Venres. 26.04.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Táboas arriba e abaixo

2ª Autonómica: Táboas arriba e abaixo
Cabana-Mazaricos-Foto- Sara Ramos ES Bazarra patrocina da crónica da Liga da Costa - Coñece as nosas ofertas en www.bazarra.com

Segue o trío de arriba protagonizando unha fermosa loita no máis alto da Liga da Costa. Esta fin de semana o Cee enfrontaba o seu segundo choque directo, e segundo empate, desta volta ante o líder, a Esteirana. Mantén así a diferencia de 8 puntos cos ceenses, se ben o Baio achégase a 5 trala súa complicada vitoria en Corcubión.

Quedan na loita pola 4ª praza Sofán, Corme e Zas que protagonizaban sendas vitorias a domicilio, unhas máis agónicas que outras, como as de Sofán e Zas en Outes e Miraflores.

Por abaixo, parece que o Montelouro queda afundido. Os loureáns non sacaron nada de Lombáns e os máis inmediatos quedan a 6 e 7 puntos. Aí están Cabana e Mazaricos, que asinaban unhas xustas táboas nas Redondas. Pero ollo teñen que ter os Buño, Volantes e Outes, que só teñen 9 puntos máis que o Montelouro, e sobre todo deben escapar desas prazas 15º e 16º que poden ser pasto dos arrastres.

Cee - Esteirana (1-1)

  • CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Berto, Rafa, Carlos Leis (Angeliño, min.80), Piquero, Isma (Yayá, min.60), Penedo (Fermín, min.80), Llanero e Víctor (Sergiño, min.85).
  • ESTEIRANA: Benito, Chispi, Simón, Dani Rama, Pablo Serrano, Pepiño (Andel, min.75), Uru (Adelino, min.75), Alex, Kike, Rober Pladur e José (Maceiras, min.55).
  • Goles: 1-0, min.65: Yayá a centro de Carlos Leis; 1-1, min.80: Alex.
  • Expulsión: Piquero con vermella directa no min.82.

O partidazo da xornada disputábase a golpe de sábado no San Paio de Refoxos. O 3º recibía ao líder, dous equipos cun potencial tremendom cun Cee buscando atrapar a unha Esteirana que quería escapar e case que sentenciar o títul da Liga da Costa. E foi un choque bonito, vistoso, a pesar do forte vento.

Foi mellor o Cee na primeira metade na que mereceu marchar con algún tanto no marcador. Penedo rematou fóra, Llanero mandou ao pao de falta e á cruceta un tirazo dende 30 metros. Pero a Esteirana tamén tivo as súas, a máis clara de Uru, que marra a porta baleira tras un centro de Alex que aproveitaba un erro na defensa para roubar e centrar.

Na segunda o cadro de Esteiro estaba máis afiado e os balóns longos ían con máis intención buscando aos Kike e Pladur. O Cee adiantaba liñas e Parroto facía de líbero.

Yayá abría o marcador tras un centro de Carlos Leis dende a liña de fondo. A Esteirana estirou filas e a 10 para o final Adelino rouba un balón en tres cuartos de campo, centra, Pladur toca e o balón chega aos pés de Alex que bate a Parroto. Aínda tivo a Esteirana unha última ocasión para levar o partido pero Andel fixo lucirse a Parroto no man a man.

O Cee, solventou os dous choques seguidos contra Baio e Esteirana con sendos empates, e queda a 8 do líder e a 3 da segunda praza.


Cabana - Mazaricos (1-1)

  • CABANA: Añón, Dani Mato, Jose, Iván Treos, Eloy, Fariña, Manolo, Rubén Ranma, Sandro, Iván Mato e Berti. Tamén xogaron Ismael, Posi, Fernando, Jose, Edgar.
  • MAZARICOS: Juan, Casais, Rodri, Tubi, Matías, Martín (Brais, min.46), Estéfano, Esteban (Cristian, min.60), José Ángel, Ricardo, Molinos (Aldo, min.75).
  • Goles: 1-0, min.20: Berti; 1-1, min.75: Cristian.

Empate xusto nas Redondas nun choque vital na zona baixa tras ser controlada unha parte para cada equipo. Comezou o mandando o Mazaricos, pero o gol inicial do Cabana sacounos do partido aos amarelos. O Cabana recuperaba balóns arriba e estaban sempre no campo rival.

Pero na segunda cambiou o conto, e o Mazaricos tomou o control do balón, mentres que o Cabana buscaba as contras. O Mazaricos puido levar o partido por medio de José Ángel, e con perigo a balón parado, cun porteiro cabanés espléndido.

Cabana-Mazaricos-Foto- Sara Ramos

San Lorenzo - Dumbría B (6-2)

  • SAN LORENZO: Puyol, Anxo (Adrián, min.65), David, Casillero, Dubra, Cachizo (Cachizo, min.68), Javi Pensado, Chucho (Palermo, min.70), Adonis (Bolón, min.58), Fuentefría, Carlos
  • DUMBRÍA B: Fer, Tati, Santi, Kevin, Pereira, Toja, Isma Pedrosa, Álex Siaba, Riki, Rodri, Josiño
  • Goles: 0-1, min.5: Josiño; 1-1, min.10: Dubra; 2-1, min.30: Javi Pensado; 3-1, min.35: Carliños; 4-1, min.40: Adonis; 5-1, min.60: Fuentefría; 6-1, min.65: Javi Pensado; 6-2, min.80: Toja.
  • Expulsión: ao dumbriés Tati (min.35).

Metíase por diante o Dumbría B sorprendendo en Verdillo, pero o filial só aguantou media hora, a mesma que estivo con igualdade de condicións sobre o campo. Dubra e Javi Pensado daban a volta ao marcador e Carliños facía o terceiro xusto cando Tati era expulsado. Quedaban 10 minutos para o descanso e o partido estaba morto.

A pesar de todo o Dumbría B amosouse moi ordenado, pero non puido coa longa segunda metade. Queda o San Lorenzo practicamente safo do descenso, con 38 puntos e nunha máis que cómoda 7ª praza, mentres que parece que o futuro do Dumbría está na 3ª.


Corcubión - Baio (1-4)

  • CORCUBIÓN: Abelleira, Alán, Senra (Mario, min.65), Julito, Johny, Cristian, Sebas, Lema, Pablo Lestón (Antón Lestón, min.85), Edu (David de Muxía, min.60), Lourido.
  • BAIO: Anxo (Guille, min.86), José Antonio, Freddie, Ramón, Eloy (Pablo, min.61), Fachal (Chema, min.50), Chucho (Cristian, min.75), Norberto, Rubio, Alberto, MC.
  • Goles: 1-0, min.20: Lourido; 1-1, min.44: Alberto; 1-2, min.50: Alberto; 1-3, min.70: Chucho; 1-4, min.83: MC.
  • Expulsión: o local Johny (min.80).

Salvou o Baio un feudo complicado como é o Novo Cubaleiro, pero tivo que sufrir o cadro de Emilio e moito. Sobre todo despois do gol inicial dun recuperado Lourido, nun Corcubión que saía cun 11 moi ofensivo. Marcaron o partido os dous goles antes e despois do descanso de Alberto, sendo o primeiro cunha posible axuda da súa man como protestaron os locais, que consideran que a actuación arbitral foi clave para o desenvolvemento do partido.


Carnota - Montelouro (3-0)

Carnota-Montelouro-Foto- Edu Olveira
  • CARNOTA: Luis de la Peña, Boni, Pablo de Pichín, Manolo Chouza, Andrés Fandiño, Urko (Martín Piñeiro, min.82), Rodrigo, Pablo Beiro, Pumuky (Miki, min.73), Jacobo (Iván Maceiras, min.77), Adrián dos Lombos (Bernardo, min.61)
  • MONTELOURO: Isma, César, Juan, Pedro de García, Álvaro, Edu (Dani de Sahorta, min.30) Fernando, Chema, Pepiño (Juan, min.60), Pesco, David, Raúl (Geiko, min.60)
  • Goles: 1-0, min.15: Manolo Chouza de falta directa; 2-0, min.65: Jacobo; 3-0, min.85: Miki.
  • Lesión: o meta visitante Isma.

Mal pintan as cousas para este Montelouro incapaz de reaccionar ante a mala racha de resultados. Onte non xogou mal en Lombáns pero se atopou con dous golazos que sentenciaron o partido.

Aos 15 minutos, Manolo Chouza sorprendía cun chutazo de falta ao que Isma non podía reaccionar a tempo. Os loureáns intentaron reaccionar e tiveron bos minutos de aí ao final do primeiro tempo e chegaron a avisar a Luís de la Peña no comezo da reanudación. Pero un tanto de Jacobo, de novo facendo de 9, case sen ángulo, acababa co partido. E máis cando Isma se lesionaba e Pedro de García tiña que colocar as luvas e meterse baixo paos.


Buño - Muros (0-2)

  • BUÑO: Toni, Ángel (Eloy, min.80), Alfredo, Secundino, Diego, Jorge Calvete, Emilio, Mauri (Gustavo, min.70), Dourado (Dani Calvete, min.55), Gurita (Juan, min.55), Víctor.
  • MUROS: Fabio, Javi de Vístete, Paky, Teo, David, Lisardo, Gelo, Dani Corniños, Manu Dosil (Abadín, min.85), Saúl (Piki, min.86), Sexo (Eloy, min.87).
  • Goles: 0-1, min.5: Sexo a pase de Manu Dosil; 0-2, min.55: Teo tras unha falta lateral.

Atopouse o Buño cun dos mellores Muros da tempada. Os de Manolo Camello non botaron de menos a Mayu e fixeron un partidazo en Xaviña. Comezaba o partido cun bo pase interior de Manu Dosil que Sexo, en velocidade, aproveitaba para adiantar aos seus. Co marcador a favor foille máis doado ao Muros controlar o partido. O Buño intentábaso pero non atopaba fisuras na boa defensa visitante.

E o partido morría ao comezo da segunda cando Teo aproveitaba unha desas xogadas a balón parado que tan ben executa o equipo celeste. Intentouno o Buño de aí ao final pero sen demasiada fe, quedando agora nunha comprometida posición, con 30 puntos, a 9 do descenso directo, e a só 3 dunhas prazas que corren o perigo dos arrastres.


Volantes - Zas (2-3)

  • VOLANTES: Rubén Santos, Fran do Español, Jose, Maikel Perrito, Javi de Baño, Brais, Adrián, Benja, Seluco, Ivi, Chenel.
  • ZAS: Elías, Martín, Braulio (Amado, min.75), Óliver, Pereiro, Rubio (César, min.90), Diego (Pastor, min.60), Peque, Lagoa (Pablo, min.68), Ismael, Mario.
  • Goles: 1-0, min.20: Adrián; 2-0, min.50: Seluco; 2-1, min.75: Pastor; 2-2, min.80: Pastor; 2-3, min.89: Ismael a pase de Pastor.
  • Lesión: o zaense Rubio.

Regalou o Volantes o partido nos últimos 25 minutos tras telo dominado durante boa parte do mesmo. Adrián e Seluco facían os dous tantos e metía aos laranxas por diante á hora de xogo. Pero faltaron as forzas e un par de erros permitiron ao Zas meterse no partido, e a base de fe e entrega, foron quen de darlle a volta ao marcador en 10 últimos minutos de tolemia. Foi Pastor, con 2 goles e unha asistencia, o protagonista da remontada.


Outes- Sofán (0-1)

Outes-Sofan-Foto- SD Sofan
  • OUTES: Gato, Martín Lago, Chúa, Arturo, Borja, Saúl (Michi, min.70), Martín, Poke (Fabio, min.65), Deivi, Pesco (Migui, min.46), Quin (Elías, min.46).
  • SOFÁN: Bugy, Cantudo (Santi, min.30), Juanjo, Boedo, Marcos, Míchel, Iván Rey, Rojo, Suso, Abel e Jacobo (Pikas, min.70).
  • Gol: 0-1, min.50: Abel remata unha falta pechada botada por Míchel.
  • Expulsión: o sofanista Boedo (min.80)
  • Lesión: Borja polos locais e Cantudo polos visitante.

Comezaba o partido coa SD, máis veterana, levando a iniativa e un Outes esperando, pero era Borja o primeiro que probaba sorte e Bugy tiña que facer un paradón a unha falta. Iván Rey avisaba para os visitantes pero as ocasións sucedíanse nas dúa áreas.

Comezaba a segunda metade co gol de Abel, e un par de ocasións para ampliar. Pero quedaba moito e o Outes reaccionada. Deivi sacaba unha contra mortal pero non acertaba. Agora era o Outes o que presionaba e o Sofán o que sacaba as contras por medio de Picas, Jaco e Suso.

Remataba o partido cun final agónico, con dous equipos con 10, pola expulsión de Boedo e porque Borja se lesionaba cando xa non quedaban cambios nas filas dos locais. Foron uns últimos minutos de asedio local, coa SD metida na área achicando balóns e un Outes que o intentaba por arriba pero sen acerto, como unha de Elías xa no desconto que non acertou. <(p>

Ao final, non houbo tanta diferencia como o que indica a táboa, pero o de arriba quedou cos puntos.

Outes-Sofan-Foto- SD Sofan

Castriz -Corme (1-3)

  • CASTRIZ: Toño, Martin, David Agra, Pepe, Prego. Ruben (Anxo, min.75), David Pose. Javito (Pablo, min.80), Cilindro (Luis, min.55) Roberto, Sebas.
  • CORME: Javi, Jesús, Pandi, Dani, Brais, Miguel Torrado (Joshua, min.21), Adrián Doldán (Abel, min.75), Lucas, Adolfo, Juan Chans, Alejo (Manu, min.70)
  • Goles: 0-1, min.1: Lucas de falta; 0-2, min.3: Alejo tras un rexeite; 1-2, min.50: David Agra; 1-3, min.65: Juan Chans.

4 vitorias consecutivas dun Corme que está no seu mellor momento da temporada. Onte saíron a por todas en San Pedro e non pasaran 3 minutos e o Castriz xa levaba dos no lombo tras dúas accións de calidade e picardía de Lucas e Alejo. David Agra recurtaba pero o Corme non cedía sobre o céspede e Juan Chans, un dos mellores nos últimos encontros, sentenciaba para os de Genaro.

Así e todo, a zona alta está lonxe para o cadro azulón, que loitará, iso si, pola 4ª praza co Sofán e o Zas.


Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios