Domingo. 19.05.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Arrincou a curta campaña

3ª Autonómica: Arrincou a curta campaña

Arrincou por fin ao completo a 3ª Autonómica tralo partido adiantado da semana pasada. E precisamente é o Montelouro de Jurjo o que queda de líder con 1-4 ante o Laxe dada a igualdade nesta primeira xornada. 3 vitorias e dous empates é a bagaxe da xornada de onte, deixando ao Baíñas, que avisa, ao Muxía e ao Coristanco de colíderes.

Sp. Seaia - Baíñas (1-3)

Debutou o Sp. Seaia en competición en Pedra Queimada ante o Baiñas-Foto-David Castro
  • SEAIA: Víctor, Martínez, Vistas, Ramón, Sergio, Parga, Fran Martuxa (Valentín, min.82) (Zala, min.85), Albertiño, Juny (Richard, min.66), Camilo (Pablo, min.77) e Adra.
  • BAÍÑAS: Puto, Capote, Samuel, Héctor, Braulio, Mario (Iván, min.73), Esteban, Cris, Diego (Víctor, min.78), Javi Suárez (Stiven, min.89) e Tasky.
  • Goles: 1-0, min.29: Juny define con moita tranquilidade ante Puto un pase ao oco de Adra1-1, min.44: Tasky resolve unha melé formada na área do Sp. Seaia tras un córner. 1-2, min.80: Capote cun centro-chut que sorprende a Víctor e se cola pola escadra da portería local. 1-3, min.92: Víctor resolve cunha vaselina ante a saída do porteiro do Seaia un roubo e pase de Tasky.

Partido pouco vistoso para o público o que se viviu en Malpica e que estivo condicionado polo vento e as constantes interrupcións do xogo. Presentáronse na Pedra Queimada dous equipos sen as ideas claras e que abusaron demasiado dos balóns en longo.

Na primeira metade, vimos un encontro con demasiadas imprecisións de ambos conxuntos e sin un claro dominador. Comezaría avisando o equipo de Pato tras una falta que lanza Mario que se vai a córner tras tocar primeiro Víctor e logo o pau. Catro minutos despois, Albertiño dende 40 metros poñería en apuros ao porteiro do Baíñas. Avisarían, de novo, os visitantes tras unha xogada por banda de Cris que toca para Tasky que saca o disparo dende a frontal da área que se vai a rentes do pau. Pero golpearían primeiro os locais logo dun pase ao hueco de Adra para Juny, que define con moita tranquilidade ante Puto. Empataría o Baíñas, cando faltaba un minuto para o descanso, o encargado de marcar sería Tasky que resolve unha melé formada na área dos locais tras un córner.

Á volta do tempo de lecer, nada máis sacar de centro hai un mal entendemento entre os xogadores de Taibo, o Baíñas lanza a contra e Cris no man a man envía fóra ante Víctor. Seis minutos despois, tras un córner que saca Juny, Vistas erra en liña de gol. Puto salvaría ao seu equipo en dúas ocasións, primeiro ante Adra e logo ante Juny. Reaccionarían os visitantes a partir do minuto 70 de partido e serían mellores aproveitando os desaxustes defensivos do Sp. Seaia. No minuto 80, Capote cun centro-chut sorprendería a Víctor e faría o tanto da remontada. Avisaría Tasky cun gran lanzamento que rexeitaría o longueiro pero sería Víctor o que faría a sentencia cunha vaselina ante o porteiro do Seaia.

Celebrando o gol de Capote para o Bainas-Foto-David Castro

Lira - Coristanco (1-2)

  • LIRA: Andrés, Santi, Fran de Muros, José Ramón, Javi de Milucha, Cristian, Iago, David, Fran Perico, Víctor, Alexandre. Tamén xogaron: Simón, Manu, Michelón, Adrián Ozón, Adrián Porto.
  • CORISTANCO: Fredy, Torreira, Rubio, Marquiños (Marcos, min.60), Iván (Sergio, min.75), Mato, Luís, Facal (Pazos, min.55), Toniño (Gonzalo, min.79) e Mallón (Añón, min.50).
  • Goles: 0-1, min.16: Luís tras unha xogada de Toniño; 1-1, min.50: Cristian; 1-2, min.65: Añón dende fóra da área.

Partido moi disputado en Lira entre dous bos equipos. Se cadra o Lira de Javier dominou máis pero arincaron moi apurados, moi presionados sen templanza para xogar o balón. Pola contra os de Da Silva foron máis efectivos e conseguiron levar os 3 puntos.

Comezaba o cadro visitante avisando con tres chegadas de Toniño, que volvía tras un ano en branco. E foi Luís, tras unha boa xogada do propio Toniño quen abría o marcador. O Lira apretaba e mesmo tiveron unha gran ocasión nun remate de Fran Perico que o seu compañeiro Iago sacaba baixo paus sen opción a apartarse.

Na segunda o Lira encerrou aos coristanqueses no seu campo e Cristian acadaba pronto o empate. Pero nun rexeite ao borde da área, e cando mellor estaban os locais, Añón marcou o golazo da tarde ao que o Lira non era capaz de respostar.

Nantón - Corcoesto (0-0)

Imaxe do Nanton-Corcoesto-Foto-Victor Santos
  • NANTÓN: Pollo, David, Manu,Diego, Eloy, Amado, Félix, Fabio, Dani Costa (Martín, min.65), Cachi e Luís.
  • CORCOESTO: Héctor, Javi (Marcos, min.70), Germán, Pichu, Patelo, Pablo, Gonzalo, Luís, Christian (Couto,m in.80), Dani (Rodri, min.60) e Martín.
  • Expulsión: o local Diego por protestar no min.88.

Partido moi disputado cunha parte para cada un que rematou nun xusto empate. A primeira foi mellor o Corcoesto que dirixe Martín, e as mellores ocasión estiveron nas botas de Martín e Cristian, pero o porteiro local Pollo estivo moi acertado. O Nantón creou ocasións ailladas por medio de Luís, Dani e Amado.

Na segunda baixou o ritmo o cadro visitante e o equipo de Luís tomou as rendas, dominando máis pero sen chegar a crear demasiado perigo na meta de Héctor. Os locais apretaron sobre todo nos últimos vinte minutos de partido, cun Cachi moi activo. A ocasión máis clara estivo nas botas de Fabio, tras unha boa internada por banda dereita de Luís que lle deixou o balón en bandexa pero non foi quen de acertar.

Muxía - Castrelo (3-2)

  • MUXÍA: José Antonio, Pataca, Carlos (Pesqui, min.70), Currás, Pesqui, Julián, Pereira, Javi (Ruso, min.60), David (Santi Papi, min.55), Jonathan (Damián, min.46) e Adrián Negro.
  • CASTRELO: David, Marcos, Mario, Luís, Rodri, Chapu, Gatusso, David, Roi (Pichel, min.55), Félix (Miguel, min.65) e Fran.
  • Goles: 1-0, min.15: Jonathan; 2-0, min.25: Julián; 2-1, min.55: Roi; 3-1, min.65: Pesqui; 3-2, min.80: Chapu.
  • Expulsións: os locais Damián e Javi; e o visitante Fran por quitar a camiseta.

Arrinca con vitoria o Muxía de Juan Prado ante un Castelo de Roberto Cardexo que fixo unha boa segunda metade pero que non lle chegou para comezar sumando.
Moito vento en Arliña, e co vento a favor comezaba mandando o equipo local, que aproveitou dous regalos para meterse 2-0.

Na segunda mellorou moito o Castrelo co vento a favor. Recurtou Roi pero o Muxía volvía ampliar a renda. De novo Chapu recurtaba pero sen tempo, e iso que o colexiado descontou 10 minutos, para acadar o empate. Deu boas sensacións tamén o Castrelo, que amosaron moitas gañas, con máis mordente que o ano pasado arriba e moi ben David baixo paus.

Cómpre destacar dúas xogadas curiosas. O Castrelo vía como lle expulsaban un xogador cando saía substituído por quitar a camiseta, sen deixar entrar ao compañeiro. Pola contra, un muxián era expulsado tras voltar ao campo unha vez foi substituido, pero desta volta si que o colexiado permitiu que o compañeiro seguise no campo, se ben xa saltara ao mesmo.

Cerqueda - Ameixenda (0-0)

Cerqueda-Ameixenda-Foto-Goldie
  • CERQUEDA: Rubén, Javi Pazos, Pablo, Pailos, Manuel (Uru, min.70), Dani, Sergio, Lorenzo, Eliseo (Bastón, min.46), Juanjo (Darío, min.46), Carlos (Xabi, min.55).
  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, Grille (Jesús, min.60), Barrientos, Camacho, Iván Pequeño, Bichiño (Jorge, min.70), Exprés (Brais, min.85), Alex, Borja, Chiru (Rioliño, min.80), Ramiro.

Partido moi igualado, con un tempo para cada un, que puido gañar calquera e rematou cun empate xusto. Na primeira metade moi superior o cadro ceense, que presiou moi arriba e non deixaba respirar aos malpicáns. Tivo varias ocasións o equipo de Sieso, que estreaba xogadores como Iván Pequeño, pero Rubén estivo fino na portería local.

Na segunda estivo mellor o equipo de Roberto Lozano, tendo ademais algunha boa ocasión para levar o partido como un man a man de Batón que cruzou de mais, ou outro de Uru que rematou moi frouxo e dou tempo á defensa a salvar na liña de gol.

Cerqueda-Ameixenda-Foto-Goldie

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios