1ª Autonómica: Camariñas e Ponteceso saen do pozo

Moi boa xornada para os equipos costeiros na 1ª. Se ben o Fisterra caía en Ara Solis, facíao ante un dos de arriba, polo que son puntos cos que se conta perder. O Malpica xogaba tamén contra un da zona alta e o partido quedou nun xusto empate.
Pero as boas novas as trouxeros os que máis a necesitaban. Ponteceso e Camariñas saen do descenso (o Camariñas xa estaba fóra a semana pasada) deixando ao Laro (nesa 3ª praza de descenso directo) a 4 e 2 puntos respectivamente. Ambos venceron cun par de solitarios goles de Brais Triñares e Toniño, que valen un mundo a estas alturas da competición.
Fisterra - Atl. Riveira (2-5)

- FISTERRA: Didier, Dani, Roco (Naranjo, min.75), Sergio, Munitis (Marco do Cabo, min.75), Santi, Bebeto (Cartamil, min.70), Guardiola, Cotte, Aitor e Hugo (Mané, min.25).
- Goles: 0-1, min.10; 0-2, min.15; 0-3, min.30; 1-3, min.55: Mané de falta directa; 1-4, min.65; 1-5, min.70; 2-5, min.80: Marco do Cabo de penalti.
- Lesión: Hugo.
- CAMARIÑAS: Pombo, Brais Mouzo, Sergio, Caamaño, Rodri (Santi, min.46), De la Sierra, Saviola, Brais Triñarez, Martín (Nico, min.65), Juan oBello, Alex.
- Gol: 0-1, min.25: Brais Triñares.
- MALPICA: Suso, Adrián, Martín Uruguaio, David Castro, Juan Rabuñal, Andrés (Mario Casal, min.64), Fernando, Cheo, David Blanco (Eme, min.83), Alemán, Charro.
- Goles: 0-1, min.10; 1-1, min.75: Charro tras un bo pase de Adrián.
- PONTECESO: Norberto, Rubén, Alberto, Dani Pallas, Javi, Josito (Urbieta, min.76), Mendieta, Recarey, Toniño (Jorge, min.85), Bieito (Bolón, min.75), Canai (Martín Puente, min.80).
- Gol: 0-1, min.20: Toniño de penalti.
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora o Blog de Malpica de Luís E.Porto.
Non puido o Fisterra cun dos que xogan noutra liga. O Riveira atopouse cun dous goles, un de córner e outro nunha falta ao borde da área que non era, que marcaron o ritmo do partido. Foi un partido marcado polo vento, e que a pesar da derrota tivo dous detalles bos pra os fisterráns, o debut de Didier baixo paos, e a volta de Cartamil aos terreos de xogo tras un par de meses de lesión.

Amio - Camariñas (0-1)
Partidazo do Camariñas que acabou sufrindo só porque fallaron moitas os de Berto, que mereceron marchar xa ao descanso cunha renda moito máis ampla. Ata 5 mans a mans marraron os conserveiros. Brais Triñares e Sergio non acertaron na primeira, e na segunda, o propio Brais, Alex, Juan oBello e Martín fixeron do porteiro local unha estrella. A máis clara, a de Brais na segunda, que se porteiro e a un metro da liña de gol, mandouna fóra.
O cadro local apenas inquedou a Pombo con balóns aéreos, pero esta defensa dos de Berto está moi seria, e de seguir así non pasarán apuros para salvar a categoría.
Malpica - Arzúa (1-1)


Comezaba o partido entre dous equipos de arriba e de contado o Arzúa se metía por diante. Un gol que marcaba o ritmo, pois os visitantes deixaban que a iniciativa a marcase o Malpica en todo momento. Houbo minutos de escaseza de xogo, minutos máis tensos, pero poucas ocasións de gol. Todo nun choque ao que o Malpica chegab con 7 baixas e no que debutou o xuvenil Eme, e que rematou cun xusto empate.
Os malpicáns pedían un penalti sobre Charro aos 15 minutos, e el mesmo protagonizaba un par de ocasións a un córner e tras un pase de David Blanco. A mellor ocasión tíñña David Blanco que se atora na liña de gol tras unha gran internada de M. Uruguaio.
Baixou o ritmo na segunda metade e só faltando 15 minutos, nunha xogada illada e tras un saque de banda, Adrián mete para que Charro asine o empate.

Cacheiras - Ponteceso (0-1)
Gran resultado do Ponteceso que tampouco deixou unha gran imaxe pero sacou os puntos contra un equipo da súa liga, ao que case que afunde defintivamente no último posto. O partido estivo completamente dominado polo cadro pontecesán, que intentou xogar o balón como lle gusta, pero que segue sufrindo nas xogadas en contra a balón parado. Así e todo os locais apenas inquedaron a porta de Norberto en todo o partido.
Os de Nacho tiveron varias ocasións ademais do penalti, como unha de Bieito na primeira metade. Na segunda, Canai e Bolón contra o final puideron ampliar a renda, a pesar do baixón que sofre o equipo sempre nas segundas metades, pois o cadro non acaba de adestrar todo o que necesitaba.