Axenda Deportiva e Previa da fin de semana na Costa
Habemus Cadro da Copa da Costa 2013, a Champions do fútbol modesto, como nos di Alberto Pose. Pero sen tempo a dixerir o sorteo do 50 aniversario de tan senlleira competición, chega unha nova fin de semana completa de deporte. E con citas importantes, como un domingo clave no volei dumbriés, a Ruta BTT tamén en Dumbría, Surf!, baloncesto, balonmán, fútbol sala, vela, tenis de mesa...
Pero coma sempre, a atención centrámola no #futboldacosta, e na completa xornada de liga. E comezamos o repaso á Previa pola Preferente, onde pode ser unha xornada propicia se facemos caso á táboa, pois os nosos están moi por riba dos seus rivais. Ah, e abaixo deixamos os resultados da semana na Liga de Fútbol Sala de Cee.
Partidos clave na xornada 27 da 1ª Autonómica. Como ese Camariñas-Piloño, con só un punto de diferencia a favor do cadro visitante, e que pode permitir que os de Berto escalen varias posicións. Tamén será un choque directo o Lamela-Fisterra, ambos con 30 puntos, mentres que o Ponteceso recibirá a un máis complexo Villestro, 5º clasificado, pero ante o que necesita sumar. Por arriba, o Malpica terá a ocasión de achegarse ao Noia.
Non hai choques directos na 2ª Autonómica. A Esteirana recibe ao Corcubión, o Baio ao Buño e o Cee visita o pechacancelas, polo que a parte alta debería manterse igual. Por abaixo, o Montelouro (que non se apuntou á Copa) xa case que baixa os brazos, quedando sen porteiros no plantel, pero aínda así loitará por sacar algo ante o San Lorenzo.
Un partido salientable na 3ª Autonómica, na loita pola promoción. Cerqueda e Soneira B, 5º e 4º, enfróntanse coa necesidade de manter a súa posición privilexiada ante os que veñen por abaixo, como o Ameixenda, que xa caza aos cerquedáns sumando os puntos do filial fisterrán, o Laxe, o Muxía, ou o Baíñas, que visita ás Eiroas para enfrontarse ao líder. O Porteño visita Corcoesto e espera aproveitar o descanso do Camelle.
Pode que queden as Liguillas Xuvenís sentenciadas esta xornada. O Cabana, xa clasificado para a Fase de Ascenso á Liga Galega, pode cantar o alirón se vence ao Malpica ou se non gaña o Xallas de Santsa Comba ante o Dumbría, e precisamente o XSC necesita gañar e que non gañe o Malpica para rubricar o seu pase. Na Copa, co Muros xa eliminado no Gr.1, o Soneira pode verse fóra xa dos Oitavos se cae ante o Corme ou se gaña o Mazaricos ante o Coristanco.
Preferente, xornada 29
Taboada | 17/03 - 16:30 | Soneira |
Carral | 17/03 - 17:00 | Xallas StComba |
Dumbría | 17/03 - 18:15 | Dubra |
1ª Autonómica, xornada 27
Lamela | 17/03 - 16:30 | Fisterra |
Ponteceso | 17/03 - 16:30 | Villestro |
Camariñas | 17/03 - 17:00 | Piloño |
Noia | 17/03 - 17:00 | Malpica |
2ª Autonómica, xornada 27
Baio | 16/03 - 17:30 | Buño |
Dumbría B | 17/03 - 16:00 | Cee |
Montelouro | 17/03 - 16:30 | San Lorenzo |
Esteirana | 17/03 - 16:30 | Corcubión |
Muros | 17/03 - 16:30 | Cabana |
Mazaricos | 17/03 - 16:30 | Volantes |
Sofán | 17/03 - 16:30 | Carnota |
Zas | 17/03 - 17:00 | Castriz |
Corme | 17/03 - 17:00 | Outes |
3ª Autonómica, xornada 27
Xaviña | 17/03 - 14:00 | Coristanco |
Lira | 17/03 - 16:30 | Castrelo |
Muxía | 17/03 - 16:30 | Nantón |
Corcoesto | 17/03 - 16:30 | Porteño |
Alcaián | 17/03 - 16:30 | Laxe |
Indep. Carballo | 17/03 - 17:00 | Baíñas |
Cerqueda | 17/03 - 17:00 | Soneira B |
- Descansa Camelle.
- Fisterra B - Ameixenda (0-2)
Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 9
Ponteceso | 16/03 - 16:30 | Fisterra |
Xallas StComba | 16/03 - 16:30 | Dumbría |
Malpica | 16/03 - 17:30 | Cabana |
Liga Previa da Copa da Costa Xuvenil, Gr.1, xornada 9
Camariñas | 16/03 - 15:45 | Laxe |
Outes | 16/03 - 16:30 | Muxía |
Muros | 16/03 - 16:30 | Baio |
Liga Previa da Copa da Costa Xuvenil, Gr.2, xornada 9
Soneira | 16/03 - 11:30 | Corme |
Esteirana | 16/03 - 16:00 | Cee |
Mazaricos | 16/03 - 16:30 | Coristanco |
Liga Galega Infantil, Playoff Título, xornada 6
Bergantiños | 16/03 - 16:30 | Val Miñor |
Liga Galega Infantil, Playoff Descenso, Gr. Norte B, xornada 6
Negreira | 16/03 - 10:30 | Dumbría |
1ª Cadete, xornada 19
Outes | 16/03 - 10:30 | Coristanco |
Muros | 16/03 - 10:30 | Muxía |
Esteirana | 16/03 - 10:30 | Ponteceso |
Con. de Carnota | 16/03 - 10:30 | Fisterra |
Zas | 16/03 - 11:00 | Cabana |
Porteño | 16/03 - 16:15 | Baio |
Cee | 16/03 - 17:00 | Xallas StComba |
1ª Infantil, xornada 23
E.M.F. Vimianzo | 15/03 - 18:00 | Outes |
Sofán | 17/03 - 10:30 | Cabana |
Xallas StComba | 17/03 - 10:30 | Ponteceso |
Baio | 17/03 - 10:30 | Coristanco |
Corme | 17/03 - 10:30 | Muxía |
Fisterra | 17/03 - 11:00 | Cee |
Os Miudos | 17/03 - 12:00 | As Baleas |
- Descansa Esteirana.
- Fisterra-Cee alteran orde e xogan en Ara Solis.
Ligas de Veteranos, xornada 26
1ª División
Bergantiños | 17/03 - 09:30 | Ponteceso |
Soneira | 17/03 - 10:00 | Nantón |
San Román | 17/03 - 10:00 | Vimianzo |
Coristanco | 17/03 - 11:00 | Castriz |
Zas | 17/03 - 11:00 | San Lorenzo |
Cabana | 17/03 - 11:00 | Corcubión Vet. |
Camariñas | 17/03 - 12:00 | Xv. Bergantiños |
Bértoa | 17/03 - 17:30 | Baio |
2ª División
Sofán | 17/03 - 10:00 | Agualada |
Laxe | 17/03 - 10:00 | Camelle |
Muros | 17/03 - 10:00 | Dep. Carballo |
Poniente | 17/03 - 10:30 | Porteño |
Malpica | 17/03 - 11:00 | Cerqueda |
Corme | 17/03 - 12:00 | Buño |
At. Milagrosa | 17/03 - 12:00 | Leiloio |
Liga de Fútbol Sala de Cee
Estes son os resultados da semana:
Volei
O sábado 16 os xuvenís xogan contra Vigo ás 12:30h.
O domingo 17 será a gran cita do volei costeiro, pois xóganse os últimos partidos das diferentes Ligas Galegas no Pavillón Municipal de Dumbría, onde os infantís e os cadetes poden cantar o alirón ante a súa afección:
- 10:00 infantil masculino e feminino: Manuela Rial – Xuvenil Teis.
- 11:30 cadete masculino e feminino: V. Dumbría – Xuvenil Teis.
- 13:00 xuvenil masculino V. Dumbría – Xuvenil Teis.
Ruta BTT de Dumbría
Este sábado 16 toca Ruta BTT en Dumbría. 350 participantes farán de Dumbría, un ano máis, unha referencia en toda Galicia deste deporte de dúas rodas.
Surf en Razo
A praia de Razo, en Carballo, acolle a 1ª Proba Infantil e Xuvenil de surf, unha vez que a FGSurf tivo que trasladala dende Barreiros, por falta de apoios municipais no concello da Mariña. O concello carballés si que apoia o deporte e a cita será este domingo día 17 na Praia de Razo apartir das 13:00h.
Fútbol Sala
Tralo parón e a derrota no seu último enfrontamento ante o Flaviobriga, o Fisober ten un duro partido en Cantabria. O adestrador do Fisober non podera contar para este partido con Paula, Ylenia e Nuria, polo que se desplazaran un total de 8 xogadoras.
Ademais, última xornada da Liga Provincial, e con derbi.
2ª División Estatal:
- GUARNIZO FSF – FISOBER F.S.F.: sábado, 16 de marzo de 2013 no Polideportivo Guillermo Cortés de Guarnizo, Cantabria.
1ª Autonómica:
- Fisober F.S.F. “B” - Concello de Ponteceso F.S.F.: 16/03/2013 ás 16:00 no Municipal de Vimianzo.
- Viaxes Amarelle F.S - Esteirana: 16/03/2013 ás 20:00 no Municipal Sagrada Familia.
Vela
O Club Marítimo Carrumeiro este fin de semana 16 e 17 de marzo do 2013 desprázase ao Club Náutico de Portosin co seu equipo de Optimist co obxectivo de participar na Copa Galicia XI Trofeo Berberecho. Alí estarán Paula Trinidad, Patroa do Optimist As Hortensias, Elena Coronilla Jimenez, Patroa do Optimist O Horeo; Iosune Muiño Bermudez de Castro, Patroa do Raio, Nicolas Toba Quintero, Patrón do Vodafone, Nacho Rodriguez Coronilla, Patrón do Santtitel e Tomás Ferreiro Santos, Patrón do Insua.
Balonman
- 1ª Estatal: CALVO XIRIA – CONSLAR O.A.R. CORUÑA: 16/03/2013 ás 18:00 no P. ZONA ESCOLAR DE CARBALLO.
- 1ª Autonómica: BM CAMARIÑAS – E.D. POIO-ARTAI: 16/03/2013 ás 19:00 no Pavillón Ponte do Porto.
Baloncesto
Sénior Feminino E.S.BAZARRA ACB COSTA DA MORTE - ADFRO: 16-3 ás 18.00.
- Sénior Masculino:
ACB COSTA DA MORTE - SANTA BAIA: 16-3 ás 20:00.
- Cadete Feminino:
ABACO ACB COSTA DA MORTE - STA Mª DEL MAR: 16-3 ás 16:00.
- Cadete Masculino: BASQUET CORUÑA 98 B - ACB COSTA DA MORTE: 16-3 ás 12:00.
Tenis de mesa
Sábado no ximnasio do CPI de Zas:
- 16’00 h Anorthosis Vimianzo – Conxo Ponte de Ferro.
- 18’00 h Concello de Zas Aquacenit – Conxo Ponte de Ferro.
Domingo en Oroso:- 9’30 h Oroso Pin Servicios – Concello de Zas O Gaiteiro.
- 12’00 h. Oroso Pin Servicios – Concello de Zas O Pinar.
Máis información
Artigos relacionados
- Alberto Pose: Xa está de volta a Champions League do fútbol modesto.
- Vídeoentrevista de Anxo Garrido co pichichi baiés MC.
- Un album de fotos antigas do Fútbol da Costa.
Crónicas da semana
- Xa temos cadro da Copa da Costa 2013.
- Chega a Copa da Costa 2013 (e os sancionados para a fin de semana).
- Xuvenís: Todo encamiñado.
- 2ª Autonómica: Táboas arriba e abaixo.
- 1ª Autonómica: Camariñas e Ponteceso saen do pozo.
- Preferente: Curta bagaxe para Dumbría e XSC.
- Resultados e análise da xornada no fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).