Venres. 26.04.2024
El tiempo

Novas vitorias dos pequenos do Manuela Rial de volei

Novas vitorias dos pequenos do Manuela Rial de volei

Os equipos alevín femenino, alevín masculino e benxamín conseguiron un pleno de vitorias nos seus enfrentamentos do sábado en Noia.

As alevíns venceron ante Boiro con claridade por 2-0 e seguen líderes empatadas con Noia. As costeiras xogaranse na última xornada o liderato.
Pola súa banda, os alevíns venceron a Ames de forma fácil 2-0 e Boiro por 2-0 pero nun partido máis disputado que tiveron que remontar. Os mozos tamén continúan líderes.
Ademais, hai que sumar a vitoria dos benxamíns por 2-1 a Rianxo e Lousame. Estes seguen 2º detras do Rianxo.

Derrotas das maiores en Monforte

Neste caso o pleno foi de derrotas ante as AD Pinguela de Monforte. O equipo xuvenil do Voleibol Dumbría perdeu por 3-0 (25-20 / 25-13 / 26-24) con dous sets disputados onde puideron conseguir algo máis.
As cadetes de Voleibol Dumbría perderon por 3-0 (25-12 / 25-9 / 25-19) de forma clara e as infantís do Manuela Rial perderon tamén por 3-0 (25-10 / 25-23 / 25-9) ofrecendo resistencia só no segundo set.

Vindeira cita

Esta fin de semana toca na casa ante Cambados e Vigo. Así, para o domingo 4 o pabellón de Dumbría acollerá os seguintes encontros:

  • 10:30h - Infantil femenino: Manuela Rial - Cambados.
  • 10:30h - Xuvenil femenino: Voleibol Dumbría - Cambados.
  • 12:00h - Cadete femenino: Voleibol Dumbría - Cambados.
  • 12:00h - Cadete masculino: Voleibol Dumbría - CV Vigo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurtuz Larrañaga.

Comentarios