Domingo. 19.05.2024
El tiempo

2ª Autonómica: A Esteirana mantense firme ante os Cee, Baio e Sofán

2ª Autonómica: A Esteirana mantense firme ante os Cee, Baio e Sofán
Imaxe do intenso derbi entre Baio e Zas-Foto- Jorge Parri ES Bazarra patrocina da crónica da Liga da Costa - Coñece as nosas ofertas en www.bazarra.com

Voltou intensa a competición e a segunda volta comezaba brava. Cunha Esteirana firme á fronte da táboa e sabendo loitar e superando unha das probas máis importantes da tempada, o Corme. Un Corme que non acaba de amosar o seu potencial e que queda a 15 puntos do líder e a 9 do grupo perseguidor.
Un grupo formado por Cee e Baio, e mais pola SD Sofán. O Cee remontaba ante o Outes e acababa gañando con facilidade mentres que o Baio asinaba táboas nun gran derbi zaense, ante un Zas que se mantén 5º con posibilidades. A SD tamén reaccionaba a tempo e superaba ao pechacancelas, o Dumbría B.

Por abaixo, o Cabana sae dos postos de descenso a costa dun Montelouro que non mellora co comezo do ano e xa son 10 partidos sen sumar. O que queda en postos de descenso directo, así e todo, é o Outes. O Mazaricos, que só sumaba expulsións en Muros, e o irregular Castriz, que caía no Cubaleiro e deixa respirar aos de Manolín, non se poden despistar.

Baio - Zas (1-1)

  • BAIO: Anxo, José Antonio, Pablo, Mario, Chema, Iago, Martín, Chucho (Fredi, min.80), Rubio (Jorge, min.66), Alberto (Cristian, min.73), MC.
  • ZAS: Elías, César (Martín, min.5), Pereiro (Pastor, min.81), Óliver, Víctor Vecino, Lagoa (Pablo, min.76), Peke, Rubio, Jaime, Diego, Pichín.
  • Goles: 1-0 min.60: Chucho cun golazo dende 30 metros; 1-1, min.90: Víctor Vecino.
Gran ambiente nas bancadas do Platas Reinoso para o derbi-Foto- Jorge Parri

Medio millar de persoas no Platas Reinoso para ver un dos mellores derbis dos últimos anos. Un derbi que chega cos dous equipos en boas horas, cun Baio espectacular loitando polo título, e un Zas, como revelación da tempada na 5ª praza e só a 7 dos baieses.

E o choque rematou nunhas xustas táboas, iso si, nun partido que puido rematar de calquera bando. Non foi o partido máis bonito da tempada pero si houbo moita intensidade. A primeira metade fo de tanteo e apenas houbo ocasións de gol.

Pero na segunda o partido puido caer dos dous bandos. Chucho facia boa a entrada e marcaba un golazo dende 30 metros que sorprendía por igual ao porteiro zaense Elías así como aos espectadores. O Zas veuse arriba e Rubio tivo 3 boas ocasións para a igualada mentres que MC e Martín tamén tiveron nas súas botas a sentenza.

O empate chegaría case no desconto, cando Víctor Vecino se erexía nunha xogada a balón parado e asinaba o tanto da xusta igualada.

Baio-Zas-Foto- Jorge Parri

Cee - Outes (3-1)

  • CEE: Parroto, Fiuza, Jorgito, Rafa (Mario, min.80), Berto, Fermín, Nico, Chiru (Carlos Leis, min.60), Diego Cespón, Rubén Yaya (Joserra, min.80), Víctor.
  • OUTES: José, Martín (Quin, min.88), Arturo, Borja, Chúa, Saúl, Pablo, Mario (Pablo, min.80), Deivi, Pesco (Lago, min.63), Miki.
  • Goles: 0-1, min.6: Saúl; 1-1, min.20: Rafa tras un córner botado por Diego Cespón; 2-1, min.40: Rubén Yaya a pase de Chiru; 3-1, min.76: Nico de cabeza a centro de Diego Cespón.

Superou o Cee as baixas e se mantén na zona alta tras remontar un partido se lle puña costa arriba. I é que saíron durmidos os de Floreal e José Carlos e aos 5 minutos Saúl metía por diante aos da Serra tras un erro defensivo. Pero o Cee volvía ao choque e Víctor, que voltaba ao 11 ceense, avisaba con dous bos tiros. Foi Rafa, á saída dun córner o que empataba, e antes do descanso unha boa xogada do novo Chiru deixaba a Rubén Yaya só para poñer por diante aos locais.

Na segunda o Cee limitouse a controlar ante un voluntarioso Outes que non puido facer dano. Nico foi o encargado de facer o segundo de cabeza tras un novo centro de Diego Cespón, non sen antes marrar un man a man con José.

Esteirana - Corme (1-0)

Esteirana-Corme- Foto- Liga da Costa
  • ESTEIRANA: Beni, Maceiras (Chispi, min.46), Simón, Dani Rama, Suizo, Pablo Serrano, Álex (Andel, min.76), Pepiño, Adelino, Kike (Eloy, min.89), Dani (Cajulo, min.46)
  • CORME: Javi, Adolfo, Alejandro, Jesús, Pandi, Martinciño (Juanma, min.76), Diego (Manu, min.46) (Adrián Doldán, min.79), Juan Chans, Lucas, Brais.
  • Gol: 1-0, min.59: Kike de córner directo coa axuda dun defensa.

Paso de xigante da Esteirana no Xosé Luís Vara Oliveira ante un dos chamados a loitar polo ascenso. Pero non acaba o Corme de asentarse, de atopar o seu xogo vibrante e vertical, i é que as baixas non deixan de acudiar aos azulóns.

Onte, a Esteirana demostraron saber sufrir ante un equipazo. A primeira metade deixou xogadas de gran calidade para os dous bandos, pero sen acerto cara o gol. O Corme estivo máis incisivo nos primeiros 45 minutos e os Lucas, Brais e Juan Chans facían dano á seria defensa azulgrana.

O momento clave chegaría aos 5 da segunda metade, cando un córner botado por Kike Paluca era peiteado por un defensa cormelán e acababa no fondo das mallas de Javi. Os azulóns viñéronse abaixo e os locais puideron dominar o partido ata o final, puidendo ampliar a renda.

Esteirana-Corme- Foto- Liga da Costa

San Lorenzo - Carnota (3-0)

  • SAN LORENZO: Abraham, Quillo, Adrián, Casillero, David, Anxo, Chucho (Palermo, min.60), Cachizo, Adonis (Dubra, min.73, Fuentefría (Robin, min.80), Javi Pensado.
  • CARNOTA: Luis de la Peña, Tono da Caixa, David Brea, Pedro de Pichín, Manolo Chouza, Lolo, Nakata, Manuel, Manuel Luis, Pablo Beiro, Jacobo.
  • Goles: 1-0, min.55: Fuentefría; 2-0, min.75: Javi Pensado cun golazo; 3-0, min.93: Quillo, de penalti.

Chegaba xusto o Carnota a Verdillo e pagou unha segunda metade algo baixa. Os locais aproveitaron un erro na reanudación para poñerse por diante. O Carnota intentou meterse no partido con Jacobo facendo o posible ante as habituais baixas dos Casti e Joselu. Pero cando mellor estaba o cadro visitante, Javi Pensado antou o golazo da tarde e sentenciou. O gol final de penalti foi a puntiña.

Buño - Volantes (3-2)

  • BUÑO Toni, Ángel, Alfredo, Diego, Rubén, Jorge Calvete, Emilio, Mauri (Gustavo, min.56), Elías (Gurita, min.63), Dani Calvete (Miguel Dourado, min.60), Víctor.
  • VOLANTES: Rubén Santos Juan do Sivil, Maikel Perrito (Yeray, min.80), Javi de Baño, David, Adrián, Martín, Brais, Pardelo, Nacho (Bolero, min.75), Chenel.
  • Goles: 1-0, min.55: Mauri; 1-1, min.65: Juan do Sivil; 2-1, min.70: Miguel Dourado; 2-2, min.80: Bolero; 3-2, min.88: Miguel Dourado.
  • Expulsións: o local Rubén (min.65) e os visitantes Brais e Bolero, tralo gol da vitoria local.

Segunda metade de tolos en Buño con 5 goles e gol polémico no último suspiro. Tras unha primeira metade de demasiado respecto, os goles comezaron a chegar, sendo unha segunda metade de ida e volta, con alternativas no xogo e no marcador. Mauri e MIguel Dourado adiantaban aos locais por duas veces, pero Juan do Sivil e Bolero anulaban a renda. E cando o partido morría en empate, que sería o máis xusto se ben o choque puido decantarse para calquera dos dous bandos, un balón saía por liña de banda pero o colexiado non pitou, a xogada continuou e Miguel Dourado fixo o defintivo 3-2.

Dumbría B - Sofán (1-3)

Imaxe do Dumbría B -Sofán-Foto- Jorge Parri
  • DUMBRÍA B: Fher, Adrián Alcaina, Kevin (Miki, min.46), Tati, Jesús da Anchoa (Fernando, min.60), Toja, Javi (Vicente, min.70), Pereira, Miki (Israel, min.46), Josiño (Maikel, min.80), Álex Siaba.
  • SOFÁN: Dani, Diego (Cantudo, min.86), Juanjo, Gustavo, Lista, Iván Rey, Eloy Cabeza, Eloy Boedo (Míchel, min.73), Iván Rojo, Abel (Edu, min.63), Suso Docampo (David Pensado, min.80).
  • Goles: 1-0, min.10: Josiño cun golazo de media chilena; 1-1, min.30: Abel, de penalti; 1-2, min.42: Abel de cabeza tras unha boa xogada colectiva; 1-3, min.85: Edu tras unha xogada de Eloy Cabeza.

Sufríu a SD para superar ao pechacancelas pero un arreón antes do descanso permitiu afrontar a segunda metade con máis comodide. O filial dumbriés, que chegaba ca baixa de Cacho, que volve ao Bertamiráns, se metía por diante con golazo de Josiño. Tardou en reaccionar o Sofán, con Suso Docampo de volta aos terreos de xogo, pero Abel aproveitou un penalti e marcou o gol clave, a 3 para o desconto, de cabeza.

Intentou na segunda metade o Dumbría B, e mesmo pediron un penalti por mans, pero o partido tornouse máis lento, e o Sofán non puido sentenciar ata faltando 5 minutos.

Dumbría-Sofán-Foto- Jorge Parri

Corcubión - Castriz (3-1)

  • CORCUBIÓN: Abelleira, Adán, Marcos (Miguel, min.60), Julito (Eduardo, min.43), Lema, Pablo, Sebas, David de Muxía, David Lourido (Cristian Lourido, min.88), Cristian, Johny (Javi, min.80).
  • CASTRIZ: Toño, Martín, Prego, Alejandro, Luis, Pepe (Bruno, min.60), David Agra, Rubén (Sergio Gerpe, min.60), Pose, Sebas (Pablo, min.70), Roberto.
  • Goles: 1-0, min.20: Cristian; 2-0, min.65: David de Muxía; 3-0, min.82: David Lourido de falta; 3-1, min.87: Roberto.

Gran partido do Corcubión ante o clásico ton baixo do irregular Castriz. Os de Manolín dominaron dende o principio e foi Cristian, impresionante revulsivo dende a súa chegada, o que abriu o marcador. As perlas da tarde chegaron na segunda metade, con dous golazos de David de Muxía e de David Lourido de falta directa. Só contra o final o Castriz reaccinou pero o tanto de Roberto non impide que o Corcubión se coloque nunha cómoda 12ª praza.

Muros - Mazaricos (2-0)

Muros-Mazaricos -Foto- Sara Ramos
  • MUROS: Fabio, Teo (Xandre, min.80), Javi de Vístete, David, Mayuyo, Lisardo, Pulpo (Juanchi, min.55), Gelo, Manu Dosil, Saúl (Cul, min.75), Sexo.
  • MAZARICOS: Dani, Chico, Tubi, Matías, Rodri, Marcos, Brais (Casáis, min.80), Cristian (Oreiro, min.50), Estéfano, Aldo (Molinos, min.55), José Ángel.
  • Goles: 1-0, min.25: Gelo tras unha xogada colectiva; 2-0, min.65: Mayuyo, de penalti.
  • Expulsión: Juanito Murciano, no banco muradán e aos amarelos Tubi (min.30) e Matías (min.65).

Non estivo ben o Mazaricos en Miraflores e ademais sufriu dúas expulsións que foron demasiado lastre para os amarelos. Gelo adiantou aos de Manolo Camello no ecuador da primeira, e Mayuyo, na xogada clave do partido, que acabou coa expulsión de Matías, sentenciou dende os 11 metros.

Cabana - Montelouro (4-0)

Cabana-Montelouro-Foto- Edu Olveira
  • CABANA: Añón, Eloy, Marcos, Iván, Ismael (David Sande), Fariña (Adrián Rama), Dani Mato (Adán), Sandro (Manolo do Cruceiro), Rubén, Iván Mato (Moreno), Berti.
  • MONTELOURO: Canario, Bolo, Álvaro, César, Pablo, Isma, Fernando, Chema, Denís, Luis, Pesco. Tamén xogaron: Pepe, Dani, Eduardo e Pedro.
  • Goles: 1-0, min.15: Iván Mato.; 2-0, min.30: Fariña; 3-0, min.65: Berti; 4-0, min.85: Marcos.

Terrible a racha do Montelouro que non reacciona neste comezo de 2013. 10 derrotas consecutivas e esta, ante un rival directo por envitar o descenso, cun banco dirixido polo porteiro xuvenil Sergio Aranzubía.

O Cabana, consciente do que se xogaba, saíu moi enchufado, e durante os primeiros 45 minutos só houbo dúas cores (azul e negro) sobre o campo das Redondas. Pronto se puxeron por diante por medio do xuvenil Iván, mentres que na segunda, o Montelouro desperezouse e botuose arriba, pero non foi quen de crear perigo, e os locais acabaron sentenciando.

Cabana-Montelouro-Foto- Edu Olveira

Máis información


Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios