Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Preferente: Curta bagaxe para Dumbría e XSC

Preferente: Curta bagaxe para Dumbría e XSC

Tocáballe descansar ao Soneira nesta 28ª xornada e os resultados do Dumbría e do Xallas de Santa Comba non foron moi alá. Os dumbrieses caían en Sada a tarde do sábado, e o XSC conseguía manter un punto en Fontenla ante un Bertamiráns que chegaba líder pero que marchaba 2º. Agora, o XSC queda a 7 puntos da 3ª praza, que ocupa o Boiro, e está con 4 de vantaxe sobre o Dumbría.

Xallas StComba - Bertamiráns (0-0)

Jesus no XSC-Bertamirans-Foto- Liga da Costa
  • XSC: Diego, Chinda, Martín, Pablo Vigo, Rubén, Orlando (Mon, min.65), Jesús, Oscarín, Doro (Alberto, min.87), Pablo Baña (Darío, min.80), Javi Suárez (Noli, min.75).
  • Expulsións: o delegado Huelvis por dous cartóns por protestar.

Era o partido da xornada na Preferente, pero quedouse nun choque con moito, demasiado, pensaron nas bancadas de Fontenla, respecto. Foi un choque moi equilibrado, con moitas disputas e xogadas fortes nas que o colexiado sempre se decidía a favor dos visitantes.

O Bertamiráns saiu moi ben nos primeiros 20 metendo perigo en dous balóns longos e dous córners. Pero pouco a pouco os xalleiros foron atopando o seu sitio e controlaron máis e levaron a iniciativa. Pero apenas houbo ocasións ao longo dos 90 minutos. Cómpre destacar un par para os verdes e laranxas, unha de Javi Suárez e outra de Doro dende fóra da área que saíu fóra.

Doro no Xallas Santa Comba-Bertamirans - Foto- Liga da Costa

Sada - Dumbría (1-0)

  • DUMBRÍA: Juan Porrúa, Tantán, Rudi Cotelo (Bruno, min.80), Pablo, Pablo Vidal, Aarón López, Aarón Fdez., Dani Casal (Isma Huete, min.80), Piri (Leo, min.85), Iago, Iago Dosil (Jesús, min.75)
  • Gol: 1-0, min.70.
  • Expulsión: dous xogadores locais e Aarón Fdez. para os dumbrieses.

Non puido o Dumbría sacar nada positivo do campo de Sada. Os de Canosa prantaron cara en todo momento e mesmo levaron a iniciativa por momentos, achegándose con lixeiro perigo cun bo Piri pola banda e con Iago Dosil arriba.

Pero foise desinflando, e malia estar cun home máis durante os últimos 20 minutos non puideron os dumbrieses remontar o tanto local.


Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios