Axenda futboleira da ponte dos Difuntos
Chega completa a fin de semana de Difuntos de Fútbol da Costa e chega mesmo con partidos adiantados ao venres. E antes de analizar a xornada traemos tamén a previsión metereolóxica que nos traen os compañeiros de 4gotas:
A ponte virá marcada polo paso dunha fronte fría na tarde do venres, pero non hai que alarmarse, non choverá seguido toda a ponte. O venres pola mañá teremos algunha chuvia feble e comezará a zoar o vento do sudoeste. No mediodía acadará refachos de 80km/h (en puntos altos chegará aos 100) e na tarde chegarán chuvias intensas que continuarán na noite.
Xa desde a mañá do sábado a cousa estará moito máis calmada e toda a finde teremos que falar de chuvascos. É dicir, de momentos de ceo despexado, misturados con momentos de chuvias. En xeral estas chuvias serán moi pasaxeiras e intermitentes. 1-2 chuvascos no mediodía do sábado, outros 2 na madrugada do domingo.
Xa no domingo pola tarde (é cedo para afirmar a hora, pero pode que despois do solpor) volverán as chuvias á Costa da Morte.
Sancionados
Non chega demasiado cargado o parte, pero o fai con algún detalle, como a inclusión dunha multa de 7€ ao adestrador xuvenil do Muxía Javier Lema, que se esquecera de incluír a Federación no parte anterior, como tamén acontecera coa sanción dun partido para o adestrador dos infantís do Ponteceso David Castro, coa tamén multa de 7€.
Preferente
- Baba Papa Fall (Soneira).
- Manuel Maceira "Mayuyo" (Soneira - 2 partidos).
- Alfonso Rúa (XSC).
- Iván Forján (XSC).
1ª Autonómica
- David Baña (Adest. Malpica).
- Juanjo Rabuñal (Adest. Malpica).
- Abel García (Ponteceso).
Aperc. 1ª: - Juan oBello (Malpica).
2ª Autonómica
- Iván Devesa (Camelle).
- Adrián Touriñán (Zas).
- Modesto Varela (Del. Cabana - 2 partidos).
- Jorgito Castro Insua (Cee).
Aperc. 2ª:
- Ángel Manuel Vilar (Buño).
- Diego Rojo (Buño).
- José Manuel Fdez. (Cee).
3ª Autonómica
- Diego Graño (Nantón).
- Damián Rey (Muxía).
- Javier Rey (Muxía).
- Fran Fidalgo (Castrelo).
Ligas Xuvenís
- Juan Rey (Muros).
- José Ángel Carreira (Mazaricos - 3 partidos).
- Eloy Martín (Malpica - 2 partidos).
Aperc. Xuv:
- Samuel Carballo (Cabana).
- Manuel Saleta (Laxe).
- Jorge Lorenzo (Coristanco).
- Michael Carril (Porteño).
División de Honra Cadete
- Joaquín Quintáns (Deleg. Dumbría - 3 semanas).
- Samuel Quintáns (Dumbría).
Liga Infantil
- Samuel Costa (Corme).
Previa da Xornada
Comezamos o repaso pola Preferente, con ata 3 partidos adiantados ao venres. Dúas saídas como son as do Dumbría e do Soneira a campos complicados como os do Val e do Silva. Ademais, o Bergan recibe ao Castro nun choque a priori sinxelo para manter o liderato. Atento estará o XSC ao pinchazo carballés para asaltar esa primeira praza pero recibirá o domingo en Fontenla a un Sada que vén 4º a só 1 punto dos xalleiros.
A xornada na 1ª Autonómica chega de novo con derbi. O Baio repite derbi desta volta ante un necesitado Ponteceso que chega ao Platas Reinoso despois da súa primeira vitoria do ano. Antes, o venres, o Camariñas recibe ao Amio, o pechacancelas, nunha boa ocasión para escapar da zona baixa. Ademais, o Malpica visita a un Agolada que ten pegado ás costas, e a Esteirana visita o campo de todo un Villestro, 2º tralo implacable Noia.
O Fisterra-Zas do sábado parece o choque máis igualado desta 9ª xornada na 2ª Autonómica. Pero ollo co derbi entre Corcubión e Cee, que pode servir de revulsivo para o pechacancelas. Así e todo, a categoría terá cita na mañá do venres, cos 10 minutos do choque suspendido na xornada 5.
2ª xornada na 3ª Autonómica para que os equipos vaian collendo posicións.
Xa en Xuvenís, con partidos tamén venres e sábado, teremos dous choques fortes no Sur, como son Cee-Dumbría e Fisterra-XSC, ademais dun interesante Cabana-Corme no Norte.
E se esta pasada fin de semana o Conco vibrou co Deportivo, esta o Dumbría na División de Honra Cadete ata Vigo para enfrontarse nada menos que ao Celta.
Comeza a Liga Cadete, con 13 equipos trala esperada baixa do Concello de Carnota, e aparcando as semis da Copa ata xaneiro.
E se xa ides tendo ao pé os resultados da Liga de FS de Carballo, este domingo tamén teremos xornada completa dos Veteranos e da Liga Intermunicipios.
Preferente, xornada 11
S.D. O Val | 01/11 - 16:15 | C.F. Dumbría |
Silva S.D. | 01/11 - 17:00 | Soneira S.D. |
Bergantiños C.F. | 01/11 - 17:00 | C.D. Castro |
Xallas de Santa Comba CF | 03/11 - 17:00 | Sp. Sada |
1ª Autonómica, xornada 9
Camariñas F.C. | 01/11 - 16:30 | Amio C.F. |
C.D. Baio | 03/11 - 16:15 | Ponteceso S.D. |
S.D. Agolada | 03/11 - 17:00 | S.C.D. Malpica |
S.D. Villestro | 03/11 - 18:00 | S.D. Esteirana |
2ª Autonómica, xornada 9
U.D. Corcubión | 01/11 - 10:30* | S.D. Castriz |
S.D. Fisterra | 02/11 - 16:15 | Sp. Zas |
U.D. Corcubión | 02/11 - 16:15 | U.C. Cee |
Cabana S.D. | 02/11 - 18:00 | Indep. Carballo |
Corme C.F. | 03/11 - 16:00 | S.D. San Lorenzo |
Volantes F.C. | 03/11 - 16:15 | Porteño C.F. |
S.D. Sofán | 03/11 - 16:15 | Mazaricos C.F. |
U.D. Carnota | 03/11 - 16:30 | S.D. Castriz |
Outes C.F. | 03/11 - 17:00 | Camelle S.D. |
Buño S.D. | 03/11 - 17:00 | Muros S.D. |
- * O venres dispútanse os 10 minutos do choque suspendido no min.80 entre Corcubión e Castriz da xornada 5.
3ª Autonómica, xornada 2
S.D. Laxe | 03/11 - 16:15 | Sp. Seaia |
C.F. Castrelo | 02/11 - 16:15 | U.D. Cerqueda |
C.D. Baíñas | 03/11 - 16:15 | Muxía C.F. |
SDC Corcoesto | 03/11 - 16:15 | U.D. Montelouro |
S.D. Coristanco | 03/11 - 16:15 | C.D. Nantón |
S.D. Ameixenda | 02/11 - 16:15 | Lira C.F. |
Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 10
U.C. Cee | 01/11 - 18:00 | C.F. Dumbría |
S.D. Fisterra | 02/11 - 12:00 | Xallas StComba |
S.D. Esteirana | 02/11 - 16:15 | Mazaricos C.F. |
Outes C.F. | 02/11 - 16:15 | Soneira S.D. |
- Descansa Muros e Lira.
Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 10
Cabana S.D. | 02/11 - 16:00 | Corme C.F. |
Muxía C.F. | 02/11 - 16:15 | S.D. Laxe |
S.C.D. Malpica | 02/11 - 16:15 | S.D. Coristanco |
Porteño C.F. | 02/11 - 16:15 | C.D. Baio |
S.D. Castriz | 02/11 - 16:15 | Ponteceso S.D. |
- Descansa Camariñas.
División de Honra Cadete, xornada 8
R.C. Celta | 03/11 - 12:00 | C.F. Dumbría |
Liga Galega Infantil, xornada 8
Galicia Caranza | 01/11 - 12:00 | C.F. Dumbría |
Milladoiro S.D. | 02/11 - 12:00 | Bergantiños C.F |
Xallas StComba | 02/11 - 12:00 | Bertamiráns F.C |
Liga Cadete, xornada 1
U.D. Corcubión | 01/11 - 17:00 | Muxía C.F. |
S.D. Fisterra | 02/11 - 10:00 | Cabana S.D. |
C.D. Baio | 02/11 - 10:30 | U.C. Cee |
As Baleas F.S. | 02/11 - 16:00 | S.D. Esteirana |
Muros S.D. | 02/11 - 16:00 | Outes C.F. |
Xallas StComba | 03/11 - 13:30 | S.D. Coristanco |
Liga Infantil, xornada 9
E.M.F. Vimianzo | 01/11 - 17:30 (x.8) | E.D. Os Miudos |
U.C. Cee | 31/10 - 16:00 | Muxía C.F. |
Outes C.F. | 02/11 - 18:15 | C.D. Baio |
E.D. Os Miudos | 03/11 - 10:30 | S.D. Sofán |
S.D. Fisterra | 03/11 - 10:30 | Cabana S.D. |
Ponteceso S.D. | 03/11 - 11:00 | Corme C.F. |
S.D. Esteirana | 03/11 - 11:00 | S.D. Coristanco |
Ligas de Veteranos, xornada 8
1ª División
Xv. Bergantiños | 03/11 - 11:00 | Muros |
San Román | 03/11 - 11:00 | Ponteceso S.D. |
Soneira S.D. | 03/11 - 11:00 | C.D. Nantón |
Sp. Zas | 03/11 - 11:00 | S.D.San Lorenzo |
Cabana S.D. | 03/11 - 11:00 | C.D. Baio |
S.D. Coristanco | 03/11 - 11:00 | Camariñas Vet |
C.F. Dumbría | 03/11 - 11:00 | Bértoa |
S.D. Castriz | 03/11 - 10:00 | S.D. Laxe |
2ª División
S.D.U. Vimianzo | 03/11 - 11:00 | Leiloio |
Camelle S.D. | 03/11 - 12:00 | C.D. Poniente |
S.D. Sofán | 03/11 - 12:00 | Dep. Carballo |
S.C.D. Malpica | 03/11 - 09:30 | Buño S.D. |
At. Milagrosa | 03/11 - 11:00 | SDC Corcoesto |
Erbecedo | 03/11 - 11:00 | Agualada |
Porteño C.F. | 03/11 - 10:00 | Corme C.F. |
- Descansa Cerqueda.
Liga Intermunicipios, xornada 5
Valenza | 03/11 - 16:00 | Laxe |
Cances | 03/11 - 16:00 | Peña Galicia |
Xornes | 03/11 - 16:00 | A Piña |
Rus | 03/11 - 16:00 | Seaia |
Baldaio | 03/11 - 16:00 | Sp. Brea |
- Descansa Cereo.
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
- Altas e Baixas no #FútboldaCosta.
- Facebook Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
- Calendario e resultados da I Copa da Costa Cadete.
Crónicas da semana
- Liga Intermunicipios: Xornada de empates.
- O Conco vibrou co Depor… e co seu Dumbría.
- Xuvenís: O Dumbría impón a sua lei no Sur e 4 equipos loitan igualados no Norte.
- 3ª Autonómica: Arrincou a curta campaña.
- 2ª Autonómica: O Outes vai ao seu, o Sofán apreta con garra e o Corme engánchase.
- 1ª Autonómica: A veteranía imponse no derbi na xornada da primeira vitoria pontecesá.
- Preferente: Demasiada tensión no derbi do ano.
- Resultados e análise da última xornada de outubro no Fútbol costeiro.
Artigos relacionados
- Instrucións para utilizar o Seguro Privado no Fútbol da Costa.
- A Pipa de Corredoira: Cursos de adestrador para o Fútbol da Costa.
- #Regateegol: Vídeoentrevista de Anxo Garrido con Dieguito.
- Entrevista de David Castro con Manu Saleta: “Temos equipo de sobra para ascender”.
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).