Traemos como cada venres, a Axenda Deportiva da fin de semana, axenda creada integramente polo equipo de QPC, como a Axenda Cultural da fin de semana.
E comezamos polo fútbol, destacando que a xornada está marcada polo gran partido da Liga da Costa. O Ponteceso recibe ao Camariñas no Pinguel, a partir das 18:30h do domingo, con toda a Costa pendente deste encontro que pode decidir media Liga. De gañar o Ponteceso de Berto abriría unha pequena fenda, pero de vencer o equipo de Manolín, os palilleiros collerían o liderato e a liga continuará fervendo.
No resto da xornada cómpre destacar que descansa o Soneira, por mor dunha ilóxica Liga de Preferente con 21 equipos. Na 1ª, encontros complicados para os nosos. Os de arriba intentarán manter os bos postos altos, e soñan cunha vitoria do Zas ante o Olímpico que poida ser positiva para todos. O Xallas, que vemos na foto, quere seguir en postos de ascenso e terá que vencer ao Unión, que está 8º pero a tan só 4 puntos dos de Iván Canela.
Na 3ª da Costa, o Corcubión e o Muros B teñen xornada doble. O Corcubión visitará Miraflores o sábado nun encontro aprazado da xornada 17, e o domingo xogará un derbi en Cee ante o Pereriña. Os de Manín poden colocarse de novo a tan só 2 puntos do ascenso.
Xa en xuvenís, o encontro máis salientable é o Zas - Corme, que servirá de pedra de toque para os de Suso da Torriña para ver se manteñen o envite do Dumbría B. E curioso ver no parte de sancións ata 9 sancionados na Liga Sur, por ningún da Liga Nirte...
Ademais esta fin de semana hai xornada quente das LCFs, xa que en infantís Carnota e As Baleas deciden o título da campaña de fútbol Sala en Carnota o sábado a partir das 16:00h.
1ª Autonómica, xornada 19
Xallas
15/01 - 16:00
Unión
Dumbría
16/01 - 16:00
Eume
Olímpico
16/01 - 16:00
Zas
Estudiantil
16/01 - 16:00
Cee
2ª Autonómica, xornada 19
Baio
16/01 - 16:00
Castriz
San Lorenzo
16/01 - 16:00
Carnota
Malpica
16/01 - 16:00
Club do Mar
Esteirana
16/01 - 16:00
Muros
O Pindo
16/01 - 16:00
Sofán
Porteño
16/01 - 16:00
Dumbría B
Fisterra
16/01 - 16:00
Corme
Buño
16/01 - 16:00
Vimianzo
Ponteceso
16/01 - 18:15
Camariñas
3ª Autonómica, xornada 19
Muros B
15/01 16:00h*
Corcubión
Lira
15/01 - 16:00
Laxe
Indep. Carballo
15/01 - 16:00
Coristanco
Cerqueda
15/01 - 16:30
Alcaián
Cabana
15/01 - 18:00
Xaviña
Atl. Pereiriña
16/01 - 16:00
Corcubión
Muros B
16/01 - 16:00
Corcoesto
Muxía
16/01 - 16:00
Nantón
Outes
16/01 - 17:00
Mazaricos
* Encontro que fóra aprazado na xornada 17.
Liga Nacional Xuvenil, xornada 17
Bergantiños
16/01 - 16:00
Lalín
Liga Xuvenil Sur, xornada 13
Santa Comba
15/01 - 16:00
Mazaricos
Corcubión
15/01 - 16:00
Esteirana
Cee
15/01 - 16:00
Outes*
Muros
15/01 - 16:00
Fisterra
Dumbría
15/01 - 18:00
Soneira
* O encontro entre o Outes e o Cee altera a orde e xógase en Cee.
Xornada 11 da Liga Galega Xuvenil: H. C. LICEO - C.P. XUNQUEIRA (sábado ás 17:00h na pista do Colexio Liceo da Coruña).
Baloncesto
Oso Polar Costa da Morte - Preciosport.com Adfro de Coruña: domingo 16 de xaneiro ás 17:00 no municipal de Cee.
Volei
Infantil Masculino: Rianxo-Manuela Rial (sábado 15 10:30 en Rianxo).
Xuvenil Femenino: Rianxo- Volei Dumbría (sábado 15 10:30 en Rianxo).
Infantil Femenino: Manuela Rial-Emeve (sábado 15 16:00 en Dumbría).
Cadete Femenino: Volei Dumbría-Emeve (sábado 15 17:30 en Dumbría).
Infantil Masculino: Manuela Rial-Sta Mª del Mar (domingo 16 10:30 en Dumbría).
Cadete Masculino:Volei Dumbría-Sta Mª del Mar (domingo 16 12:00 en Dumbría).
Tenis de mesa
Esta fin de semana os dous equipos do Anortosis xogan en Zasm o sábado 15 de xaneiro a partires das 17:00h.
2ª división galega: ANORTHOSIS VIMIANZO - ANDEIRO de Cambre
3ª división galega: ANGEPON - ADECO DEA OUTES-NOIA.
Balonmán
O Encaixe recibe éste sábado ás 16:30 horas ao B.M. Rasoeiro no encontro correspondente á primeira xornada da segunda volta da Primeira Autonómica Feminina, o choque terá lugar no pavillón O Areal de Camariñas e os colexiados serán Vanessa Pérez e Marcos Pérez.