Mércores. 01.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Empate no Hermanas Patiño e un favor do Malpica

1ª Autonómica: Empate no Hermanas Patiño e un favor do Malpica
Laro-Malpica-Foto-Wash-Calvo

O partido da xornada xogábase en Camariñas e remataba cun empate que deixa aos dous equipos en zona perigosa. Un partido no que se cadra mereceu máis premio o Fisterra pero que lle permite manter a distancia co cadro conserveiro.
Mentres, tamén por abaixo, o Ponteceso non acaba de recuperar o xogo e sacaba un empate, e gracias, cun gol co tempo cumplido.

Menos mal que o Malpica, na súa liga, fixo un favor aos seus veciños vencendo ao Laro, que queda entre Camariñas e Ponteceso na táboa clasificatoria.

Camariñas - Fisterra (2-2)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Brais Mouzo, Manuel, Sergio, Caamaño (Saviola, min.65), Rodri, Paco, De la Sierra, Juan oBello, Brais Triñares.
  • FISTERRA: Joselu (Roberto, min.25), Munitis, Sergio Manín, Roco, Dani, Bebeto (Marco, min.70), Santi (Aitor, min.65), Hugo de Dios (Mario, min.80), Cotte, Guardiola, Mané.
  • Goles: 0-1, min.10: Cotte de cabeza de córner; 1-1, min.30: Brais Triñares de córner; 2-1, min.55: De la Sierra dende moi lonxe coa axuda do "meta" Roberto; 2-2, min.70: Cotte de cabeza.
  • Expulsión: Paco no min.75.
  • Lesión: O meta Joselu (min.25) tras esvarar indo a buscar un balón detrás da portería.

Era un dos partidos da xornada e se ben o fútbol non foi dos máis vistosos, como era de esperar, a tensión e a intensidade foron as protagonistas. E non foi un empate inxusto, pero se alguén mereceu levar os 3 puntos ese foi o cadro verde.

Primeiros 20 minutos bos do Fisterra, que se adiantou de córner cando a torre, Cotte, remataba de cabeza. Recuperouse do dominio o Camariñas que empatou por medio de Brais Triñares tamén á saída dun córner á media hora. Sufríu aí o Fisterra a lesión do meta Joselu, polo que Roberto, un xogador de campo, tivo que colocarse baixo paos durante máis de unha hora de xogo.

Na segunda metade estivo mellor o Fisterra, que o intentou con máis decisión. Unha das mellores ocasións foi un gran tiro de falta de Guardiola que pegou nos dous paos. Así e todo foi o Camariñas quen se metía por diante cun tanto de De la Sierra que probaba dende moi lonxe e o "meta" Roberto acompañaba ata o fondo das mallas pensando que marchaba fóra. Co 2-1 puido matar o partido Martín cunha ocasión moi clara, pero o Fisterra reaccionou. Cotte de cabeza volveu colocar o empate no marcador e co tempo cumplido, Aitor tirou fóra unha xogada incomprensible, tras unha combinación con Mané dentro da área pequena e co porteiro batido.

Ponteceso - Piloño (2-2)

  • PONTECESO: Norberto, Rubén, Alberto, Dani Pallas, Javi Peón, Recarey, Mendieta, Canai (Nando, min.80), Bieito (Josito, min.50), Bolón (Toniño, min.50), Brais.
  • Goles: 0-1, min.15; 1-1, min.35: Bieito tras unha boa xogada combinada e centro de Rubén; 1-2, min.80; 2-2, min.91: Nando coa axuda dun defensa tras un centro de Toniño.

Empate e gracias, sobre o pitido final, dun Ponteceso que segue sen atoparse. O Ponteceso tiña unha boa ocasión para subir posicións e meter ao Piloño de novo na zona de loita, e malia que tivo máis o balón non conseguiu atopar o seu fútbol e tivo que adaptarse a un xogo máis propio dun partido de tenis que nada lle convén.

Non xogou ben o Ponteceso, pero que soubo reaccionar, e iso nun equipo da zona baixa xa é importante. Apenas un par de boas combinacións, como a do primeiro gol de Bieito, luciron no Pinguel. Aí, co 1-1, puido romper o partido Brais cunha boa ocasión pero fallou, e na xogada case seguinte se metía de novo por diante o cadro visitante. Tocaba remar de novo, e menos mal que entre Nando e un defensa remataban un centro de Toniño para facer o empate final.

Laro - Malpica (2-3)

SCD Malpica na ida en Pedra Queimada-Foto- Luis Porto
  • MALPICA: Suso, Charly, Martín Uruguaio, Mario Casal, Marco, Rancaño, Ismael (Marcos Amado, min.89), Cheo, David Blanco (Juanjo Rabuñal, min.82), Charro, Alemán (Adrián, min.59).
  • Goles: 0-1, min.15: Cheo de falta tras tocar na barreira; 1-1, min.20; 2-1, min.44; 2-2, min.73: Cheo de centro chut; 2-3, min.78: Charro dende a media lúa.
  • Expulsión: o malpicán Tato dende o banco no descanso por protestar.
  • Lesión: o malpicán Ismael cunha luxación da clavícula e estará de baixa entre 3 e 4 semanas.

Partido moi disputado en Sillado nun campo demasiado pequeno para este Malpica afeito a correr. O Malpica acusou na primeira mitade o poñer de defensas centrales a Marco e a Mario, que disputaran poucos minutos nos últimos partidos. Dominaba o cadro visitante pero sen crear demasiado perigo. Así e todo, o Malpica adiantaríase cun tanto de Cheo pero o Laro daba a volta ao marcador antes de ir aos vestiarios.

Na segunda parte o Malpica logrouse sacudir ao equipo rival e empezou a poñer cerco a sua portería. De feito, durante os segundos 45 minutos o Laro apenas conseguiu chegar a meta de Suso, mentres que os de Baña si que fixeron dano con continuas chegadas. Cheo, de novo con algo de sorte, empatouy, e foi Charro, cun fermoso gol dende a frontal, o que rubricou a vitoria malpicá que o mantén moi arriba e de paso lle fai un favor aos seus veciños da Costa.

Laro-Malpica-Foto-Wash-Calvo-2

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios