Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Resultados da primeira xornada completa do 2013 no fútbol da Costa

Resultados da primeira xornada completa do 2013 no fútbol da Costa
Fisterra-Puebla - Foto- Jorge Parri

E voltou ao completo o #futboldacosta tralo parón de Nadal. E volveu con intensidade, como non podía ser doutro xeito, cun ollo posto na última xornada da Liga Xuvenil, que abaixo analizamos. Pero sorprende, e xa viña sendo algo habitual, a diferente atención que viven as Ligas. Non deixa de resultar curioso que no Municipal de Vimianzo haia o doble de xente o domingo no derbi de 3ª entre Baíñas e Soneira B que o sábado para ver ao Soneira da Preferente. Pero xa se sabe cales son as auténticas Ligas da Costa.

Imaxe do derbi de 3ª entre Baiñas e Soneira B cun gran ambiente no Municipal de Vimianzo

En todo caso, o repaso semanal o comezamos sempre por arriba, pola Preferente, onde onte, precisamente o Soneira non pasaba do empate ante o Chantada nun soso e feo partido. Hoxe, o Dumbría celebraba o título xuvenil cunha cómoda vitoria ante un rival directo, o Ribadeo, ao que separa a 7 puntos. Ademais, os de Canosa pasan ao Xallas de Santa Comba, unha vez que os de Corredoira voltaban de baleiro de Páramo, unha dura derrota que os deixa 5º, a 1 do Dumbría, 2 do Boiro, e 6 do ascenso directo.

Na 1ª Autonómica, a xornada case non puido ser peor. Apenas un punto, colleitado polo Malpica en Amio, e que deixa aos de Baña na metade da táboa, pero xa moito máis cerca dos de abaixo que dos de arriba. Fisterra, Camariñas e Ponteceso empéñanse en seguir sufrindo e forman un grupo preto do abismo.

A primeira xornada do ano na 2ª Autonómica, deixa as cousas como estaba. A Esteirana mantén o liderato tras vencer no partido da semana ante un Corme que non acaba de acadar o rendemento que se lle esperaba. Por detrás, a 6 puntos, Cee, que non fallaba ante o Outes, e Baio, que empataba no derbi zaense, e que deixa aos veciños do Zas 5º con 32 puntos. Entre eles, o Sofán, que sufríu para vencer ao pechacancelas.
Por abaixo segue a ser preocupante a racha do Montelouro, que caía nas Redondas por 4-0 e ve como o Cabana o supera na táboa. Queda agora o Outes acompañanado ao Dumbría B neses dous postos de descenso directo. O Mazaricos segue con dificultades e caía en Muros, que pega un estiron como o Corcubión e o San Lorenzo.

En 3ª Autonómica voltaba a competición xa sen o Fisterra B. O Cerqueda é o primeiro en sumar ese 2-0 co que quedan todos os partidos do cadro fisterrán da segunda volta, xa actualizados en www.futboldacosta.com, polo que ao acceder á táboa da 3ª, teremos que pinchar a xornada en xogo, neste caso a 18ª.
A sorpresa da xornada tivo lugar en Camariñas, onde o Camelle, no exilio do Hermanas Patiño ante o mal estado do Rodeiro, caeu ante o Laxe por 0-3. Os camelláns deixa escapar a Porteño e Independiente, que non fallaban. O líder sufría un partido moi duro para superar ao Ameixenda, mentres que os carballeses non tiveron oposición nun Xaviña que acusou demasiado o parón.
No derbi vimiancés e ante unha gran expectación, o Baíñas vencía e se apunta á loita pola 6ª praza. Unha loita na que se mantén o filial soneirán, o Muxía, que podía co Corcoesto, o Laxe tralo seu vitorión; e os Ameixenda e Lira a pesar das derrotas, a dos lirachos, moi rotunda ante o Alcaián e que supón a dimisión de Caluso. O Nantón, que hoxe descansba, tamén está preto.

Xa temos campións xuvenís

O Dumbria Xuvenil celebrou o titulo-Foto- Jorge Parri

Xa o celebraba o Ponteceso antes do parón no Norte. E onte tocoulle celebrar ao Dumbría Xuvenil, tras vencer con moita comodidade ao Muros. A festa foi total no Conco para un cadro que buscará a Fase de Ascenso á Liga Galega ante os outros 5 equipos clasificados, que non son outros que Xallas de Santa Comba e Fisterra polo sur (o Cee quedou ás portas empatado a puntos cos fisterráns pero co golaverage individual para os verdes) e Ponteceso (campión destacado que o sábado rubricou o seu título vencendo ao Cabana nas Redondas), Malpica e Cabana.

Preferente, xornada 20

Soneira S.D. 1-1 S.D. Chantada
C.F. Dumbría 3-0 Ribadeo F.C.
S.D. O Paramo 2-1 Xallas de Santa Comba CF

1ª Autonómica, xornada 18

S.D. Fisterra 1-3 Puebla FC
SD Amio 1-1 S.C.D. Malpica
C.D. Unión 3-0 Ponteceso S.D.
Camariñas F.C. 0-3 C.F. Noia

2ª Autonómica, xornada 18

U.C. Cee 2-1 Outes C.F.
Cabana S.D.4-0U.D. Montelouro
Muros S.D. 2-0 Mazaricos C.F.
C.D. Baio 1-1 Sp. Zas
S.D. Esteirana 1-0 Corme C.F.
S.D.San Lorenzo 3-0 U.D. Carnota
U.D. Corcubión 3-1 S.D. Castriz
Buño S.D. 3-2Volantes F.C.
Dumbría C.F. B 1-3 S.D. Sofán

3ª Autonómica, xornada 18

Camelle S.D. 0-3 S.D. Laxe
C.F. Castrelo 0-1S.D. Coristanco
Indep. Carballo 8-0Xaviña F.C.
Muxía C.F. 2-0 SDC Corcoesto
Lira C.F. 0-7 S.D. Alcaián
C.D. Baíñas 3-1 Soneira S.D. B
S.D. Ameixenda 0-2 Porteño C.F.
  • O Fisterra B - Cerqueda xa ten resultado final trala retirada do cube fisterrán: 2-0.
  • Descansa Nantón.

Xuvenís, Gr.3, xornada 18

Xallas de Santa Comba CF 3-1 Outes C.F.
S.D. Esteirana 5-4Mazaricos C.F.
C.F. Dumbría 7-0 Muros S.D.
Soneira S.D. 0-6S.D. Fisterra
U.D. Corcubión 1-6 U.C. Cee

Xuvenís, Gr.4, xornada 18

Cabana S.D. 1-2 Ponteceso S.D.
Camariñas F.C. 5-2 Corme C.F.
S.C.D. Malpica 5-0S.D. Laxe
S.D. Coristanco 0-6C.D. Baio
Muxía C.F. 2-1Sp. Zas

Liga Galega Cadete, xornada 17

C.F. Dumbría 6-0 Montañeros B
Bergantiños C.F. 1-1 Imperator O.A.R

Liga Galega Infantil, xornada 18

Val do Ulla 0-2 Bergantiños C.F
R.C. Deportivo 10-0 C.F. Dumbría

Primeira Cadete, xornada 10

Cabana S.D. 9-1 Muxía C.F.
C.D. Baio 1-4Muros S.D.
Con. de Carnota 2-3 Sp. Zas
Xallas StComba 2-1 Outes C.F.
Ponteceso S.D. 4-1 S.D. Coristanco
S.D. Fisterra 2-4 U.C. Cee
Porteño C.F. 1-3 S.D. Esteirana

Primeira Infantil, xornada 10

Muxía C.F. 2-1E.M.F. Vimianzo
E.D. Os Miudos 0-2 U.C. Cee
Ponteceso S.D. 0-15 Cabana S.D.
As Baleas 2-9 S.D. Esteirana
Corme C.F. - S.D. Sofán
C.D. Baio 0-8 Xallas StComba
S.D. Coristanco - Outes C.F.
  • Descansa Fisterra.

Ligas de Veteranos, xornada 17

1ª División

Vimianzo 1-2Bértoa
Coristanco 3-1 Xuv. Bergantiños
Cabana 3-1San Lorenzo
Corcubión Vet. 5-4 Nantón
San Román 1-3 S.D. Castriz
Zas 4-2 Soneira
Camariñas 0-1Ponteceso
Baio 1-5 Bergantiños

2ª División

Máis información


Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios
Dep. Carballo 1-2Porteño
Leiloio 1-1 Camelle
Buño 0-1 Corcoesto
Muros 3-0Sofán
Laxe 3-1 Malpica
At. Milagrosa 1-3 Cerqueda
Corme 0-0 Agualada