Domingo. 19.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: O Camelle descólgase no exilio

3ª Autonómica: O Camelle descólgase no exilio

Primeira xornada da segunda volta e do ano e cun partido menos en liza trala retirada do Fisterra B. Xa saben que a retirada mantén os resultados do filian da primeira volta pero fai que todos os da segunda queden 2-0 para o equipo rival. Esto fai que sexan dous equipos os que descansen cada xornada e provoca que nas táboas de www.futboldacosta.com apareza por defecto a xornada 34, polo que para ver a clasificación teremos que ir á xornada en xogo, neste caso a 18ª.

No deportivo, o Porteño sufría para manter a imbatibilidade e superaba, con apuros, a un rudo Ameixenda. Por detrás, a só 3 puntos, comea o ano arrasando o IDC, endosando 8 tantos ao Xaviña. O Camelle é o que parece que se descolga e xa son 7 puntos os que o separan do líder. O Cerqueda parece o mellor situado na loita por entrar na promoción, unha loita que será intensa ata o final. Entre o Soneira B, 5º, e o Alcaián, 12º, só hai 8 puntos de diferencia polo as prazas estarán moi caras ao final da tempada.

Un dos partidos máis vistosos foi precisamente o derbi vimiancés, entre Baíñas e Soneira B, que demostra a boa saúde da 3ª da Costa, pois houbo moitos máis afeccionados no Municipal de Vimianzo para o sábado para ver ao Soneira de Preferente.

Camelle - Laxe (0-3)

As siareiras do Camelle non puideron celebrar a vitoria no exilio do Hermanas Patino-Foto- Blog SD Camelle
  • CAMELLE: Carlos de Dido, Coruña (Tedín, min. 50), Manuel (Adrián P., min. 50) Valiña, Matías, Varu (René, min. 83), Mario, Miguel, Jose (Sergio, min. 62), Javi Rañal e Barreiro (Adrián T., min. 83).
  • LAXE: Illote, Adrián, Jacinto, Naya, Pailos, Gora (Samuel, min.46), Borja, Mandi, Felipe, Saleta, Carrabete.
  • Goles: 0-1, min.25: Carrabete; 0-2, min.44: Mandi; 0-3, min.93: Felipe.
  • Expulsións: os locais Matías (min.57) e Miguel Riveiro (min.82) e o xogador visitante Carrabete (min.60).

Gran partido do Laxe, moi mellorado nos últimos tempos coa fichaxe de Gora no medio campo e cos xuvenís Carrabete e Saleta arriba, sumando xa 3 vitorias seguidas. E esta ante un dos 3 de arriba, un Camelle que sufríu demasiado o exilio no Hermanas Patiño de Camariñas ante o mal estado do Rodeiro, e sufría primeira derrota como local. Aínda así, a afección camellá volcouse co equipo e estivo apoiando en todo momento ao cadro.

Pero foi o Laxe mellor que o Camelle, e iso que os locais avisaban primeiro por medio de Miguel Riveiro a pase de Barreiro. Pero unha das poucas chegadas da dupla camellá, así como unha de Barreiro antes do cuarto de hora. O Laxe, moi ben situado, comezou a estirarse e o xuvenil Carrabete abría o marcador de cabeza.

Viuse abaixo o Camelle e o Laxe comezou a dominar con solvencia. Samuel mandaba un balón ao pao e Carlos de Dido salvaba un par de mans a mans ao propio Samuel e a Felipe. E xusto antes do descanso Mandi aproveitaba un córner para ampliar a renda.

A segunda metade foi un partido de tolos, entre un Camelle con moita distancia de liñas e un Laxe que lanzaba perigosas contras. O Camelle veuse arriba contra o final pero tampouco con demasiada fe, e as expulsións foron demasiado lastre, e foi Felipe o que acabaou sentenciando.

Castrelo - Coristanco (0-1)

  • CASTRELO: Iván, Mario, Estebo, Felipe, Marcos, Manolo, Edreira, David, Ismael, Germán, Sergio.
  • CORISTANCO: Fredi, Rubén (Héctor, min.46), Jonathan, Navarro, Cristian (Martínez, min.55), Iván, García, Torreira, Marcos, Damián, Gonzalo (Juan, min.60).
  • Gol: 0-1, min.70: Gonzalo tras un barullo nunha xogada a balón parado.

Vitoria apurada do Coristanco ante un Castrelo que non é o mesmo o Castrelo que o da primeira volta, e que empeza o ano ademais con varias caras novas, e sobre todo, moita máis firmeza e saber situarse sobre o campo. Ao principio puido marcar Ismael e Litos, con dúas ocasións, pero non acertaron e deixaron que o Coristanco, tamén cun equipo moi novo, fose tomando o mando. De aí ao descanso o Coristanco tivo varias ocasións, pero o gol da vitoria só chegaría faltando 20 minutos e tras un barullo.

A partir de aí, o Corisntaco meteuse atrás con algo e medo, e defendeu ben sen permitir que o Castrelo crease demasiado perigo.

Indep. Carballo - Xaviña (8-0)

  • IDC: Noé, Efrén (Joni, min.70), Scot, Castro, Dani Rosalía, Carlos, Míchel (Moreno, min.50), Cholo, Ivi (Adrián, min.60), Mario (Benítez, min.65), Juni.
  • XAVIÑA: Lalá, Chiriví (Elvis, min.80), Esteban, Juan Antonio, Rodri, Beto, Martelo, Felipe, David, Gatusso, Peke (Gallego, min.60).
  • Goles: 1-0, min.10: Cholo; 2-0, min.25: Cholo; 3-0, min.30: Juny; 4-0, min.54: Mario; 5-0, min.55: Juny; 6-0, min.60: Mario; 7-0, min.65: Juny; 8-0, min.80: Cholo de falta.

Partido controlado polo cadro de Da Silva, ante un Xaviña que se viu con 3-0 á media hora. A segunda metade só serviu para que os Juny, Mario e Cholo marcasen varios goles. Aquí vemos un gol de Cholo de falta da man de Bryan Lista:

Muxía - Corcoesto (2-0)

  • MUXÍA: Angel Luís (José Antonio, min.80), Luís Romaní (Pesqui xuv, min.20), Currás, Ángel do Claudio, Pataca, Javi (Martín, min.70), Santi Papi, David, Iván Lagoa (Ruso, min.75), Juan Prado (Julián, min.46), Pesqui.
  • CORCOESTO: Anxo, Ángel, Luís, Sergio, Alberto, Couto (Uruguaio, min.60), Xabi (Germán, min.55), Pablo, Javi, Josiño, Héctor.
  • Goles: 1-0, min.2: David; 2-0, min.35: Javi peinou unha falta lateral de Santi Papi.
  • Lesión: o avó muxián Luís Romaní cun tirón.

O Muxía sumou 3 novos puntos que o manteñen na 6ª praza. E o fixo nun partido que comezaba con un colexiado e dous liñas, pois dende o suceso que trouxo a sanción dun ano a Papi xa vén sendo habitual. O muxián segue sendo o míster pero dirixindo o equipo dende a bancada con Cabejo ou Suso da Dorna no banco.

A primeira metade foi mala por parte do Corcoesto que deixou dous erros que permitiron adiantarse aos locais, i que o Corcoesto chegaba con moitas e importantes baixas, sobre todo en defensa como a de Edelmiro. O primeiro xa os 2 minutos, por medio de David, e o segundo, cun tanto de Javi que peiteou lixeiramente unha falta indirecta botada por Santi Papi. O Muxía non pasou apuros neses primeiros 45 minutos.
Na segunda centrouse o cadro visitante, sen apuros atrás que estivo preto de recurtar por medio de Josiño, que marrou un par de ocasións, e outras de Javi e Xabi.

Agora tócanlle dúas semanas de descanso para o Muxía, pois lle toca descansar e despois o partido suspendido pola retirada do Fisterra B.

Lira - Alcaián (0-7)

  • LIRA: Domingos, Ismael, Xabi, Manolo de Abelleira (Santi, min.46), Fran de Muros, Miguel do Carocho (Mauro, min.60), Cristian, Suso Patachín, Suso Perico (Iago, min.46), Óliver (Saúl, min.20), Fran Perico.
  • ALCAIÁN: Fernando (Martín, min.73), Pombo, Lino, Facal, Marcos (Corral, min.70), Iván (Martínez, min.70), Daviciño, Rubén, Pichel (Framil, min.60), David, Marqués.
  • Goles: 0-1, min.1: Marqués; 2-0, min.20: David; 3-0, min.35: Daviciño de falta; 4-0, min.50: Daviciño de falta; 5-0, min.55: Rubén; 6-0, min.78: Framil; 7-0, min.85: Marqués.
  • Lesión: os visitantes Pichel e Fernando.

Partido para esquecer en Lira no que ante a falta de tensión dos xogadores, o míster Caluso decidiu, xa no descanso, presentar a súa demisión.
Os locais chegaban sen porteiro, e Domingos, que había varios anos que non pisaba un campo de fútbol, pouco puido facer aos tiros dende fóra da área dos rivais.

Agora o cadro liracho busca adestrador, e xa se barallan nomes como o de Manín.

Baíñas - Soneira B (3-1)

Imaxe do derbi de 3ª entre Baiñas e Soneira B cun gran ambiente no Municipal de Vimianzo
  • BAÍÑAS: Damián, Simón (Samuel, min.31), Sergio, Luís, Héctor, Iván, Cristian (Styven, min.80), Esteban, Fer (Diego, min.89), Tasky, Adrián (Víctor de Rus, min.60).
  • SONEIRA B: Rizos, Chuchi (Félix, min.83), Roi (Fern, min.90), Curra, Alberto, Jemisa, Cristian Canosa, Cristian Figueroa, Borja (Chino, min.75), Richi, Wii.
  • Goles: 1-0, min.30: Esteban cun golazo pola escuadra dende o borde da área; 1-1, min.48: Wii; 2-1, min.83: Tasky; 3-1, min.88: Esteban a pase de Cristian.
  • Expulsión: o soneirán Canosa no min.90.

Gran ambiente no derbi vimiancés, a meirande parte de cor verde, para ver se o Baíñas se mete na loita pola 6ª praza. E abofé que se mete o cadro de Pato, que chega en boa liña de resultados. Onte ademais, celebraron o debut de Víctor de Rus, que chega do Zas.
Foi un partido entretido, bastante igualado, sen demasiadas ocasións e moito respecto, cunha tensión entre xogadores típica de derbi pero sen chegar a máis.

Comezou o Baíñas dominando, con algo máis de ocasións, mentres que o Soneira B non atopaba o seu xogo e apenas chegaba. Adiantou Esteban cun golazo dende o borde da área á media hora. Empatou á volta do descanso o Soneira B, que se puido poñer por diante pero Damián desbaratou unha das poucas chegadas claras dos de José Ángel.

E o balón voltou ser do Baíñas, pero o gol non chegaría ata o min.83, cando Tasky decantaba a balanza e Esteban finiquitaba o partido. Aínda houbo tempo para un gol anulado por suposto fóra de xogo aos verdes, e unha expulsión, a do soneirán Canosa.

Ameixenda - Porteño (0-2)

  • AMEIXENDA: Sergio, Grille (Demetrio, min.57), Javichu (Diego, min.73), Alex, Bichiño, Mateo, Borja, Alberto, RIolo, Javier, Ramiro.
  • PORTEÑO: Pablo, Pejo, Cousillas, Maikol, Óscar, Ismael, Asier, Yuyo, Iago (Jose, min.46), David Toja (David Toja, min.85), Bieito (Jimmi, min.44).
  • Goles: 0-1, min.20: Bieito ao rexeite do pao aun tiro de David Toja; 0-2, min.85: Yuyo nunha contra tras un recorte.
  • Lesión: O visitante Iago.
  • Expulsión: visitante Pejo por doble cartón (min.55) e o o local Bichiño (min.80).

Partido bastante duro, pouco vistoso, no que lle tocou sufrir ao aínda líer imbatido. Primeira parte máis ou menos tranquila tralo gol inicial de Bieito. Pero na segunda, tornouse un partido moi bronco no que o colexiado non conseguíu calmar os ánimos.

Dende o principio da segunda os locais puideron empatar, sobre todo trala expulsión do Pejo, pero os tiros de Rioliño e Alex dende fóra non viron porta. Á contra tamén puido sentenciar o Porteño pero Nené e Yuyo fallaron un par de mans a mans.

Máis información


Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios