Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Copa da Costa: Só Soneira e Sofán encarrilan o pase a Cuartos

Copa da Costa: Só Soneira e Sofán encarrilan o pase a Cuartos
Gol da SD Sofan-Foto- Jorge Parri Senra Sport patrocina a Copa da Costa 2013

Tras ver como foron as Fases de Ascenso, centrámonos xa na Copa da Costa 2013, unha Copa que este ano vén patrocinada por Senra Sport.

E chegaron os Oitavos que apenas deixan un par de eliminatorias case que sentenciadas. O resto, terán que esperar á volta para decidir os cuartofinalistas, e parece que haberá choques de alto voltaxe.

Foron o Sofán e o Soneira os que, con sendas vitorias fóra de casa, teñen mellor o pase. O resto, dúas vitorias pola mínima e en casa dos Dumbría e XSC ante Corme e Fisterra, que deixan moitas opcións aos equipos teoricamente máis pequenos para a volta en casa; e 4 empates que non deciden nada.

Carnota - Sofán (0-2)

Imaxe do Carnota-Sofan-Foto- Jorge Parri
  • CARNOTA: Luís de la Peña, Boni, Pedro de Pichín, Manolo Chouza, Tono da Caixa, Pumuky, Rodrigo, Jacobo, Nakata (Iván Maceiras, min.63), Buonanotte (Manuel Luis, min.50), Adrián dos Lombos (Manoliño, min.50).
  • SOFÁN: Dani, Cantudo, Lista, Juanjo, Marcos, Iván Rey, Míchel (Jacobo, min.68), Eloy Boedo, Iván Rojo (Gustavo, min.77), Suso Docampo (David Pensado, min.62), Abel (Santi, min.70).
  • Goles: 0-1, min.20: Abel de cabeza a centro de Marcos; 0-2, min.80: Santi.
MInuto de silencio en Lombans pola morte do directivo da SD Sofan Jose Cabeza-Foto- JOrge parri

Gran partido da SD que está rematando a campaña en gran estado de forma, e que adicou a vitoria ao seu directivo finado na fin de semana, José Cabeza. De feito, o choque era adiantado ás 15:45h para que os xogadores puideran asistir na tarde de onte ao funeral na parroquia carballesa.

A UD Carnota non puido aguantar o ritmo e nin a presencia de Manoliño serviu para abrir a portería de Dani. Foi un partido de ritmo lento, sen ocasións e no que os erros foron determinantes, tralos que a eficacia carballesa foi clave. Dominaba territorialmente o Sofán e nunha falta lateral Abel os adiantaba. Foi tempo dos porteiros e tanto Dani como Luís de la Peña salvaron varias ocasións en cada portería. Foi Santi, quen faltando 10 minutos metía un segundo gol que deixa á SD cun pé nos Cuartos.

Carnota-Sofan-Foto- Manuel Caamano

Dumbría - Corme (1-0)

  • DUMBRÍA: Juan Purrúa, David Carreira (Pereira, min.75), Rudi, Isma (Dani Casal, min.60), Pablo Vidal, Aarón López, Aarón Fernández, Iago, Luis, Iago Dosil (Bruno, min.57), Leo (Piri, min.57).
  • CORME: Javi, Adolfo, Jesús, Pandi, Dani (Joshua, min.68); Alejandro, Miguel (Abel, min.88), Adrián Doldán (Manu, min.55), Lucas, Juan Chans (Diego, min.20), Brais.
  • Gol: 1-0, min.60: Aarón López a centro de Pablo Vidal.
  • Expulsión: o visitante Suso ao fío do descanso.

Partidazo no Conco que non se viu perxudicado nin pola tremenda saraibada que caía no ecuador do partido. Sabíase que ía ser unha das eliminatorias máis igualadas, e o Corme puido prantar cara a todo un Dumbría, que viña de xogar o sábado. Así e todo, foi clave do físico, pois a diferencia de dúas categorías nótase sobre todo no ritmo dos partidos.

O Corme saíu moi enchufado e Adrián Doldan puido adiantar aos seus. Pouco a pouco o Dumbría ía aguantando mais o balón, e na segunda chegaron máis á meta de Javi. O tanto chegaba pola banda de Pablo Vidal que centraba e remataba Aarón López deixando unha pequena renda para un choque de volta no Cairo que se preve espectacular.

XSC - Fisterra (1-0)

  • XSC: Iván, Chinda, Óscar, Guillermo, Pablo Vigo, Martín, Doro, Jota, Javi Suárez (Noli, min.51), Jesús (Darío, min.70), Pablo Baña (Mon, min.55).
  • FISTERRA: Joselu, Borja Munitis, Rubia, Sergio Manín (Roberto, min.70), Manuel Cartamil, Santi, Piti, Guardiola (Ángel, min.85), Roco, Aitor, Cote (Naranjo, min.72).
  • Gol: 1-0, min.50: Doro.

Aguantou o Fisterra o poderoso ritmo do Xallas de Santa Comba na tarde sabatina. Os de Juan Jesús estiveron moi seguros atrá e apenas permitiron grandes ocasións dos xalleiros, e contaron cun gran Joselu baixo paos. Tras unha primeira metade de control inerte dos locais, a segunda comezaba co gol de Doro. O Fisterra non se descompuxo pero tampouco inquedou a meta de Iván, mantendo o marcador con esa vantaxe mínima que deixa todo para a volta en Ara Solis noutro dos que será os partidos dos Oitavos.

Cómpre destacar o debut do cadete Ángel cos fisterráns.

Baio - Lira (0-0)

  • BAIO: Guille, Moncho, Fredi (Chema, min.50), David (Manuel Pablo, min.70), Pablo, Iago, Anxo (Norberto, min.55), Fachal, Valentín, Lucas, Cristian.
  • LIRA: Andres, Josiño, Fran de Muros, Herminio, Isma, Demetrio (Saul, min.70), Cristian, Miguel, Jose da Atalaya, Iago (Santi, min.60), Fran Perico (Garrido, min.85).

Xogaba o Baio coa cabeza posta no choque da Fase de Ascenso do domingo, e o Lira aproveitouno para prantexar un partido bronco e igualado. O Baio tocaba pero a boa disposición táctica dos lirachos impedía crear ocasións, ao que unida á baixa de MC deixaba a un Baio sen argumentos ofensivos. Así e todo, Valentín e Cristian puideron marcar pero o meta Andrés volveu ser fundamental para os visitantes. Ademais, Josiño mandaba unha falta ao longueiro que puido ter deixado ao Lira con vantaxe.

Laxe - Camariñas (2-2)

  • LAXE: Diego, Saleta, Soneira, Pailos, Jacinto, Borja, Adrián Porteiro (Gora, min.46), Mandi (Aarón, min.46), Samuel, Zürich (López, min.46), Carrabete (Felipe, min.46).
  • CAMARIÑAS: Pombo, Nico, Sergio, Rodri, Brais Mouzo, De la Sierra, Moriño, Brais, Álex (Ousmane, min.70), Martín (Saviola, min.80), Juan oBello.
  • Goles: 1-0, min.5: Mandi; 2-0, min.55: Sergio en propia meta; 2-1, min.70: Juan oBello; 2-2, min.80: Brais.
  • Expulsión: De la Sierra (min.92).

Partidazo do Laxe ante todo un Camariñas na tarde do venres, e iso que tivo que rotar pensando na Fase de Ascenso. I é que os laxenses comezaron ben as dúas metades, sorprendendo a un Camariñas que contaba con que a eliminatoria fose máis sinxela. Na primeira Mandi adiantaba aos locais, e de novo aos 5 minutos pero da segunda, Sergio marcaba en propia meta deixando un claro 2-0 para os locais.

Exerceron aí os camariñáns de equipo grande e se viñeron arriba. E en 10 minutos, con dúas xogadas a balón parado, demostraron a súa calidade os Juan oBello e Brais, deixando en táboas a eliminatoria, para decidir no Hermanas Patiño.

Porteño - Soneira (1-3)

  • PORTEÑO: Pablo, Pejo, Maikol, Sestayo, Óscar, Iago (Parga, min.53), Mario Toja (Nene, min.46), Yuyo (Javi, min.65), David Toja, Cousillas e Isma.
  • SONEIRA: Cheli, Pichi, Fran de Urroa, Sito, Maikel, Mayor (Curra, min.65), Javi (Óscar de Maema, min.53), Míchel (Cristian de Carantoña, min.46), Basti, Richi (Iván, min.65), Baba.
  • Goles: 0-1, min.20: Richi a pase de Basti; 0-2, min.35: Baba a pase de Basti; 1-2, min.75: Isma, de penalti; 1-3, min.89: Óscar de Maema.

Non permitiu sorpresas o Soneira que saíu a sentenciar a eliminatoria ante un Porteño que tiña feitos os deberes co ascenso. Os de Felipe Candamo, cun equipo cheo de rapaces, se adiantaban na primeira por 0-2 con goles de Richi e Baba tras sendos pases de Basti. Na segunda, o Porteño intentou reducir diferencia, e así o fixo, pero xa co tempo cumplido, Óscar de Maema facía o terceiro que se asemella definitivo.

Zas - Malpica (0-0)

Zas en San Andres-Foto-Luis E Porto
  • ZAS: Miki, Pereiro, Óliver, Víctor Vecino, Lagoa, Diego (Pío, min.79), Peke, Isma, Jaime (Mario, min.58), Rubio (Damián, min.87), Braulio.
Malpica en San Andres-Foto-Luis E Porto
  • MALPICA: Víctor Martínez, Adri, Mario Casal, David Castro, Marcos Amado, Andrés, Alemán (Mino, min.55), Fernando Varela (Isma, min.75), Cheo, Manu, David Blanco (Charro, min.67).
Zas-Malpica-Foto-Jorge Parri

Non se notou a diferencia de categoría en San Andrés, cun Zas tremendamente presionante que deixou respirar ao Malpica en ningún momento. O Zas ten moita ilusión nesta Copa e o Malpica quere poñerlle a guinda ao temporadón que fixo na 1ª Autonómica.

O Malpica levou o peso do partido, pero o Zas non se quebrou en ningún momento. Así e todo, as accións máis claras foron para o Malpica, que contou ademais co debut de Mino e de Manu Candal. Foi clave Miki na meta local, mesmo parando un penalti a Fernando Varela.

Parada-de-Miki-no-Zas-Malpica-Foto-Wash-Calvo

Cerqueda - Ponteceso (1-1)

  • CERQUEDA: Rubén, Martínez, Javi, Atu, Bastón (Dieguito, min.40), Lorenzo, Dani, Manu (Dani Seaia, min.42), Javi Pazos, Moisés, Juanjo.
  • PONTECESO: Norberto, Javi, Diego (Jorge, min.65), Dani Pallas, Lorenzo (Joseph, min.70), Recarey, Mendieta, Bieito, Martín Puente, Bolón (Josito, min.46), Canai (Iago, min.55).
  • Goles: 1-0, min.15: Dani de falta directa; 1-1, min.75: Dani Pallas tras un córner.
  • Expulsión: o local Dani no min.73.

Despois de xogar o sábado ás 18:00h a Fase de Ascenso, o Cerqueda, sen apenas descansar, prantou cara o domingo pola mañá a todo un Ponteceso, que levou o peso do partido pero non puido superar a malla defensiva dos cerquedáns.
Os locais saíron dende o comezo moi ordenados, tapando os ocos, pero tampouco sen chegar arriba. Tiveron algo de sorte, pois apenas na primeira e única chegada arriba, Dani marcaba o gol de falta directa.

O Ponteceso intentábao, e tocaba e tocaba pero non podía crear perigo. Na segunda, o cansanzo fixo mella nos locais, e empurrou algo máis o Ponteceso, pero coas présas non estiveron moi finos. Os de Nacho, cuns 10 rapaces da casa na convocatoria, acabaron empatando nun balón de saque de esquina que deixa aínda a cousa aberta para a volta, a pesar de que o Cerqueda ten máis a cabeza posta na fase de ascenso, onde encarrilaba a primeira eliminatoria ante o Soneira B.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da semana

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios