Robin (Adonis, min.65), Chucho, Cachizo, Palermo (Eloy, min.55), Fuentefría, Carlos.
 - Goles: 1-0, min.20: Roberto; 1-1, min.35: Palermo; 2-1, min.70: Álex; 2-2, min.73: Chucho; 3-2, min.80: Kike.
 
Corme - Volantes (2-1)
- CORME: Suso (Javi, min.71), Adolfo, Miguel, Jesús, Pandi, Diego (Alejo, min.15), Joshua (Martín, min.62), Brais (Chino, min.89), Juan, Lucas, Adri (Dani, min.68).
 - VOLANTES : Rubén, Formoso, Javi, José, Miguel (Javi, min.79), Manuel, Iván (Benjamín, min.51), Adrián, Chenel, Brais, Jesús (Ignacio, min.62).
 - Goles: 1-0, min.220: Alejo de penalti; 1-1, min.30: Iván; 2-1, min.70: Alejo de vaselina.
 - Expulsió: os visitantes Manuel (min.58) e Ignacio (min.80).
 
Sofán - Castriz (4-3)
- SOFÁN: Bugy, Cantudo (Santi, min.65), Juanjo, Pensado (Marcos, min.60), Lista, Pikas (Suso, min.46), Míchel, Eloy Boedo, Rojo, Jacobo (Eloy Cabeza, min.46), Abel.
 - CASTRIZ: Toño, Martín (Pablo, min.65), David Agra, Alejandro (Iván, min.85), Prego, David Pose, Javi (Pepe, min.50), Cili (Rubén, min.50), Luis, Sebas, Roberto.
 - Goles: 1-0, min.10: Abel; 1-1, min.20: Roberto; 2-1, min.40: Abel; 2-2, min.49: Roberto; 2-3, min.60: Roberto; 3-3, min.85: Santi; 4-3, min.93: Abel.
 
Mazaricos - Buño (2-0)
- MAZARICOS: Daniel , Casais (José Ángel, min.46), Rodri, Óscar Matías, Marcos (Ricardo, min.46), Martín (Chico, min.80), Esteban (Molinos, min.80), Estéfano, Aldo, Cristian.
 - BUÑO: Brais, Ángel (Casais, min.65), Diego, Alfredo, Secundino, Jorge, Emilio, Miguel (David, min.46), Elías (Víctor, min.65), Mauri (Juan, min.65), Gurita.
 - Gol: 1-0, min.20: Estéfano dende fóra.
 
Carnota - Outes (1-5)
- CARNOTA: Luis, Tono da Caixa (Pablo Pichín, min.75), Manolo, Pedro Pichín, David, Boni (Bernardo, min.60), Nakata, Rodrigo, Pumuki (Martín Piñeiro, min.85), Jacobo, Pablo Beiro.
 - OUTES: Gato, Damián, Borja (Martín Lago, min.65), Arturo, Chúa, Martín, Saúl (Michi, min.70), Poke (Ángel, min.46), Migui, Deivid (Elías, min.46), Quin.
 - Goles: 0-1, min.10: Arturo; 0-2, min.15: Deivid; 0-3, min.30: Migui; 0-4, min.35: Deivid; 0-5, min.40: Chúa; 1-2, min.50: Nakata, de penalti.
 - Expulsións: os locais Pedro Pichín (min.15), Nakata (min.60), a David de Brea (m.95).
 
Zas - Cabana (1-1)
- ZAS: Rizos, Martín, Oliver, Lagoa, Pereiro, Rubio, Jaime, Peque, Diego (Pastor, min.70), Ismael, Mario (César, min.80).
 - CABANA: Añón, Eloy, Ismael, Marcos (Edgar, min.70), Pepe, Sandro (Moreno, min.80), Iván, Rubén, Manolo (José, min.75), Dani (Adrián, min.60), Berti.
 - Goles: 1-0, min.55: Rubio tras un centro de Peque; 1-1, min.75: Rubio, en propia meta tras un córner.
 
Máis información
Novas relacionadas
- 01-03-2013: O Dumbría respóndelle á SD Fisterra e lle pide que lle deixen traballar.
 - 27-02-13: Dura carta aberta da SD Fisterra ao CF Dumbría.
 
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: Empate no Hermanas Patiño e un favor do Malpica.
 - Preferente: Sen derrotas fóra da casa.
 - Resultados desta convulsa primeira fin de semana de marzo no #futboldacosta.
 
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
 - Colabora Santi Díaz.