Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Xuvenís: Cabana e XSC escapan

Xuvenís: Cabana e XSC escapan

Nova xornada, e só quedan 3, das segundas fases das Ligas Xuvenís. E foi matutina esta xornada pois 7 dos 9 partidos xogáronse durante a mañá do sábado. Feito que lle sentou mellor a uns que a outros...

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Falega Xuvenil, x. 7

O Cabana ten pé e medio na Fase de Ascenso a Liga Galega Xuvenil-Foto- Santi Diaz

Escapan Cabana e Xallas de Santa Comba tras esta 7ª xornada. De feito, o Cabana practicamente ten pé e medio na Fase de Ascenso, pois bastaríalle un punto nas 3 vindeiras xornadas para rubricar o seu pase. Non tan sinxelo o ten o XSC, pero conta con 4 puntos de vantaxe sobre o Dumbría que son unha gran bagaxe a estas alturas.
Só o Dumbría e o Malpica teén opcións de meterse aínda, unha vez que Fisterra e Ponteceso xa non teñen posibilidades matemáticas.

As dúas vindeiras xornadas perfílanse claves, pois terá lugar un Cabana-XSC no que dumbrieses e dumbrieses esperarán unha vitoria local; quedando para a penúltima xornada un clave XSC-Dumbría.

Dumbría - Cabana (1-2)

  • DUMBRÍA: Jose María, Roi (Maikel, min.45) (Dito, min.65), Denís (Alex Siaba, min.45), Cabana (Kevin, min.75), Jose, Adrián Alcaina, Samuel, Miki, Javi, Israel (Lucas, min.55) e Martín.
  • CABANA: Sergio Aranzubía, Raúl, Duda, Samuel, Dani, Pablo, Aless, Laik, Cristian Fuentes, Moreno, Iván Mato. Tamén: Fraga, Jonathan, Alex, Cristian Varela, Adrián.
  • Goles: 0-1, min.5: Moreno; 0-2, min.30: Aless; 1-2, min.85: Alex Siaba.

Vitoria clave do Cabana no Conco para case que certificar o seu pase á Fase de Ascenso á Liga Galega. Gran momento no que se atopa o cadro de Carracedo, cun 11 foi firme, moi competitivo, duro e efectivo. O Dumbría, algo máis inexperto, non puido coa veteranía e a solvencia cabanesa, que tiraron dos seus grandes nomes para vencer o partido.

Así e todo o cadro dumbriés apretou e moito, e de feito, un empate tivera sido un resultado máis xusto. Tivo a sorte de cara o Cabana que pronto se adiantaba por medio de Moreno. O choque, de gran rivalidade, convertíase nun ida e volta, pero era o Cabana o que asinaba o segundo.

Á media hora xa replegaba filas o cadro rossonero e dende aí ata o final o Dumbría foi o que máis dominou e o que máis buscou a meta contraria, ante un Cabana que se dedicou a gardala roupa. E tan ben gardada pola defensa e por un Sergio Aranzubía espléndido, que salvaba aos visitantes con dúas intervencións boísimas antes do descanso con dous chutazos de Javi que ían á escuadra.

O Dumbría, que xa tiña merecido o empate, seguiu remando na segunda. Pero tardou en romper a rede cabanesa e foi Alex Siaba o que recurtaba faltando 15 minutos. Tocou sufrir ante as embestidas locais, pero os visitantes mantiveron a liña ben plantada e mantiveron a renda.

Fisterra - Malpica (5-5)

O Fisterra Xuvenil-Foto- Lis E Porto
  • FISTERRA: Ángel, Moisés, Suárez (Adri, min.46), Cartamil, Carlos (Noé, min.46), Antonio (Josema, min.46), Josiño (Álex, min.55), Hidalgo, Javi, Abel, Rubén.
O Malpica Xuvenil ten complicado o pase-Foto-Luis E Porto
  • MALPICA: Ángel, Víctor Novo, Canario, Lexi, Joro (Aitor, min.65), Kevin (Miguel Ángel, min.71), Eme (Diego, min.60), Guille (David, min.80), Martín Maradona (Almeida, min.62), Juny, Pitís.
  • Goles: 1-0, min.10: Josiño de penalti cometido sobre el; 1-1, min.14: Pitís aproveita un rexeite de Ángel a tiro de M. Maradona; 2-1, min.15: Abel de espola a centro de Hidalgo; 3-1, min.43: Abel de cabeza a centro de Hidalgo; 3-2, min.50: Eme de penalti por mans; 3-3, min.54: Juny en velocidade a pase de Pitís; 4-3, min.55: Abel de cabeza nun córner de Hidalgo; 5-3, min.60: Alex rouba a Canario e bate a Ángel; 5-4, min.65: Pitís a centro de Lexi; 5-5, min.70: Lexi a centro de Almeida.
Capis do Malpica e do Fisterra xuvenil co colexiado-Foto- Luis E Porto

Partido de todos en Ara Solis entre dous equipos que necesitaban a vitoria para non perdelo tren da Fase de Ascenso. E rematou nun empate que non serve a ningún.

A primeira metade o Fisterra conseguiu unha boa vantaxe aproveitando as inusuais facilidades defensivas dos de Tato por arriba. Na segunda o Malpica conseguiu empatar pronto o partido, pero aí o choque convertiuse nun ida e volta no que cada chegada era gol. Ao 3-3 de Juny respondía de contado Abel e Alex co 5-3. Pero non pasaron 10 minutos sen que o Malpica empatase de novo por medio de Pitís e Lexi. Co empate a 5 aínda tiveron os dous equipos ocasións para rompelo. Primeiro o fisterrán Alex mandou ao poste; despois Juny marra un man a man para os malpicáns; Víctor Novo salva baixo paos un cabezazo de Javi para os fisterráns e o meta fisterrán salva outro man a man ante Lexi.

Xallas StComba - Ponteceso (6-1)

  • Goles: Landeira (3), Steven, Iván Pastoriza e Tefi para os xalleiros.

Partido sen historia en Fontenla entre un cadro xalleiro en plena forma e pensando xa na fase de Ascenso e un Ponteceso pensando máis ben no ano que vén. I é que tras ser o mellor equipo da Liga Regular, esta promoción chegou no peor momento para os de Mato, que xa están reservando os mellores xuvenís para o primeiro equipo, e están dando minutos aos cadetes. Polo lado contrario, os xalleiros teñen fame de triunfos e de asegurar a súa praza na Fase.

Liguilla da Copa da Costa, Gr.1, xornada 7

Parece que o Muros queda descolgado na última praza, única que supón a eliminación da Copa, algo de tódolos xeitos non sería tan mal visto a estas alturas no cadro muradán. Os de Manolo Camello non podían facer nada esta semana ante un intratable Outes e ven como o Muxía escapa un pouco máis tras conseguir un empate ante o Camariñas.

Ademais, o Baio segue sembrando dúbidas e malia ser o favorito a priori do grupo, sucumbiu ante un Laxe impresionante, que xa o iguala na táboa. O gran protagonista do encontro foi un dos habituais no Laxe da 3ª, Saleta, que asinou 3 dos 4 tantos, sendo Martín o que puxo a guinda.

Liguilla da Copa da Costa, Gr.2, xornada 7

No Gr.2, a cousa está máis igualada. Por arriba, o Cee asalta o liderato tras vencer con solvencia ao Soneira cos tantos de Andrés (2), Lamela e Michi. Aproveitaron os de José Carlos o tropezo do Coristanco en Corme, ante un cadro azulón que parece ter mellorado moito nos últimos meses de competición.

Ademais, a Esteirana escapaba da zona baixa tras vencer na Picota, polo que deixa a Mazaricos e Soneira a dubidosa honra de loitar por evitar a última praza e quedar eliminados dos Oitavos da Copa.


Máis información

Crónicas de Xuvenís

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios