Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Preferente: Sen derrotas fóra da casa

Preferente: Sen derrotas fóra da casa
Maikel a semana pasada no Soneira-Grixoa-Foto- Soneira SD

Dous empates e unha vitoria non é mal balance para as tres saídas dos equipos costeiros na Preferente. Así e todo, son resultados que non lles serven demasiado, unha vez que na parte alta os de arriba seguen escapando, e o Soneira na metade da tába ten que seguir cun ollo mirando cara abaixo, pois son só 9 puntos os que o separan dos postos de descenso..

E por certo, o Soneira vén de anunciar a fichaxe de Mayuyo, procedente do Muros.

Ribadeo - Xallas StComba (0-0)

  • XSC: Diego, Martín, Rubén Forján, Pablo, Óscar, Orlando (Dani, min.90), Doro, Jota, Jesús (Mon, min.65), Pablo Baña (Darío, min.85), Noli (Javi Suárez, min.60).

Empate en Ribadeo que non permite recurtar distancias co Boiro. Pero é que o Ribadeo foi moi bo equipo, moi serio e o marcador non se moveu ante a boa actuación de ambos metas.

A primeira metade foi de control xalleiro, con Noli como home máis afiado en ataque. Na segunda o cadro local tivo algo máis de empurre pero os visitantes souberon manter a porta a cero.

O Val - Dumbría (1-2)

  • DUMBRÍA: Juan Porrúa, Tantán (David Carreira, min.77), Huete (Pablo Vidal, min.35), Rudi (Dani Casal, min.60), Pablo Conde, Aarón López, Aarón Fdez., Jesús (Leo, min.75), Piri, Iago, Luís (Iago Dosial, min.58).
  • Goles: 0-1, min.50: Iago cun golazo tras recoller unha deixada de Piri; 0-2, min.65: Piri de cabeza tras un centro de Pablo Vidal; 1-2, min.72.
  • Lesión: Huete con problemas musculares.

Ben merecida vitoria do Dumbría en Narón, malia que acabou pedindo a hora cun final forte dos locais. Primeira parte moi boa dos dumbrieses, e iso que o marcador non se moveu a pesar das ocasións de Jesús e Iago. Ademais, pediron un par de penaltis na primeria por unhas mans e unha patada sobre Piri que o colexiado non sinalou.

Comezou forte a segunda metade en nos primeiros 20 minutos se colocaban por diante cos tantos de Iago e Piri. Co 0-2 meteuse algo atrás o Dumbría e O Val empurrou algo pero non demasiado. A parte do gol, non tiveron ocasións claras para empatar, e malia que algo se sufríu nos últimos intres con balóns arriba, a defensa estivo moi seria.

Silva - Soneira (0-0)

  • SONEIRA: Cheli, Pichi, Iván Cerilla, Maikel, Richi, Curra, Baba, Adrián, Míchel, Cristian, Adrián Mackaay. Tamén: Basti, Javi David e Víctor.

Un empate colleitaron os de Felipe Candamo ante un rival nunha posición parella. Un empate que se ben non serve para relaxarse si serve para manter a boa liña dos soneiráns e seguir sumando.

Foi un choque que comezaba con demasiado respecto e pouco atrevemento por parte dos dous bandos. Pero era o Silva o mellor asentado e apenas Adrián Mackaay probaba dende lonxe ao meta local. Mentres, na outra área, Cheli si que tiña bastante traballo, que soventou con calidade.

Na segunda o Soneira desperezouse e Adrián Mackaay avisaba de falta. Os locais buscaban balóns longos ás costas da defensa pero non dixeron demasiado dano. A mellor ocasión dos vimianceses en todo o partido chegaba case que co tempo cumplido cando Basti tirou pero o porteiro lanzou a córner.


Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios