Comezo de marzo, tras unha semana de polémica entre as directivas do Fisterra e do Dumbría, que nos trae unha xornada completa de #futboldacosta. E por certo, como está o twitter futbolbeiro de activo ultimamente, e aproveitamos para agradecer a todos os que nos mandades os resultados en tempo real!!).
E comezamos a análise da xornada, unha xornada que deixaba 3 auténticos partidazos, un en cada liga Autonómica. E o facemos pola Preferente, onde os nosos non perderon nas respecticas e complicadas saídas. O Dumbría volvía coa maior recompensa cunha vitoria ante o Val que o achega de novo ao Xallas de Santa Comba. Un cadro xalleiro que empataba en Ribadeo, mantendo a distancia co equipo mariñao, pero deixando pasar a un Laracha que non fallaba ante o Viveiro. Quedan agora xalleiros 5º, con 42, e dumbrieses 6º con 39, a 7 e 10 puntos da 3ª praza, a que ocupa o Boiro.
Un pouco máis abaixo, con 33, está o Soneira, que volvúa cun puntiño que sabe ben da Coruña, e que serve para manter a boa liña dos de Candamo.
O partidazo da 1ª Autonómica xogábase no Hermanas Patiño. O derbi entre camariñáns e fisterráns tivo moitas alternativas e rematou cun empate que lle sabe mellor aos verdes, que mantén así os 4 puntos de vantaxe sobre os de Berto. 2 puntos por abaixo do Camariñas segue o Ponteceso tras empatar na casa ante o Piloño, no que era unha gran oportunidade de saír dos postos de descenso e meter en problemas ao rival. Polo menos, o Malpica, na súa liga, fixo un favor aos 3 veciños, vencendo na casa do Laro que queda con 25 puntos, entre Camariñas e Ponteceso.
A xornada na 2ª Autonómica tiña os ollos postos no Platas Reinoso. Dous dos máis históricos clubes da bisbarra, e dous dos mellores equipos da categoría enfrontábanse situados na 2ª e 3ª praza con só un punto de diferencia entre ambos. E tras un partido de tanta intensidade coma respeto, o marcador non se movía e o Baio segue mantendo o seu punto de distancia sobre o Cee. Un empate que aproveitou a Esteirana para escapar un pouco máis no liderato. Os de Marcelo acabaron pedindo a hora ante o San Lorenzo pero xa sacan 7 puntos aos baieses e 8 aos ceenses a falta de 9 xornadas.
Por abaixo, moitas vitorias dos máis necesitados. Cómpre destacar a vitoria do Montelouro, tras 4 derrotas consecutivas e acadar só 3 puntos nos últimos 16 partidos. Conseguiuno ante o pechacancelas, un Dumbría B se fe. Pero non lle serve de moito a vitoria aos loureáns, pois tanto o Mazaricos coma o Outes sumaban os 3 puntos, mentres que o Cabana sacaba un empate de San Andrés. As derrotas de Carnota, Buño e Volantes obríganos a ter moito ollo ca zona baixa.
En 3ª, o partidazo da xornada era o IDC-Camelle, cos dous equipos no máis alto. E a cousa quedou cunha gran vitoria xestada nuns tremendos primeiros minutos de partido cando á media hora o marcador xa sinalaba un claro 3-0 para os locais. Con esta vitoria quedan empatados carballeses e camelláns na primeira praza, se ben o golaverage é para os carballeses que ademais teñen un partido menos. O Porteño queda a 3 dos líderes tras vencer con comodidade ao Xaviña no derbi camariñán, único partido adiantado ao sábado.
Pero houbo salientables sorpresas na loita pola promoción. O Cerqueda non pasaba do empate ante o Nantón, e cun gol nos últimos intres. O Soneira B tamén caía ante o Alcaián, igual que o Ameixenda ante o Corcoesto. Ademais o Laxe non pasaba do empate ante o Coristanco, mentres que no choque máis igualado, remataba en táboas entre Muxía e Baíñas co que todo queda igual, con 6 equipos en 8 puntos.
Nos Xuvenís, nunha xornada matutina, parece que a cousa vai collendo unha dirección. O Cabana ten pé e medio na Fase de Ascenso, tras reafirmarse no Conco como o equipo que está en mellor forma superando ao Dumbría por 1-2. O líder saca 4 puntos ao XSC, que vencía a un Ponteceso cheo de cadetes con tanteo de tenis, e o máis importante, 8 puntos ao Dumbría cando faltan 3 xornadas. O Malpica podía meterse 3º pero non conseguía pasar do empate ante un Fisterra que a pesar de perder todas as opcións segue competindo. Así, o XSC tamén ten boa parte do camiño feito.
Nas Copas, a cousa segue igualada. No Gr.1, o Laxe sorprendía ao Baio mentres o Outes segue ao seu afundindo máis a un Muros que quere acabar a agonía canto antes. No Gr.2, o Cee ponse líder trala derrota do Coristanco ante un Corme que vai collendo enteiros. Mazaricos e Soneira loitarán por evitar esa última praza trala vitoria da Esteirana no Pino do Val.
Mala xornada para os nosos nas Ligas Galegas. En Cadetes, Bergan e Dumbría caían ante Deportivo B e Negreira, deixando o Dumbría a 3ª praza, que dá acceso á División de Honra, ao Ural. En Infantís, o Dumbría descansaba e o Bergantiños tamén caía ante o cadro branquiazul.
Preferente, xornada 27
Ribadeo | 0-0 | Xallas StComba |
O Val | 1-2 | Dumbría |
Silva | 0-0 | Soneira |
1ª Autonómica, xornada 25
Ponteceso | 2-2 | Piloño |
Laro | 2-3 | Malpica |
Camariñas | 2-2 | Fisterra |
2ª Autonómica, xornada 25
Montelouro | 3-1 | Dumbría B |
Esteirana | 3-2 | San Lorenzo |
Muros | 4-5 | Corcubión |
Corme | 2-1 | Volantes |
Sofán | 4-3 | Castriz |
Carnota | 1-5 | Outes |
Baio | 0-0 | Cee |
Zas | 1-1 | Cabana |
Mazaricos | 1-0 | Buño |
3ª Autonómica, xornada 25
Xaviña | 3-5 | Porteño |
Muxía | 1-1 | Baíñas |
Corcoesto | 3-0 | Ameixenda |
Alcaián | 2-1 | Soneira B |
Laxe | 0-0 | Coristanco |
Cerqueda | 4-4 | Nantón |
Indep. Carballo | 3-0 | Camelle |
- Descansa Lira.
- Fisterra B - Castrelo (0-2) por retirada do filial fisterrán.
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Falega Xuvenil, xornada 7
Xallas StComba | 6-1 | Ponteceso |
Dumbría | 1-2 | Cabana |
Fisterra | 5-5 | Malpica |
Liguilla da Copa da Costa, Gr.1, xornada 7
Muxía | 3-3 | Camariñas |
Baio | 0-4 | Laxe |
Muros | 1-5 | Outes |
Liguilla da Copa da Costa, Gr.2, xornada 7
Mazaricos | 2-3 | Esteirana |
Cee | 4-0 | Soneira |
Corme | 4-1 | Coristanco |
Liga Galega Cadete, xornada 24
Negreira | 3-0 | Dumbría |
Bergantiños | 1-4 | Deportivo B |
Liga Galega Infantil, Playoff polo título, xornada 4
Deportivo | 4-0 | Bergantiños |
1ª Cadete, xornada 17
Outes | 3-3 | Muros |
Cee | 5-2 | Coristanco |
Esteirana | 5-0 | Xallas StComba |
Con. de Carnota | 0-3 | Ponteceso |
Fisterra | 7-1 | Baio |
Zas | 5-0 | Muxía |
Porteño | 5-6 | Cabana |
1ª Infantil, xornada 21
Corme | 2-6 | Coristanco |
Sofán | 0-6 | Esteirana |
Xallas StComba | 4-0 | Cabana |
Baio | 4-2 | Fisterra |
Cee | 5-0 | Outes |
Os Miudos | 7-1 | Ponteceso |
Muxía | 2-8 | As Baleas |
Ligas de Veteranos, xornada 24
1ª División
Bergantiños | 1-3 | San Lorenzo |
Coristanco | 5-1 | Nantón |
Soneira | 3-1 | Bértoa |
Ponteceso | 0-1 | Castriz |
Camariñas | 1-1 | Zas |
Corcubión Vet. | 0-1 | San Román |
Cabana | 7-4 | Xv. Bergantiños |
Baio | 6-3 | Vimianzo |
2ª División
Muros | 2-4 | At. Milagrosa |
Agualada | 2-2 | Cerqueda |
Malpica | 1-0 | Porteño |
Laxe | 6-0 | Buño |
Sofán | 0-1 | Corcoesto |
Poniente | 2-0 | Dep. Carballo |
Corme | 1-0 | Leiloio |
Máis información
Novas relacionadas
Crónicas da semana
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).