Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Resultados e análise dunha fin de semana histórica e copeira

Resultados e análise dunha fin de semana histórica e copeira
O Dumbría Cadete celebrando o histórico ascenso á División de Honra-Foto- Jorge Parri

Histórica polo ascenso do Dumbría á División de Honra Cadete, sen lugar a dúbidas, a nova máis importante da fin de semana. I é que nunca tiveramos un equipo na máxima categoría cadete e o que están facendo este ano os pupilos de Diego Lobelos e Oscar Leis, no seu primeiro ano en Liga Galega, é espectacular. O sábado vencían no Conco nada menos que a todo un Deportivo, que só perdera dous partidos en toda a tempada. Onte o Conco estivo á altura e os rapaces dumbrieses remontaron e venceron conseguindo, a falta de unha xornada, este histórico ascenso, que repasaremos estes días.

Copa e Fases de ascenso

Familia do XSC no ultimo partido da tempada.Foto-XSC

Polo demais, xornada final na Preferente, ida dos Oitavos da Copa da Costa, e disputados os primeiros partidos das Fases de Ascenso á 1ª e á 2ª Autonómica, que por certo, xa podedes seguir as táboas das fases en www.copadacosta.com. Ademais, esta fin de semana coñecimos aos Nominados do Fútbol da Costa.

Na Preferente, os nosos, pensando máis na Copa que noutra cousa, rematan a tempada cunha vitoria para o Xallas Santa Comba e derrotas para Soneira e Dumbría. Os xalleiros rematan nunha boa 5ª praza que non sabe de todo ben pois o obxectivo era o ascenso. O Soneira acaba finalmente por diante do Dumbría, quedando os de Felipe na 10ª praza e o Dumbría na 12ª.

Mal comezo do Baio na Fase de Ascenso a 1ª. Os de Félix caían 2-1 ante o Agolada, pero aínda queda moito, pois a Liguilla será de 6 xornadas con 3 partidos por equipo. Ademais, o Baio confía no ascenso do Riveira, que empataba a 1, e que provocaría que da Liguilla ascendesen 2 dos 3.

Na Fase de Ascenso á 3ª, o Cerqueda encarrilaba ontea eliminatoria ante o Soneira B tras un 2-0. Mentres, Laxe e Camelle empataban a 3 e deixan todo para a volta no Rodeiro.

Menuda granizada caeu no Dumbría - Corme de Copa-Foto-Higi Vidal

E na Copa da Costa, xornada intensa. Onte e o venres xa se disputaban varios partidos ante as Fases de Ascenso. E apenas o Sofán e o Soneira encarrilaban o pase a Cuartos. O Sofán vencía, nun día triste para eles, ao Carnota por 0-2 en Lombáns, adicándolle a vitoria ao finado directivo José Cabeza. Mentres o Soneira podía co Porteño e deixaba un 1-3 claro para a volta. Polo resto, vitorias pola mínima de Dumbría e XSC a Corme e Fisterra, en dúas boas eliminatorias que quedarán moi bonitas para a volta. E o resto foron empates.

Ollo tamén á Copa da Costa de Veteranos, pois xa temos Cuartos de Final, e con algunha sorpresa, como a definitiva eliminación do Soneira, actual campión de Liga, a mans do Cabana, ou a do Corcubión a mans do Coristanco.

E cómpre prestar a atención aos máis peques do noso fútbol, cunhas EFM Vimianzo e un SD Fisterra competindo a primeiro nivel galego, desta volta, sen sorte.

O Fisterra Benxamin non puido co Olimpico-Foto- SD Fisterra

Preferente, xornada 38

Laracha 2-0 Dumbría
Viveiro 1-0 Soneira
Xallas StComba 3-1Gal. Mugardos

Copa da Costa, Ida dos Oitavos

Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 1

Agolada2-1Baio

Fase de Ascenso á 2ª Autonómica, Ida

IdaEnfrontamentoVolta
3-3Laxe – Camelle
2-0Cerqueda -Soneira B25-05 – 18:00

Liga Galega Cadete, xornada 33

Bergantiños 2-0 Montañeros B
Dumbría 2-1 Deportivo B

Copa da Costa de Veteranos, Volta dos Oitavos

Pincha na imaxe para ver o cadro completo en www.copadacosta.com
  • *Coristanco pasa a cuartos tras marcar o segundo gol na prórroga.

Fases galegas de Fútbol Base

  • Campionato galego absoluto fútbol 8 alevín: Partido de ida: Bertamiráns - EMF Vimianzo (6-2).
  • Campionato galego absoluto fútbol 8 benxamín: Partido de ida: Olímpico de Rutis - SD Fisterra (7-1)
  • Campionato galego absoluto fútbol 8 benxamín: Partido de ida: Ural - SD Fisterra (8-0)

Máis información

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Crónicas da semana

Fonte

Comentarios