Tras ollar o sorpredente parte de sancións, repasamos a completa xornada deportiva desta fin de semana de 3 e 4 de marzo de 2012.
Comezamos polo fútbol, e repasamos a actualidade da Asociación de Clubes de Fútbol Federados da Costa da Morte, que mantiña unha asemblea este pasado martes. A nova máis destacada da xuntanza, á que acodían 14 clubes, foi a organización do 50 aniversario da Copa da Costa. A cita servíu tamén para explicar o sistema de ascensos para esta tempada á Liga da Costa.
Xa na xornada meramente deportiva, na Preferente haberá partidos dispares. O Soneira terá que sumar no campo do penúltimo, o Xove, e o Xallas poderá facerlle un favor aos soneiráns vencendo ao Mugardos, que están 3 puntos por debaixo dos vimianceses. Pola contra, Dumbría, xa sen Adrián Mackaay agora no Arousa, e Santa Comba terán encontros complicados como son o Grixoa e o indiscutible líder, a SD.
Na 1ª, duelo costeiro-coruñés. O Cee terá unha das últimas oportunidades ante o Victoria, que está na 15ª posición e marca a salvación con 13 puntos máis que os ceenses. Pola súa banda, o Pontecese poderá alonxarse definitivamente da zonabaixa de vencer ao Imperátor, que está 1 punto por debaixo dos de Marco.
Na Liga da Costa só hai un encontro adiantado ao sábado, o Buño-Club do Mar. Ademais para o domingo o Camariñas recibirá á Esteirana, o Fisterra visitará o sempre difícil Carral, e haberá un Corme-Malpica máis que interesante. Por abaixo tamén haberá varios choques directos, con Nantón-Mazaricos e Castriz-San Lorenzo como grandes partidos.
O partido da xornada 29 na 3ª é, sen dúbida, o Cabana-Carnota. 3º e 1º medirán as súas forzas nas Redondas con tan só 3 puntos de diferencia entre eles. Precisamente nas Redondas pasará a xogar dende esta fin de semana o Corcoesto, por obras no seu campo. E non se poderá perder ollo do Montelouro-Cerqueda e Outes-Porteño.
Este domigo 4 de Marzo, disputarase a I Carreira Pedestre Concello de Camariñas cun total de 322 persoas van a participar nesta primeira edición, superando con creces as espectativas creadas para este evento. 203 persoas se apuntaron para a proba absoluta, a de maiores de 18 anos. Tamén, 119 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 6 e os 17 anos se apuntaron para participar na categoría que lle corresponde, pitufo, alevín, infantil, cadete e xuvenil.