Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Un Dumbría de altos voos

Un Dumbría de altos voos
A imaxe do ascenso do Dumbria a Division de Honra Cadete-Foto-Jorge Parri

Impresionante a campaña deste Dumbría Cadete. A estas alturas do ano pasado estabamos celebrando o ascenso á Liga Galega e hoxe facemos o propio pero dando un gran salto cara a máxima categoría do fútbol cadete, a División de Honra.

Impecable o traballo dos Diego Lobelos e Óscar Leis para crear desta selección de futbolistas de toda a bisbarra unha familia, un equipo unido como nos contaban Marcote e Canario na videoentrevista de Anxo Garrido. Así, o pasado sábado chegou a guinda, nada menos que coa vitoria sobre todo un Deportivo B, que chegaba o Conco xa como campión e que recibía o pasillo de rigor, pero que apretaba e mesmo se puña por diante.

Pasillo do Dumbria ao Depor B campion da Liga Galega Cadete-Foto-Jorge Parri

O Dumbría conseguía remontar para dar unha tremenda alegría a toda a súa afección, sempre volcada, acadando o ascenso mesmo cunha xornada de marxe, ao ter 3 puntos sobre o Ural ademais do golaverage individual.

Nunca un equipo costeiro estivo tan arriba en categorías inferiores, así que a vindeira campaña toda a Costa seguirá tifando con este Dumbría de todos.


Dumbría - Deportivo B (2-1)

Historico Dumbria-Foto-Jorge Parri
  • DUMBRÍA: Bruno, Duarte, Maikel, Yeray, Canario, Diego, Maduro, Roberto, Marcote, Juan de Dora, Santi. Tamén xogaron: Damián, Oli, Edu, Tomásn e Jorge.
  • Goles: 0-1, min.25; 1-1, min.30: Marcote de penalti; 2-1, min.60: Edu.
O partido suspendeuse por unha saraibada-Foto-Jorge Parri

O único erro defensivo local permitía que o Depor se adiantase no ecuador da primeira, pero de contado, os dumbrieses reaccionaron, e foi o fisterrán Marcote, ex dos branquiazuis, o que acadaba as táboas de penalti.

Seguiu o equipo de Lobelos e Leis a por todas e Juan de Dora avisaba mandando ao pao, e ao rexeite Santi obrigaba ao meta visitante a lucirse. O gol da vitoria chegaba ao cuarto de hora da segunda cun golazo de Edu pola escuadra. O partido tivo que pararse por unha saraibada, o que favoreceu ao Dumbría que soubo calmar o choque e administrar a vantaxe.

De aí, media hora de control e... festa rachada!!!!

O Dumbria festexando un dos goles-Foto-Jorge Parri O Conco cheo para celebrar o ascenso-Foto-Jorge Parri Alegría na afección do Dumbría-Foto-Jorge Parri Correron os cubos de auga--Foto-Jorge Parri Asi acabou o mister Diego Lobelos--Foto-Jorge Parri

Novas relacionadas

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios