Sábado. 18.05.2024
El tiempo

O Conco vibrou co Depor... e co seu Dumbría

O Conco vibrou co Depor... e co seu Dumbría
Dumbria-Deportivo da Division de Honra Cadete-Foto-Jorge Parri

Chegaba, e por partida doble, a canteira branquiazul ao Conco. Nunha semana na que soubemos que o Atlético de Madrid vai establecer un centro de tecnificación no Dumbría. Aí é nada.

Volvendo ás cores brancas e azuis, os primeiros equipos infantís e cadetes chegaban para probar aos cadros do Dumbría, e estes non defraudaron.

Os cadetes, como vemos a continuación, mereceron mesmo a vitoria ante todo un Depor. Pola súa banda os infantís non puideron manter nada na Liga Galega ante un fortísimo cadro herculino caendo por 1-3.

División de Honra Cadete, xornada 7

Dumbria da Division de Honra Cadete 2013:2014-Foto-Jorge Parri
  • Resultado: Dumbría - Deportivo (1-1)
  • DUMBRÍA: Jorge, Miguel, Rachón, Raúl, Kanario, Samu, Isma (Tomás, min.60), Mauro, Juan de Dora, Edu (Jose, min.70) e Luís (Borja, min.62).
  • Goles: 1-0, min.8: Isma; 1-1, min.35: Adrián.

Esperábanos na tarde do sábado no Conco un duelo de auténticos titáns na loita polos postos de cabeza, xa que tanto Dumbría como Deportivo da Coruña só sepáranos 2 puntos na táboa de clasificación. Chegaba un Deportivo a Dumbría con ganas de levar os 3 puntos e distanciarse na clasificación, pero só foi un intento, xa que os xogadores de Juan Porrúa íanllo pór moi dificil e así foi.

Partido dominado por un Dumbría bastante superior a todo un Deportivo da Coruña, un encontro onde a maioría da posesión estivo do bando local. Iso si, ocasións poucas por ambos os conxuntos pero faltou algunha máis por parte do Dumbría visto o ocorrido no terreo de xogo. A desesperación chegaba por momentos ao banco visitante onde se levantaban a buscar os balóns ao banco local para apurar a xogada, estes eran síntomas de que un Dumbría superior non deixaba xogar ao Deportivo como quería.

O Corazón do Dumbría segue latexando que dá xenio como así se vé na imaxe, nesta ocasión non era o de Juan de Doura no que tivo moito que ver no gol pero si o de Isma autor do gol do Dumbría que encarrilaba o partido.

Isma fixo saltar o Corazon do Dumbria-Foto-Jorge Parri

Despois do gol os dumbrieses tiveron un pequeno baixón que o soubo aproveitar o Deportivo para empatar o partido a 1. O encontro iríase ao descanso cun empate no marcador que sería o definitivo, un empate que ao Dumbría sábelle a pouco xa que tivo a todo un Deportivo contra as cordas e púidose levar o partido, pero o futbol en moitas ocasións é inxusto. Neste partido poderiamos destacar a un Edu que estivo moi participativo, pelexando cada balón, cada posesión, volvía o Edu que nos marabillou a tempada pasada en Liga Galega, se segue a este ritmo moi pronto volveremos gozar do seu bo futbol e da súa gran calidade, non podemos descoidar a outros xogadores grandes que ten este Dumbría, pero nesta ocasión EDU merécese esta distinción.

Imaxes do Dumbría de Liga Galega Infantil

Equipo do Dumbria da Liga Galega Infantil 2013/2014-Foto-Jorge Parri Imaxe do Dumbria ante o Depor da Liga Galega Infantil-Foto-Jorge Parri 2 Imaxe do Dumbria ante o Depor da Liga Galega Infantil-Foto-Jorge Parri

Crónicas do Dumbría de Fútbol Base

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios