Sábado. 18.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: A veteranía imponse no derbi na xornada da primeira vitoria pontecesá

1ª Autonómica: A veteranía imponse no derbi na xornada da primeira vitoria pontecesá
Malpica-Baio-Foto-Wash-Calvo

Tamén viviamos un tenso derbi nesta xornada 8 da 1ª Autonómica. Un derbi que acababa con vitoria do Malpica ante o Baio permitindo que o cadro de Baña supere ao de Félix na táboa, quedando os malpicáns a 5 puntos do intratable Noia, e 2 por riba dos baieses.
A nova da xornada foi a primeira vitoria do Ponteceso. Unha vitoria completamente necesaria que os saca do posto de pechacancelas pero non dos postos de descenso, pero que sobre todo pode servir de punto de inflexión para comezar a remontar o voo.
Ademais, a Esteirana era quen de manter un punto ante o Lamela no Xosé Luís Vara tras ir perdendo moitos minutos, mentres que o Camariñas non podía quedar con nada da visita do Bertamiráns B.

Malpica - Baio (2-1)

11 do Malpica ante o Baio-Foto-Luis E Porto
  • MALPICA: Pombo, Adrián (David Castro, min.33), Manu Casal, Alemán, Mario Casal, Eloy Vilas, Martín Maradona (Fernando Varela, min.55), Cheo (Eloy Cabeza, min.24) (Abel, min.72), Juan oBello, Ismael e Óscar Suárez.
11 do Baio no Pedra Queimada-Foto-Luis E Porto
  • BAIO: Anxo, Mario, Yago, Norberto, Jóse, Fachal (Eloy, min.80), Alberto (Rubio, min.69), Martín MC, Chema, Cristian (Canay, min.56) e Bieito.
  • Goles: 0-1, min.15: MC de volea dende 25 metros tras roubarlle un balón a Juan oBello cando este pedía falta; 1-1, min.40: Óscar Suárez tras unha xogada entre Eloy e Juan oBello; 2-1, min.65: Norberto en propia meta tras un córner.
  • Lesións: os locais Adrián cunha contractura e o Cheo cun golpe no nocello.
  • Expulsións: o primeiro e o segundo adestrador do Malpica por protestar.

Derbi disputadísimo en Pedra Queimada, que só se decidiu cun gol en propia meta do cadro baiés. Foi un partido vibrante con tensión, goles, expulsións, lesións... O equipo baiés comezou meténdose por diante cun fermoso gol de volea, e iso que era o Malpica o que dominaba neses primeiros compases. Pero o Baio ca súa xuventude mostrou un desparpaxo que gustou moito na Pedra Queimada e dominou máis na media hora final do primeiro tempo.

O Malpica impuxo a sua veteranía tendo as mellores ocasións de gol do partido e na segunda parte casi non deixou sair ao Baio do seu campo merecendo máis. O Baio apenas tivo un tiro de Norberto e outro de MC contra o final pero sen demasiado perigo para acadar o empate.

Imaxe-do-gol-en-propia-de-Norberto-Foto-Wash-Calvo

Ponteceso- Sigüeiro (2-1)

  • PONTECESO: Guille, Dani Pallas, Javi Peón, Josito, Moscoso, Mendieta (Dani Cotelo, min.36), Martín Puente (Youssef, min.89), Alberto Recarey, Dieguito, Nando (Rubén, min.65), David Brenlla (Miki Pose, min.85).
  • Goles: 0-1, min.3; 1-1, min.60: David Brenlla; 2-1, min.88: Josito.
  • Lesión: Mendieta.
  • Expulsión: un xogador visitante no min.89.

Conseguiu por garra a súa primeira vitoria do Ponteceso dun Mato que onte non podía disfrutar da vitoria dos seus por asuntos laborais. Pero de seguro que a disfrutou dende lonxe chegando a vitoria nos últimos intres.

Foi mellor o Ponteceso ante un Sigüeiro que non amosou demasiado, marcando gol na única chegada que tiveron que foi tras un córner local. A primeira metade estivo máis controlada polo Ponteceso, tocando e combinando mellor, pero sen demasiado perigo.

Na segunda, a base de garra e empuxe, chegaron as ocasións. David Brenlla empatou e co 1-1 fixo un xogadón Dieguito pero mandou ao longueiro e Josito tirou fóra o rexeite. Tamén Josito unha falta que mandou ao longueiro e foi el mesmo o que protagonizaba o gol da vitoria ante a alegría da parroquia local.

Esteirana - Lamela (2-2)

  • ESTEIRANA: Ramón, Codesido, Serramo, Maceiras (Picho, min.60), Dani Rama, Pablo, Alex, Andel (Raúl, min.75), Simón (Josiño, min.68), Kike, Rober Pladur.
  • Goles: 1-0, min.15: Rober Pladur; 1-1, min.47; 1-2, min.62; 2-2, min.92: en propia.
  • Lesións: os locais Simón e Maceiras.

Partido de poder a poder, pero sen demasiado xogo. Moito balón arriba nun choque no que a Esteirana estivo desacertada, sen ser capaz de dar 4 pases seguidos, ante un Lamela que bregaba moito. Na primeira xogada combinada chegou o gol local por medio de Rober Pladur. Pero o equipo visitante soubo levantarse e darlle a volta ao marcador.

Á volta do descanso chegaba o empate e 15 minutos depois outro gol a balón parado. E ao final nos últimos 15 minutos, a base de empuxe, foron arriba os de Lodeiro, quen xa co tempo cumplido acadaron o empate nunha xogada desafortunada da defensa visitante.

Camariñas - Bertamiráns B (1-3)

  • CAMARIÑAS: Pablo, Sergio (Saviola, min.82), Roi, Fabi, Manuel, Moriño, Conguito (David Toja, min.70), Brais, Mario Toja (Yuyo, min.35) (Wii, min.70), Sule, Martín.
  • Goles: 0-1, min.10; 0-2, min.55; 1-2, min.70: Martín tras pegar no longueiro, baixa e entra; 1-3, min.85.
  • Lesión: Mario Toja con lesión muscular.

Comezou mal o Camariñas, coma sempre, regalando un gol e deixando mandar o cadro rival. Ese gol espertou aos de Berto que comezaron a xogar ben e a ter grandes ocasións. Sule fallou na liña de gol un centro de Brais e Mario Toja lanzou arriba antes de lesionarse nas mellores chegadas do primeiro tempo.

Saíu presionando o Camariñas tralo descanso, pero de contado marcaron os visitantes o segundo tras un rexeite. Eran os mellores momentos do Camariñas que se metía no partido co golazo de Martín que petou no longueiro e botou dentro da liña de gol. Pero tocada arriscar e á contra sentenciou o equipo santiagués.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios