Axenda futboleira da última fin de semana de maio

Última fin de semana de maio e xa vai decaendo a actividade deportiva. Que non a tensión e a emoción do fútbol da Costa pois a senlleira Copa da Costa, no seu 50 aniversario, vai chegando ao seu remate. Sen dúbidas, a cita da fin de semana é de corte xuvenil. O sábado 25, ás 18:00h en Lombáns, terá lugar a gran finalísima da Copa da Costa Xuvenil 2013. O Dumbría parte como favorito ante o Outes, como nos contaba onte David Castro na Previa, pero a sorte está botada e os de Roque non queren desaproveitar esta oportunidade para facer historia. Os maiores tamén terán sesión copeira. A volta dos Oitavos chega candente, con só dúas eliminatorias encarriladas na ida. Centraremos a atención en Fisterra e Corme, onde os equipos teoricamente pequenos poranlle as cousas moi difíciles a XSC e Dumbría, dous equipos de Preferente que poden estar ante a súa última participación na competición de seguir nesa categoría. Ademais, as outras 4 eliminatorias están totalmente abertas tralos empates da ida, polo que as espadas están en todo o alto para clasificarse aos Cuartos. A fin de semana nos deixa tamén a ida dos Cuartos da Copa de Veteranos. E a outro foco de interese será a Promoción á 2ª Autonómica, unha vez que ao Baio lle toca descansar na súa Fase de Ascenso á 1ª, e as Fases ás Ligas Galegas base non empezan ata a fin de semana que vén. O Cerqueda afronta a semifinal coa vantaxe do 2-0 da ida pero o Soneira B seguro que non dá a eliminatoria por perdida e o sábado será un gran encontro no Municipal vimiancés. Ademais, o domingo, co Laxe algo cansado do partido copeiro do sábado ante o Camariñas, terá que visitar o Rodeiro co empate a 3 da ida acadado polo Camelle en Laxe. Os que pasen enfrontaranse na eliminatoria final para acadar o único posto de ascenso pendente. Xa sabedes que tendes todos estes cadros actualizados ao remate de cada partido en www.copadacosta.com.

Copa da Costa, Volta dos Oitavos

Fase de Ascenso á 2ª Autonómica, Volta das Semifinais

Ida Enfrontamento Volta
3-3 Laxe - Camelle 26/05 - 18:00h
2-0 Cerqueda - Soneira B 1-2

Copa da Costa Xuvenil, Final

  • Dumbría - Outes: Sábado 25 de maio ás 18:00h en Lombáns.

Copa da Costa de Veteranos, Ida dos Cuartos

36º Campionato de Barrios de Esteiro

Esta sábado 25 de maio ás 18:45 h. iníciase a 36ª edición do campionato de fútbol de Esteiro (Muros). Como é tradicional o partido inaugural dispútase entre os dous equipos finalistas do ano pasado, neste caso o Independiente e o Ciclóns.

Maratón de FS en Cee

En Cee, a SD Ameixenda quere rematar o fantástico ano cun Maratón de Fútbol Sala. A cita será esta fin de semana do 25 e 26 no Pavillón de Cee e hai moitos “puntos” en xogo. Xa se poden inscribir ata o venres ás 14:00h no 653 011 857.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).