Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Oso Polar afiánzase na metade da táboa da Liga FGB

O Oso Polar afiánzase na metade da táboa da Liga FGB
O Oso Polar Costa da Morte continúa a súa serie positiva ao conseguir a súa 3ª vitoria consecutiva na competitiva Liga FGB. Esta vitoria é a quinta da tempada para un balance de 5 partidos gañados e 5 perdidos que afianza ao equipo na metade da táboa, na 7ª posición a tan só unha vitoria do 3º clasificado. A quinta vitoria da tempada chegou ao imporse o Oso Polar ao Cluny a domicilio por 60 a 68.

Datos do encontro

  • Resultado: Cluny, 60 - Oso Polar Costa da Morte, 68.
  • Parciais: (27-13, 11-12, 6-23, 16-20)
  • Oso Polar Costa da Morte: Manuel (-), Roberto (23 ptos, 5t), Santi (7 ptos, 1t), José Ramón (9 ptos) y Pais (18 ptos) [cinco inicial]. También jugaron Iván (-), Fabián (2 ptos), David (9 ptos), Andrés (-) e José (-).
  • Cluny: Rico (25 ptos, 5t), Seoane (5 ptos), Catoira (2 ptos), López (4 ptos, 1t) y Renfigo (7 ptos) [cinco inicial]. También jugaron A. Rodríguez (12 ptos, 2t), Durán (1 pto), Aguado (4 ptos), J. Rodríquez (-), Blanco (-) e Villanueva (-).
Partido moi competido e igualado o que enfrontou ao Oso Polar e ao Cluny. O equipo de Santiago empezou moi acertado o partido sobre todo desde a liña de 6,25 ao anotar nos dous primeiros cuartos 7 de 9 en triplos. Isto acerto permitiu ao Cluny dispor dunha vantaxe que chegou a ser de 16 ptos mediado o segundo cuarto. El Oso Polar mostrábase dubitativo en ataque e tan só Pais con 12 ptos vía o aro con facilidade, chegándose ao descanso con 38 a 25 no marcador favorable ao Cluny. Tralo descanso o Oso Polar mostrou a súa mellor cara en ataque á vez que o Cluny baixou na súa porcentaxe de acerto desde o exterior. Cos interiores do Oso Polar impóndose tanto en defensa como en ataque e con Roberto acertado desde o perímetro (16 ptos nos dous últimos cuartos) o equipo da costa endosoulle ao Cluny un parcial de 6 a 23 que lle puña por diante no marcador. O último cuarto volveu ser favorable a un Oso Polar que co marcador a favor soubo administrar a súa vantaxe cunha gran defensa colectiva e paciencia á hora de mover o balón en ataque ata conseguir a mellor opción. Ao final 60 a 68 para un Oso Polar que continúa en refacho. Por parte do Oso Polar destacar as actuacións de Roberto con 23 ptos e 5 triplos no perímetro con porcentaxes de acerto moi elevados e o trío interior formado por Pais (18 ptos), José Ramón e David con 9 ptos cada un. Reapareceu tras a súa operación Andrés e seguiu sendo baixa por lesión para este partido Busto por lumbalxia.

Próxima xornada

A próxima xornada o Oso Polar Costa da Morte recibirá o domingo 16 de xaneiro ás 17:00 no municipal de Cee ao Preciosport.com Adfro de Coruña. Ambos os conxuntos atópanse empatados na clasificación con 5 vitorias e 5 derrotas.

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

  • Notas de prensa do Ferroatlántica Costa da Morte.

Comentarios