mércores. 30.04.2025
El tiempo

Axenda deportiva da fin de semana

Axenda deportiva da fin de semana
Imaxe do Baio-Zas Foto-Jorge Parri

Nova fin de semana do 2013 e chega cargada de deporte. Ademais do balonmán, baloncesto, fútbol sala... temos unha xornada do fútbol da Costa cargada, cun intenso derbi en 1ª, o comezo das segundas fases de xuvenís...

E comezamos pola Preferente, onde chega unha xornada clave na loita polo ascenso. Dumbría e XSC teñen encontros vitais, contra rivais directos, que poden decidir moitas cousas. O Dumbría, 4º con 33, visita ao Bertamiráns, 2º con 38. Pero ademais, o XSC, 5º con 32, recibe ao Boiro, 3º con 34. Dúas vitorias os meterían de cheo na loita polo ascenso, mesmo directo, pero dúas derrotas podería alonxalos demasiado. Mentres, o Soneira poderá afundir ao Lemos na zona baixa e seguir respirando con total comodidade.

Pero o partido da xornada será na 1ª, e ten pinta de derbi a vida ou morte. Ponteceso e Camariñas enfróntanse no Pinguel coa permanencia en xogo. Ambos están no abismo, e se ben con dúas vitorias seguidas calquera dos dous meteríanse na metade da táboa, a día de hoxe están coa auga ao pescozo. Outro que tamén está en problemas é o Fisterra, que terá unha máis que complicada saída ante o 3º clasificado, o Estudiantil. Mentres, o Malpica, algo máis relaxado, pero que tampouco se pode despistar unha vez descolgado da zona alta, recibe ao Piloño, pensando na súa tranquilidade e en facer un favor aos seus veciños.

Na 2ª Autonómica hai varios derbis interesantes. O Montelouro necesita reaccionar tras 10 derrotas consecutivas e terá unha boa ocasión no derbi ante o Muros, que sempre implica máis garra. Ademais, por Bergantiños, o Sofán recibe a un San Lorenzo en clara melloría. O Carnota-Cee será, de seguro, un partidazo, mentres que o Zas-Esteirana parece que será o partido máis vistoso. Ademais, cómpre estar atento a dous choques da zona perigosa, como son o Volantes-Cabana e o Outes-Corcubión, nos que Volantes e Corcubión non poden deixar escapar puntos se non queren sumerxidos en problemas.

Na continúa a loita pola 6ª praza como gran foco de atención. Pero o partido da xornada será entre dous da zona alta, como son Cerqueda e Independiente. Os carballeses non queren perdelo ritmo do líder (un Porteño imbatido que recibe ao Nantón) mentres que os cerquedáns buscan subirse ao tren de arriba e afianzar polo menos a 4ª praza. Por detrás, haberá un interesante Soneira B-Ameixenda.

E como dicimos, comeza a segunda fase das Ligas Xuvenís, con especial atención á Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil. I é que os 3 partidos de cada xornada será auténticos partidazos. Para esta primeira, podemos ver 3 fantásticos XSC-Malpica, Dumbría-Ponteceso (duelo de campións) e Fisterra-Cabana.

Preferente, xornada 21

Lemos 20/01 - 16:00 Soneira S.D.
Bertamiráns F.C 20/01 - 16:15 C.F. Dumbría
Xallas de Santa Comba CF 20/01 - 16:30 C.D. Boiro

1ª Autonómica, xornada 19

Ponteceso S.D. 20/01 - 16:00 Camariñas F.C.
S.C.D. Malpica 20/01 - 16:00 SD Piloño
Ag. Estudiantil 20/01 - 16:30 S.D. Fisterra

2ª Autonómica, xornada 19

Montelouro 20/01 - 16:00 Muros S.D.
Mazaricos C.F. 20/01 - 16:00 C.D. Baio
Sp. Zas 20/01 - 16:00 S.D. Esteirana
Corme C.F. 20/01 - 16:00 Dumbría C.F. B
U.D. Carnota 20/01 - 16:00 U.C. Cee
S.D. Castriz 20/01 - 16:00 Buño S.D.
S.D. Sofán 20/01 - 16:15 S.D.San Lorenzo
Volantes F.C. 20/01 - 16:30 Cabana S.D.
Outes C.F. 20/01 - 17:00 U.D. Corcubión

3ª Autonómica, xornada 19

Laxe 19/01 - 16:00 C.F. Castrelo
Soneira S.D. B 19/01 - 16:00 S.D. Ameixenda
Xaviña F.C. 20/01 - 16:00 Lira C.F.
S.D. Alcaián 20/01 - 16:00 Camelle S.D.
S.D. Coristanco 20/01 - 16:00 C.D. Baíñas
U.D. Cerqueda 20/01 - 17:00 Indep. Carballo
Porteño C.F. 20/01 - 18:30 C.D. Nantón
  • Descansa Muxía.
  • SDC Corcoesto - S.D. Fisterra B (2-0) pola retirada do filial fisterrán.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 1

Xallas Santa Comba 19/01 - 16:00 Malpica
Dumbría 19/01 - 16:00 Ponteceso
Fisterra 19/01 - 16:00 Cabana

Liguilla da Copa da Costa, Gr.1, xornada 1

Muros 19/01 - 16:00 Camariñas
Baio 19/01 - 16:00 Outes
Muxía 19/01 - 16:00 Laxe

Liguilla da Copa da Costa, Gr.2, xornada 1

Mazaricos 19/01 - 16:00 Soneira
Coristanco 19/01 - 16:00 Esteirana
Cee 19/01 - 18:00 Corme

Liga Galega Cadete, xornada 18

Bergantiños C.F. 20/01 - 12:00 C.D. Conxo B
Xuventude Oroso 20/01 - 13:00 C.F. Dumbría

Liga Galega Infantil, xornada 19

C.F. Dumbría 19/01 - 11:00 Montañeros B.G.
Bergantiños C.F. 19/01 - 16:00 Galicia Caranza

1ª Cadete, xornada 11

Xallas StComba 19/01 - 10:30 Cabana
Muxía 19/01 - 10:30 Ponteceso
Coristanco 19/01 - 10:30 Baio
Muros 19/01 - 10:30 Fisterra
Cee 19/01 - 12:00 Con. de Carnota
Zas 20/01 - 10:00 Porteño
Outes 20/01 - 12:00 Esteirana

1ª Infantil, xornada 15

Vimianzo 19/01 - 10:30 Corme
Sofán 19/01 - 12:00 Os Miudos
Cabana 19/01 - 16:00 Coristanco
Cee 19/01 - 16:00 Baio
Fisterra 20/01 - 10:30 Ponteceso
Outes 20/01 - 10:30 As Baleas
Esteirana 20/01 - 10:30 Muxía
  • Descansa Xallas Santa Comba.

Ligas de Veteranos, xornada 18

1ª División

Soneira 20/01 - 10:00 San Román
Ponteceso 20/01 - 11:00 Vimianzo
Nantón 20/01 - 11:00 Camariñas
Corcubión Vet. 20/01 - 11:00 Coristanco
Castriz 20/01 - 11:00 Xv. Bergantiños
Bergantiños 20/01 - 11:00 Zas
Cabana 20/01 - 12:00 Baio
Bértoa 20/01 - 12:30 San Lorenzo

2ª División

Sofán 20/01 - 10:30 Corme
Porteño 20/01 - 11:00 Camelle
Corcoesto 20/01 - 11:00 Dep. Carballo
U.D. Cerqueda 20/01 - 11:00 Buño
Agualada 20/01 - 11:00 At. Milagrosa
Malpica 20/01 - 11:00 Muros
Poniente 20/01 - 12:30 Leiloio

Fútbol Sala

Os equipos do Fisober voltan a competición despois do parón navideño e do Campeonato de España de Seleccións territoriales disputado en Murcia e no que participou a xogadora muxiana Patri Romaní.

O equipo de Nacional recibe esta xornada ó Txantrea de Pamplona, o equipo navarro aventaxa ó Fisober en tres puntos na clasificación polo que se prevé un partido moi igualado.
O equipo filial desplazarase o domingo a Carral donde se enfrontara ó colista da liga, o Fame Negra, dando comezo asi a 2ª volta da competición.

Liga 2ª División Nacional: Fisober vs Txantrea (Pamplona): Sábado ás 20:00h no Pavillón Municipal de Vimianzo.

Liga Provincial:
- CD Fame Negra vs Fisober B: Domingo ás 11:00 h no Pavillón do Espiño de Carral.
- Concello de Ponteceso F.S.F. - C.D. Mabegondo: sábado 19/01/2013 ás 18:00 no Municipal de Ponteceso.
- Esteirana - Manureva Suevos: sábado 19/01/2013 ás 19:00 no Pabellon Jose Lago.


Volei

Este sábado 20 de xaneiro visitan A Coruña para enfentarse a Calasancias:
- Cadete masculino e feminino (16:30h): Calasancias-Voleibol Dumbría.
- Infantil masculino e femenino (18:30h): Calasancias- Manuela Rial.
- Ademais, Comeza a Liga dos máis pequenos en Noia a modo de concentración o sábado pola mañá enfrentándose a Padrón, Rianxo, Ames, Boiro…


Balonmán

- 1ª Estatal: CALVO XIRIA – MAGOPE SEIS DO NADAL – COIA: 16/02/2013 ás 18:00 no P. ZONA ESCOLAR DE CARBALLO.
- 1ª Autonómica: BM. CAMARIÑAS – RIBEIRO VIÑA COSTEIRA: 16/02/2013 no Areal.


Máis información


Crónicas da semana

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).

Comentarios