Arrinca o 36º Campionato de Barrios de Esteiro


Esta sábado 25 de maio ás 18:45 h. iníciase a 36ª edición do campionato de fútbol de Esteiro (Muros). Como é tradicional o partido inaugural dispútase entre os dous equipos finalistas do ano pasado, neste caso o Independiente e o Ciclóns.
Esta “especial” competición deportiva xurdiu en 1978 pola ansia, dos rapaces da áera de influencia co colexio público Ricardo Tobío de Esteiro, de xogar ao fútbol nas tempadas de verán. As normas do campionato esixénlle aos xogadores acreditar a súa pertenencia ao barrio ou ben ter unha recoñecida relación de parentesco co lugar do seu equipo.
Ao longo dos anos esto foi profundizando na xente un sentimento de pertenza ao equipo que fai que todos os veráns as gradas do Xosé Luis Vara Olveira se enchan espectacularmente durante o campionato. Tanto xogadores como siareiros colorean cada fin de semana o campo de fútbol co laranxa do Praias de Reimundes, co verde do Tal, co celeste da Abelleira, co branco do Carallo Santo de Solleiros, co amarelo do Canchester de Creo, co vermello do independiente de Uhía e co azul dos Ciclóns do Maio.
Máis información
Novas relacionadas
- Un Ciclón arrasou no Campionato de Barrios de Esteiro.
- Os xuvenís do XSC e Cabana loitarán por un posto na Liga Galega se pasan a primeira rolda.
- Xa temos nominados para os Premios do Fútbol da Costa.
- Os Clubes da Costa piden a unificación das Ligas Xuvenís nunha reunión con pouco aforo.
- 50 anos da Copa da Costa cos Oliver e Benji do Ghañan Style.
Crónicas da semana
- A Final da Champions League do fútbol da Costa xuvenil.
- Un Dumbría de altos voos.
- Copa da Costa: Só Soneira e Sofán encarrilan o pase a Cuartos.
- Fases de Ascenso: O Baio perde o primeiro combate, o Cerqueda pega primeiro e Laxe e Camelle asinan táboas.
- Resultados e análise dunha fin de semana histórica e copeira.
Artigos relacionados
- Videoentrevista de Anxo Garrido con dous cadetes dumbrieses a piques de facer historia.
- Alberto Pose: Por motivos xeográficos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).