Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Preferente: O Dumbría supera ao XSC

Preferente: O Dumbría supera ao XSC
O Dumbría supera na táboa ao XSC tras vencer ao Ribadeo-Foto- Jorge Parri

Algo sosa está este ano a Preferente. E o puidemos comprobar o sábado no Municipal de Vimianzo, no que a afluencia de espectadores para ver ao Soneira foi moito máis baixa que para ver o derbi da 3ª entre o filial soneirán e o Baíñas.

En todo caso, no deportivo o Soneira non pasaba do empate ante o pechacancelas, pero se mantén na metade da táboa. Ademais, o Dumbría conseguía a vitoria da xornada, cun claro 3-0 ante o Ribadeo ao que alonxa da zona de arriba. Os de Canosa superan ademais ao Xallas de Santa Comba, que deixou escapar o partido e perdeu ante o Páramo, unha derrota que doe moito no seo do cadro de Corredoira, que ve como Grixoa e Bertamiráns seguen escapando (a pesar da derrota dos primeiros ante o Silva) e ven como o Boiro os adianta na táboa.

Dumbría - Ribadeo (3-0)

Dumbria-Ribadeo-Foto- Jorge Parri
  • DUMBRÍA: Juan Porrúa, Pablo Vidal, David (Huete, min.60), Aarón Fdez., Pablo Conde, Jesús (Riki, min.67), Piri, Iván (Leo, min.46), Dani Casal (Iago Dosil, min.85, Brais (Luis, min.75).
  • Goles: 1-0, min.15: Brais; 2-0, min.74: Leo; 3-0, min.89: Riki.

Tremendamente efectivo amosouse o Dumbría tralo parón de Nadal. Impuxeron os de Canosa un ritmo altísimo nos primeiros 20 minutos, e tiveron a sorte de marcar pronto por medio de Brais. Adiantou filas o cadro visitante e Juan tivo que facer un paradón a bocajarro, sendo, iso si, a única ocasión clara para os visitantes.

Na segunda o Dumbría adicouse a contemporizar. Cunha defensa moi seria non permitiu que os da Mariña se achegasen á meta e os locais tiraron de efectividade para nas dúas chegadas que tiveron, Leo e Riki sentenciaron o partido.

Leo volveu marcar no Conco-Foto- JOrge Parri

Soneira- Chantada (1-1)

  • SONEIRA: Cheli, Iván Cerilla (Javi, min.59), Michael, Sito, Fran de Urroa, Mayor, Darío, Baba (Bibi, min.72), Oscar (Toni de Muros, min.72) e Cristian Figueroa (Míchel, min.59).
  • Goles: 0-1, min.29; 1-1, min.42: Óscar.

Puido ser o cambio de horario, a nocturnidade ou o frío, o resultado foi un partido moi feo, sen apenas ocasións de gol, e o peor, dous puntos que se escapan do Municipal ante o colista. O Chantada, a pesar da súa posición na táboa foi un dos equipos que xogou con máis valentía en Vimianzo, sen especular co resultado e o premio foi un punto.

Na primiera metade non houbo máis tiros a porta que os dous goles. Primeiro un córner moi pechado foi tocado por Cheli, o balón rexeite no longueiro e cae na área pequena, un xogador visitante vindo dende atrás marca a pracer. Xusto antes do descanso, unha boa xogada pola banda dereita entre Pichi e Darío acaba co centro deste que é rematado por Óscar coa cabeza vindo dende o segundo pau. Na segunda a tónica non cambio, moita imprecisión nos locais e moito esforzo por parte do visitantes, entre tanto moita auga que enfriou a uns e a outros. Os porteiros non tiveron traballo e o marcador non se movería máis.

O Páramo - Xallas Santa Comba (2-1)

  • XSC: David, Forján, Guillermo, Pablo, Oscarín (Diego, min.88), Doro, Jota, Jesús, Orlando (Darío, min.60), Beiroa (Noli, min.68), Javi Suárez.
  • Goles: 0-1, min.7: Doro; 1-1, min.44; 2-1, min.89.

Non matou o partido o partido o cadro xalleiro na primeira metade e acabou deixándoo escapar case que no desconto. Os de Corredoira fixeron unha moi boa primeira metade. Doro adiantaba aos verdes e laranxas e cun control do xogo durante máis de media hora, chegaron 6 grandes ocasións que puideron sentenciar o partido. Beiroa, Javi Suárez, Doro, Orlando e Jesús tiveron as mellores nas súas botas, pero non estiveron acertados

E xando o partido marchaba ao descanso, e xusto tras unha gran ocasión de Orlando, un córner en contra provocou un barullo dentro da área e o balón acabou dentro das mallas de David.

Durante todo o segundo tempo, o XSC tivo o balón. Os locais conformábanse co resultado e botaban balón arriba, pero tampouco os xalleiros tiveron ocasións para volver poñerse por arriba. Pero nun balón colgado faltando apenas 1 minuto para os 90 regulamentarios, David non mediu a saída e entrou o gol para os locais, deixando sen premio.

Máis información


Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios