Xoves. 25.04.2024
El tiempo
Alberto Pose
09:41
23/05/13

A Final da Champions League do fútbol da Costa xuvenil

A Final da Champions League do fútbol da Costa xuvenil
Outes e Dumbria se xogan a final da Copa da Costa Xuvenil-Fotos de Santi Diaz e Jorge Parri

Esta fin de semana celébrase a final da Champions League do fútbol xuvenil da Costa da Morte.

Sábado, día 25 de Maio, ás 18.00h no Municipal de Lombáns, Dumbría CF e Outes FC enfrontaranse na final da Copa da Costa 2013.

Os dumbrieses e os da Serra buscarán suceder ao Sporting Zas, que se proclamou campión a tempada pasada tras vencer ao Cabana SD na final.

Augúrase que será unha gran batalla, no que poderemos ver un gran partido de fútbol con dous grandes equipos, moi respectuosos e que o seu primeiro valor é a deportividade.

Ambos equipos intentarán levar as súas vitrinas por primeira vez esta Copa da Costa de categoría xuvenil.

O Dumbría

Dumbria xuvenil-Foto- Jorge Parri

O Dumbría é un equipo moi ordenado tacticamente, que xoga un fútbol moi atractivo e que soe gustar e divertir ao público. Os Israel, Miki, Álex Siaba, Martín, etc, sempre son quen de marabillar aos afeccionados.

Os dumbrieses plantáronse na final logo dunha difícil eliminatoria coa SCD Malpica, que non se decidiu ata os minutos finais do encontro de volta cun gol de Siaba tras un centro de Miki. Pero non só o Malpica sería un importante escollo no camiño ata a final dos rapaces do Conco, xa que en oitavos foron quen eliminar a todo un Ponteceso, campión de liga do grupo norte, e en cuartos a un Laxe que chegaba logo de eliminar ao Xallas de Santa Comba, dando a primeira gran sorpresa desta Copa da Costa xuvenil 2013.

Os de Dumbría queren gañar a Copa para resarcirse da non clasificación para a fase de ascenso tras quedar como 3º clasificado na liguilla previa por detrás de Cabana e Xallas de Santa Comba.

O míster Pablo Conde non poderá contra con Denís por mor dunha lesión de xeonllo.

O Outes

Outes Xuvenil-Foto-Jorge Parri

O Outes é un equipo moi ben plantado no terreo de xogo e moi ordenado tacticamente, pero cando os Chía, Ibra, Edu, etc, teñen o esférico nos pés son moi perigosos.

A pesar de quedar como 6º clasificado na liga, o Outes foi demostrando que vai de menos a máis.

Tras quedar na 1ª posición no grupo 1 da liguilla da Copa da Costa cuns rexistros espectaculares de 9 partidos gañados e 1 perdido en 10 encontros, os rapaces outienses foron eliminando á Esteirana en oitavos, ao Mazaricos en cuartos e deron a sorpresa en semifinais eliminando a todo un Cabana, equipo que loitará por ascender á liga galega.

O Outes plantouse na final como a revelación do torneo. Os blanquinegros chegan ao último encontro coa moral polas nubes logo da gran eliminatoria de semifinais que realizaron.

O adestrador Manu Roque non poderá contar con Álvaro e Veleiro, por sanción, e o central Piti que vai ser operado do xeonllo e ao que lle desexamos dende aquí unha pronta recuperación. Ademáis, o entrenador outiense non saberá si pode contar con Samuel e Zeta, que son duda ata última hora.

Os protagonistas

Chia capitan do Outes-Foto-Laura Noya

Cristian Figueira, “Chía”, capitán do Outes FC: “Imos afrontar a final con moita ilusión porque chegar aquí sabemos que é moi difícil e despois de moitos entrenamentos e gran traballo de todos os compañeiros, chegar aquí é un premio, e como non, imos intentar que a copa se veña para Outes"
Sobre o partido, "esperamos que vai a ser un choque moi disputado xa que xogamos contra un rival que demostrou durante toda a tempada o seu poderío, pero nos se chegamos aquí tamén foi por méritos própios e os números así o demostran. Penso que o físico vai ser clave para a resolución do partido, xa que somos dous equipos moi potentes fisicamente. Tamén destacar as ausencias tan importantes para nos de dous homes clave como son Álvaro e Veleiro que non poderán disputar a final, pero que foron esencias ao longo da tempada".
E "sobre a afección nada que decir, soamente "chapó", xa que en semifinales contra o Cabana desprazáronse multitude de aficionados e que obviamente foi un impulso moral e psicolóxico que nos dou forzas para pasar á gran final. Na final penso que vai a ser un auténtico espectáculo, xa que non todos os días se xoga unha final, e contamos co apoio de todos os nosos aficionados e cos detalles de xente de fóra que tamén nos demostra o seu apoio".
"A importancia desta final para o Outes é inmensa, porque dende que se volveu a formar o clube podemos gañar o primeiro título e con sabor dobre, xa que é a mítica e prodixiosa Copa da Costa que un soña gañar dende pequeno".
"Sobre o Dumbría, primeiro de nada darlle a noraboa ao equipo cadete polo ascenso a división de honor, que demostra o traballo que fan no fútbol base. Agora, a importancia que ten esta copa para eles, e que entre outras cousas poden culminar unha gran tempada na que poden gañar liga e copa.
Gracias David, a ti e a todo o equipo de Que Pasa Na Costa, por dar esta oportunidade de decirlle a todo o mundo a importancia que ten para nos este partido, e gracias tamén por ternos ao tanto do que pasa no fútbol da costa.”

Cabana central do Dumbria xuvenil-Foto-Jorge Parri

José Castro, "Cabana”, central do Dumbría CF: “O partido vexo que vai ser moi complicado porque o Outes demostrounos na liga que é un equipo moi ben plantado tacticamente, están correndo todo o partido e bótanlle moitas ganas e se lle pos o aliciente da final da copa, ainda mais.
Para nós vai ser un partido moi importante porque temos moitas ilusións e ganas de gañar a copa, xa que temos a espiña clavada da liguilla e queiras ou non este valdría para resarcir a nosa tempada aínda que de antemán ganamos a liga, pero o que dixen antes da liguilla.
O Outes, como xa dixen antes, vai saír a por nós, xa que van querer ganar a copa (coma nós) e van botar xente e seguro que van facer un gran partido, xa que veñen de ganarlle ao Cabana, e van vir coa moral polas nubes.
Da afición espero que veña o maior número posible de xente ao campo de Lombáns, e que anime aos dous equipos pero sin broncas nin nada na grada, un partido limpo que é o que merece a final da Copa da Costa 2013.”

Os adestradores de Outes e Dumbría Manu Roque e Pablo Conde-Fotos de Jorge Parri

Manu Roque, adestrador do Outes FC: “Pois nós a verdade non creiamos que podiamos chegar a final, pero agora xa temos a sensación de que este grupo é capaz de todo. A baixa, dos dous xogadores que inxustamente non poden xogar, merma o potencial dun plantel de por si corto, pero completarémolo con cadetes, que como o resto dos juveniles están super animados e coa sensación de que xa fixeron algo tremendo.
A final penso que si mantémolo orden e xogamos as nosas armas en ataque poderemos traela para Outes.
A afición si creo que é máis numerosa a de Outes, pero serán os xogadores ca súa entrega e coraxe os qe saberan ganarse os ánimos da grada.
O Dumbría que esperamos é un grupo de bos xogadores escollidos, que pese a non xogar a fase de ascenso, teñen potencial para facelo, como xa demostraron na liga sendo os campións do sur, onde nós só quedamos 6º.
A min gústame moito esta frase: "no tengo miedo, he nacido para esto" (risas)”.

Pablo Conde, adestrador do Dumbría CF: “Esperemos que sea unha bonita final simplemente, e que gañe o mellor.
O partido supoño que será moi disputado, porque o Outes é un equipo sempre moi ordenado e que non se nos dá moi ben. Para o Dumbría como clube trátase da primeira final de copa da historia, a cal non é facil chegar, asíque ten unha gran importancia.
Da afección como sempre, supoño que estará ahí, intentaremos xogar unha boa e bonita final para todos, e que sexamos os gañadores.”

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios