Nova fin de semana do 2013 e chega cargada de deporte. Ademais do balonmán, baloncesto, fútbol sala... temos unha xornada do fútbol da Costa cargada, cun intenso derbi en 1ª, o comezo das segundas fases de xuvenís...
E comezamos pola Preferente, onde chega unha xornada clave na loita polo ascenso. Dumbría e XSC teñen encontros vitais, contra rivais directos, que poden decidir moitas cousas. O Dumbría, 4º con 33, visita ao Bertamiráns, 2º con 38. Pero ademais, o XSC, 5º con 32, recibe ao Boiro, 3º con 34. Dúas vitorias os meterían de cheo na loita polo ascenso, mesmo directo, pero dúas derrotas podería alonxalos demasiado. Mentres, o Soneira poderá afundir ao Lemos na zona baixa e seguir respirando con total comodidade.
Pero o partido da xornada será na 1ª, e ten pinta de derbi a vida ou morte. Ponteceso e Camariñas enfróntanse no Pinguel coa permanencia en xogo. Ambos están no abismo, e se ben con dúas vitorias seguidas calquera dos dous meteríanse na metade da táboa, a día de hoxe están coa auga ao pescozo. Outro que tamén está en problemas é o Fisterra, que terá unha máis que complicada saída ante o 3º clasificado, o Estudiantil. Mentres, o Malpica, algo máis relaxado, pero que tampouco se pode despistar unha vez descolgado da zona alta, recibe ao Piloño, pensando na súa tranquilidade e en facer un favor aos seus veciños.
Na 2ª Autonómica hai varios derbis interesantes. O Montelouro necesita reaccionar tras 10 derrotas consecutivas e terá unha boa ocasión no derbi ante o Muros, que sempre implica máis garra. Ademais, por Bergantiños, o Sofán recibe a un San Lorenzo en clara melloría. O Carnota-Cee será, de seguro, un partidazo, mentres que o Zas-Esteirana parece que será o partido máis vistoso. Ademais, cómpre estar atento a dous choques da zona perigosa, como son o Volantes-Cabana e o Outes-Corcubión, nos que Volantes e Corcubión non poden deixar escapar puntos se non queren sumerxidos en problemas.
Na 3ª continúa a loita pola 6ª praza como gran foco de atención. Pero o partido da xornada será entre dous da zona alta, como son Cerqueda e Independiente. Os carballeses non queren perdelo ritmo do líder (un Porteño imbatido que recibe ao Nantón) mentres que os cerquedáns buscan subirse ao tren de arriba e afianzar polo menos a 4ª praza. Por detrás, haberá un interesante Soneira B-Ameixenda.
E como dicimos, comeza a segunda fase das Ligas Xuvenís, con especial atención á Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. I é que os 3 partidos de cada xornada será auténticos partidazos. Para esta primeira, podemos ver 3 fantásticos XSC-Malpica, Dumbría-Ponteceso (duelo de campións) e Fisterra-Cabana.
Preferente, xornada 21
Lemos
20/01 - 16:00
Soneira S.D.
Bertamiráns F.C
20/01 - 16:15
C.F. Dumbría
Xallas de Santa Comba CF
20/01 - 16:30
C.D. Boiro
1ª Autonómica, xornada 19
Ponteceso S.D.
20/01 - 16:00
Camariñas F.C.
S.C.D. Malpica
20/01 - 16:00
SD Piloño
Ag. Estudiantil
20/01 - 16:30
S.D. Fisterra
2ª Autonómica, xornada 19
Montelouro
20/01 - 16:00
Muros S.D.
Mazaricos C.F.
20/01 - 16:00
C.D. Baio
Sp. Zas
20/01 - 16:00
S.D. Esteirana
Corme C.F.
20/01 - 16:00
Dumbría C.F. B
U.D. Carnota
20/01 - 16:00
U.C. Cee
S.D. Castriz
20/01 - 16:00
Buño S.D.
S.D. Sofán
20/01 - 16:15
S.D.San Lorenzo
Volantes F.C.
20/01 - 16:30
Cabana S.D.
Outes C.F.
20/01 - 17:00
U.D. Corcubión
3ª Autonómica, xornada 19
Laxe
19/01 - 16:00
C.F. Castrelo
Soneira S.D. B
19/01 - 16:00
S.D. Ameixenda
Xaviña F.C.
20/01 - 16:00
Lira C.F.
S.D. Alcaián
20/01 - 16:00
Camelle S.D.
S.D. Coristanco
20/01 - 16:00
C.D. Baíñas
U.D. Cerqueda
20/01 - 17:00
Indep. Carballo
Porteño C.F.
20/01 - 18:30
C.D. Nantón
Descansa Muxía.
SDC Corcoesto - S.D. Fisterra B (2-0) pola retirada do filial fisterrán.
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 1
Xallas Santa Comba
19/01 - 16:00
Malpica
Dumbría
19/01 - 16:00
Ponteceso
Fisterra
19/01 - 16:00
Cabana
Liguilla da Copa da Costa, Gr.1, xornada 1
Muros
19/01 - 16:00
Camariñas
Baio
19/01 - 16:00
Outes
Muxía
19/01 - 16:00
Laxe
Liguilla da Copa da Costa, Gr.2, xornada 1
Mazaricos
19/01 - 16:00
Soneira
Coristanco
19/01 - 16:00
Esteirana
Cee
19/01 - 18:00
Corme
Liga Galega Cadete, xornada 18
Bergantiños C.F.
20/01 - 12:00
C.D. Conxo B
Xuventude Oroso
20/01 - 13:00
C.F. Dumbría
Liga Galega Infantil, xornada 19
C.F. Dumbría
19/01 - 11:00
Montañeros B.G.
Bergantiños C.F.
19/01 - 16:00
Galicia Caranza
1ª Cadete, xornada 11
Xallas StComba
19/01 - 10:30
Cabana
Muxía
19/01 - 10:30
Ponteceso
Coristanco
19/01 - 10:30
Baio
Muros
19/01 - 10:30
Fisterra
Cee
19/01 - 12:00
Con. de Carnota
Zas
20/01 - 10:00
Porteño
Outes
20/01 - 12:00
Esteirana
1ª Infantil, xornada 15
Vimianzo
19/01 - 10:30
Corme
Sofán
19/01 - 12:00
Os Miudos
Cabana
19/01 - 16:00
Coristanco
Cee
19/01 - 16:00
Baio
Fisterra
20/01 - 10:30
Ponteceso
Outes
20/01 - 10:30
As Baleas
Esteirana
20/01 - 10:30
Muxía
Descansa Xallas Santa Comba.
Ligas de Veteranos, xornada 18
1ª División
Soneira
20/01 - 10:00
San Román
Ponteceso
20/01 - 11:00
Vimianzo
Nantón
20/01 - 11:00
Camariñas
Corcubión Vet.
20/01 - 11:00
Coristanco
Castriz
20/01 - 11:00
Xv. Bergantiños
Bergantiños
20/01 - 11:00
Zas
Cabana
20/01 - 12:00
Baio
Bértoa
20/01 - 12:30
San Lorenzo
2ª División
Sofán
20/01 - 10:30
Corme
Porteño
20/01 - 11:00
Camelle
Corcoesto
20/01 - 11:00
Dep. Carballo
U.D. Cerqueda
20/01 - 11:00
Buño
Agualada
20/01 - 11:00
At. Milagrosa
Malpica
20/01 - 11:00
Muros
Poniente
20/01 - 12:30
Leiloio
Fútbol Sala
Os equipos do Fisober voltan a competición despois do parón navideño e do Campeonato de España de Seleccións territoriales disputado en Murcia e no que participou a xogadora muxiana Patri Romaní.
O equipo de Nacional recibe esta xornada ó Txantrea de Pamplona, o equipo navarro aventaxa ó Fisober en tres puntos na clasificación polo que se prevé un partido moi igualado. O equipo filial desplazarase o domingo a Carral donde se enfrontara ó colista da liga, o Fame Negra, dando comezo asi a 2ª volta da competición.
Liga 2ª División Nacional: Fisober vs Txantrea (Pamplona): Sábado ás 20:00h no Pavillón Municipal de Vimianzo.
Liga Provincial: - CD Fame Negra vs Fisober B: Domingo ás 11:00 h no Pavillón do Espiño de Carral. - Concello de Ponteceso F.S.F. - C.D. Mabegondo: sábado 19/01/2013 ás 18:00 no Municipal de Ponteceso. - Esteirana - Manureva Suevos: sábado 19/01/2013 ás 19:00 no Pabellon Jose Lago.
Volei
Este sábado 20 de xaneiro visitan A Coruña para enfentarse a Calasancias: - Cadete masculino e feminino (16:30h): Calasancias-Voleibol Dumbría. - Infantil masculino e femenino (18:30h): Calasancias- Manuela Rial. - Ademais, Comeza a Liga dos máis pequenos en Noia a modo de concentración o sábado pola mañá enfrentándose a Padrón, Rianxo, Ames, Boiro…
- 1ª Estatal: CALVO XIRIA – MAGOPE SEIS DO NADAL – COIA: 16/02/2013 ás 18:00 no P. ZONA ESCOLAR DE CARBALLO. - 1ª Autonómica: BM. CAMARIÑAS – RIBEIRO VIÑA COSTEIRA: 16/02/2013 no Areal.